13/07/17

Cine de verán do 2017

Na calor da noite...clásicos por barrios

Cine no xardín do Museo Arqueolóxico de Ourense

Cinema na praza


Na habitual cita cinematográfica do verán, e das actividades do Veránêarte de Escua, debuxamos un programa con pequenas novidades, en tres espazos diferentes; con acceso de balde e nunha única sesión.



Deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Atentos aos días, distintos lugares, e aos imprevistos e inoportunos fenómenos meteorolóxicos, que poden alterar a programación !


Na calor da noite...clásicos por barrios


  17 Xul. 2017
Lun.

«In the Heat of the Night» Na calor da noite

Dirixida por · (1967)
Nunha pequena poboación de Mississippi, o policía Sam Wood (Warren Oates) descobre o cadáver dun industrial. Pouco despois, detén na estación a un home negro que, tras ser interrogado polo xefe da Policía local, Billl Gillespie (Rod Steiger), resulta ser un inspector da policía de Filadelfia chamado Virgil Tibbs (Sidney Poitier). Ambos os policías deciden colaborar para investigar o asasinato.

Premios
1967: 5 Oscars: Película, actor (Rod Steiger), guión adaptado, son, montaxe.
1967: 3 Globos de Ouro, incluíndo Mellor película - Drama.
1967: Premios BAFTA: Mellor actor estranxeiro (Rod Steiger).


SESIÓN:
COTA:
  22:00 h. (CEST) Fronte «Colexio de Mende», Ourense
 De balde



Cine no xardín do museo


  7 Ago. 2017
Lun

«Corpse Bride» A noiva cadáver

Dirixida por e · (2005)
Un home pon no dedo dunha muller morta, como broma, un anel de compromiso. Pero o que non sabe o pobre mortal é que a morta reclamará os seus dereitos como "prometida".


SESIÓN:
COTA:
  22:00 h. (CEST) no xardín do «Museo Arqueolóxico» de Ourense
 De balde



  14 Ago. 2017
Lun.

«Brendan and the Secret of Kells» O segredo do libro de Kells

Dirixida por e · (2009)
Brendan é un monxe de 12 anos que vive na afastada abadía fortificada de Kells, na Irlanda do século XI. Cos outros irmáns, axuda construír unha muralla para resistir os asaltos dos viquingos. Unha nova vida de aventuras preséntase cando coñece un famoso mestre que chega de terras estranxeiras, coidando dun antigo libro máxico que está inacabado. Coa esperanza de rematalo, Brendan sairá da abadía por primeira vez e internarase no perigoso bosque, habitado por todo tipo de criaturas...

SESIÓNS:
COTA:
  22:00 h. (CEST) no xardín do «Museo Arqueolóxico» de Ourense
 De balde



Cinema na praza


  21 Ago. 2017
Lun.

«Kurenai non buta» Porco Rosso

Dirixida por · (1992)

Aviso de última hora:



Aprazada a proxección, se o tempo e a situación o permite, até o vindeiro luns, 4 de setembro; motivado pola caída dunha árbore na praza e peche posterior por parte do concello, para revisión da masa arbórea.

O filme, será proxectado, o luns 4 de setembro, ás 18 horas (de balde), no salón de actos da casa da Cultura, Biblioteca pública de Ourense ( rúa Concello,11 )


Pregamos desculpas pola incomodidade do suceso.

.....................................



Período de entreguerras. Porco é un porco aviador que frustra todos os actos perpetrados polos piratas aéreos do Adriático. Estes, decididos a acabar co afouto e hábil aviador, póñense de acordo para contratar un aventureiro americano cuxa misión será eliminalo.

Premios
1992: Mainichi Filme Concours: Mellor película animada, mellor BSO
1993: Festival de Annecy: Mellor longametraxe


SESIÓNS:
COTA:
  22:00 h. (CEST) na «Praza San Marcial» de Ourense
 De balde



  28 Ago. 2017
Lun.

«Tonari non Totoro» O meu veciño Totoro

Dirixida por · (1988)

Aviso:



Dada a previsión que non rematen a tempo, os traballos de poda e tala de seguridade das árbores deterioradas na praza San Marcial e da previsión de choiva, trasládase a proxección, para á Biblioteca pública ás 18 horas (con entrada de balde).

Pregamos desculpas pola incomodidade do cambio.

.....................................

Nos anos 1950, unha familia xaponesa trasládase ao campo. As dúas fillas, Satsuki e Mei, traban amizade con Totoro, un espírito do bosque. O pai é un profesor universitario que estimula a imaxinación das súas fillas relatándolles fábulas e historias máxicas sobre trasgos, pantasmas e espíritos protectores dos fogares, mentres a nai atópase enferma no hospital.


SESIÓNS:
COTA:
  22:00 h. (CEST) na «Praza San Marcial» de Ourense
 De balde






Todos os filmes son aptos para todos os públicos, agás "A noiva cádaver" para maiores de 7 anos, e "Na calor da noite" para maiores de 14 acompañados, ou maiores de 18 anos.

Por último, estade atentos, porque antes de retomar a programación con regularidade en outono, pode haber programación (sen confirmación actual) na explanada das Burgas, cara a mediados do mes de setembro.




Horarios CUT+1



Ningún comentario: