O cine feito en Irán sobrevive con orgullo desde hai case un século a unha sucesión continua de avatares políticos, conflitos bélicos e xeitos de censura.
Grazas ao secular emprego da metáfora, da parábola e do simbolismo, inseridos na súa tradición narrativa, foron quen de superar o aislacionismo e as prohibicións, e configurar unha filmografía que avanza e progresa, incorporando elementos definitorios recoñecibles por unha maioria de públicos que agardan as estreas dous seus filmes multipremiados en todo o mundo.
Lembremos as verbas do mestre Abbas Kiarostami cando recibiu a Palma de Ouro en Cannes 2015 pola sua película Copia certificada (Francia, 2010): "Dóeme moito o que pasa na miña patria, pero non podo deixala". O seu filme rematará vetado e coa prohibición de rodar durante 2 anos pola indumentaria de Juliette Binoche.
Benvidas sexan as «Marxes Fílmicas» baixo a suxestión das Noites Persas no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Benvidos a unha breve e intensa viaxe por 4 exemplos que agardamos gocen.
Os filmes proxéctanse na primeira e segunda semana deste mes, os luns e mércores, os días 3, 5, 10 e 12 de xullo do 2017 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOSE (Agás a proxección do día 5 de xullo, que é subtitulada ao galego - VOSG) e acceso de balde.
De seguido o detalle da programación:
«Gaav» · A vaca
Cando entrou o réxime relixioso de Jomeini, o cine ao igual que a música e as artes, parecía condenado á extinción por ser unha mala influencia. Din que este filme, ao velo Jomeini, salvouse da quema.
Dariush Mehrjui Foi membro fundador do movemento “nova onda iraní” na década de 1970. A súa segunda película, Gaav (A vaca) considérase a primeira película deste movemento, que tamén incluíu a Masoud Kimiai e Nasser Taqvai. A maioría das súas películas están inspiradas na literatura e adaptación de obras de teatro e novelas iraníes e estranxeiras.
Comparte o evento ❯❯
«Bicycleran» · O ciclista
Comparte o evento ❯❯
«Nema-ye Nazdik» · Primeiro plano
Primeiro plano é puro cine. Movéndose nos límites que separan á realidade da ficción consegue en todo momento manter ao espectador marabilladamente atento á narración.
Comparte o evento ❯❯
«Nahid» ·
Comparte o evento ❯❯
Ningún comentario:
Publicar un comentario