Amosando publicacións coa etiqueta cinema na praza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cinema na praza. Amosar todas as publicacións

03/08/21

Cine de verán 2021

Anuncio suspensión

Contestación ao concello


03/08/2021. Anuncio suspensión


Lamentamos comunicar que, ante da contestación da administración municipal esixindo o pago de taxas para a realización do Cinema de Verán (unha actividade pública e gratuíta), o Cineclube Padre Feijoo tomou a decisión de suspender a súa programación para os vindeiros mércores de agosto na Praza da República, entre o Arquivo e a Biblioteca Pública Nós.

Entendemos que non existe sequera unha mínima dilixencia en favorecer a programación de actividades culturais: non estamos a referirnos ás inexistentes da propia institución municipal, senón ás dos propios colectivos culturais e sociais da capital.

Nesta situación resúltanos imposible, cos déficits que supón manter unha programación estable con capacidade reducida e ante os custos que xera, asumir o pagamento dunha taxa pola utilización de uso público para unha entidade que non vai ter ningún tipo de lucro (a diferencia doutros sectores que si foron exentos de pagala neste ano e no seguinte).

A reivindicación dunha exención de taxas para os colectivos culturais e a modificación da ordenanza fiscal que as regula tratouse desde vai anos en distintos plenos do Concello e no inoperante Consello Municipal da Cultura. Malia o paso do tempo e as boas palabras, nunca se acadaou unha solución.

O Cineclube Padre Feijoo quere expresar a súa repulsa á falta de políticas culturais na cidade: a propia institución municipal discrimina á terceira cidade de Galicia mentres que noutras vilas, aldeas e cidades se programan e realizan actos culturais coas oportunas cautelas normativas ante a COVID e con total normalidade.



06/03/2021. Contestación ao concello


En relación á información vertida polo Concello de Ourense en contestación á suspensión desta edición do Cinema de Verán, o Cineclube Padre Feijoo ten que manifestar o seguinte:

1.- Non é certo que o Concello apoie o Cineclube no 2021 cunha achega de 6.000 euros, tal como se manifesta na devandita contestación: a Xunta de Goberno local de 22 de outubro de 2020 retiroulle a subvención nominativa de 6.000 euros que esta entidade tiña en 2020, outorgándolle unicamente unha ao Liceo, pola mesma contía. Nese mesmo acordo eliminouse tamén a subvención ao Ateneo.

> Pode verificarse aquí: https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/planestrategico/156

O Concello de Ourense segue sen aboar a día de hoxe a última subvención concedida ao Cineclube, en 2020.

> Pode verificarse na base de datos nacional de subvencións (Ver foto); nesta outra ligazón, a xustificación de todas as subvencións obtidas polo Cineclube: https://salademaquinas.wordpress.com/transparencia/

En canto ao resto de aseveracións da nota do Concello sobre a ordenanza fiscal, o Cineclube só ten que que engadir que agarda que a institución municipal amose a mesma dilixencia para modificala como fixo coa exención de taxas á hostalaría (3 meses). Deste xeito non só se cumpriría por fin un acordo plenario por unanimidade, sen aplicar desde 2018, senón que tamén favorecería a organización de actividades culturais por parte da cidadanía e dos colectivos culturais e sociais ourensáns.

O futuro desta actividade do Cineclube, suspendida, e doutras moitas que se realizaban no espazo público, depende unicamente da vontade do Concello de Ourense.




Diante da terrible situación de abandono que nos últimos anos a cultura vén padecendo no noso concello existe un berro colectivo que podes apoiar e compartir #EmerxenciaCulturalOurense



06/08/20

Cine de verán

Cumprindo o hábito estival, no verán da nova normalidade voltamos ao , nesta ocasión por avatares borbónicos máis actual e estimulante para as noites de verán; nunha única sesión, dos luns de agosto ás 21:30 h, acceso de balde e con limitación de aforo e obrigada separación de asentos.

(Podedes consultar o noso protocolo de seguridade; aquí)

«Cine de verán 2020» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)



Tomen asento e sexan benvidas. As proxeccións serán na Praza da república (o novo espazo que hai entre a Biblioteca pública "Nós" e o Arquivo histórico provincial de Ourense), agás a primeira proxección que será na Asociación Andén primeiro; Av. Marín 23 de A Ponte.


De seguido o detalle da programación.

22/07/19

Cinema na praza

Como sempre por estas datas, volta , máis imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, este ano será os luns de agosto ás 21:30 h, acceso de balde na de Ourense, agás o clásico por barrios, que será na asociación Andén primeiro da Ponte (Av. Marín núm. 23)



«Cinema na Praza: agosto 2019» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

13/07/17

Cine de verán do 2017

Na calor da noite...clásicos por barrios

Cine no xardín do Museo Arqueolóxico de Ourense

Cinema na praza


Na habitual cita cinematográfica do verán, e das actividades do Veránêarte de Escua, debuxamos un programa con pequenas novidades, en tres espazos diferentes; con acceso de balde e nunha única sesión.

27/07/16

Cinema na praza

Como sempre por estas datas, volta , máis imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, este ano será os luns de agosto ás 22 h, acceso de balde na de Ourense.


Cinema na Praza
«Cinema na Praza: agosto 2016» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

22/07/15

Cinema na praza

Bestiarios do amor

A vida transcorre de batalla en batalla. Algunhas veces, as gañas, a maioría pérdelas. Pero carece de importancia, pois a dignidade está en presentar combate. As feridas da mesma, protexen o corazón. Talvez voltes máis agreste, talvez creas que estás máis insensíbel. Pero paréceche ben, é unha boa defensa, aínda que isto non sexa certo, tal como dicía o (que simpolizaba por medio da raposa, o saber escapar dunha situación difícil como signo de reputación social)

En calquera caso, as cicatrices son leccións que como bestiarios inspiran mutacións máis ou menos dramáticas das nosas vidas. Ese é precisamente o «Leitmotiv» do deste ano; os monstros que serven de espello ao ser humano, protagonistas con viaxes e aventuras, con problemas de adaptación ou amores fugaces; como cada verán, que cada vez é máis breve que o anterior.


Cinema na Praza
«Cinema na Praza: agosto 2015» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

En resumo, cinema imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, os mércores de agosto ás 22:30 h, de balde na de Ourense.

29/07/14

Cine de agosto

Contaron as crónicas deportivas que a Brasil, no pasado mundial de fútbol, partíronlle a cara cunha escandalosa goleada. Sen embargo, Brasil ten moitas máis caras que ensinar; mesmo no cinema -desde aquela "Tropa de élite" de José Padilha- que tan presente estaba, e está, nas favelas e arredores dos estadios.
Aproveitemos, mentras se fala de fichaxes estrelas e esceas irrelevantes do deporte, no verán...coas tórridas consecuencias que tentaremos mitigar dalgún xeito, ao caer a noite, cunha nova proposta de cinema na praza; adicado a Brasil, coa colaboración da Embaixada du Brasil en España.
(O cartel de MPB baséase nun graffiti orixinal de Os Gêmeos, de Sâo Paulo)
Agardamos, se vos apetece, vernos nestes tres luns de agosto na praza S. Marcial, ás 22:30 horas coa seguinte programación, que pode verse alterada, polos imprevistos e inoportunos fenómenos meteorolóxicos.
As sesións son gratuítas, e estan encadradas dentro do panorama de actividades que co alcume de Veránêarte, organizamos varios colectivos da cidade, dentro de Escua.
Velaquí o detalle do que programamos desde o cineclube:

  • Luns 4 de agosto de 2014


CINEMA, ASPIRINAS E URUBUS
(2005, Brasil) 99 min.
Director: Marcelo Gomes
Guión: Marcelo Gomes, Karim Ainouz, Paulo Caldas (Historia: Ranulpho Gomes) | Música: Tomaz Alves Souza | Fotografía: Mauro Pinheiro Jr. | Reparto: João Miguel, Peter Ketnath, Irandhir Santos, Mano Fialho, Fabiana Pirro, Veronica Cavalcanti, Francisco Figueiredo, Arilson Lopes, José Leite, Zezita Matos
Produtora: BR Petrobras / Rec Produtores Associados / Dezenove Filmes | Distribución: Embaixada du Brasil en España | Formato de exhibición: (DVD) Cor NTSC, Aspect Ratio: 1,85:1 | Son: Dolby dixital | VOS Versión orixinal en portugués e alemán, con subtítulos en castelán
Road movie que narra a historia dun alemán que viaxou en 1942 ao nordés de Brasil a vender aspirinas...
Brasil, década de 1940. O país estaba gobernado por Getúlio Vargas, cuxo réxime ditatorial, o Novo Estado, se estendeu entre 1937 e 1945.
No estranxeiro, a Segunda Guerra Mundial causaba estragos en Europa e Asia. Entre 1942 e 1945, o goberno de Vargas enviou millóns de refuxiados afectados pola seca do nordés do Brasil a traballar pola forza na selva do Amazonas, para producir o caucho que os Estados Unidos necesitaban para o seu desempeño na guerra. Mentres tanto, no corazón do nordés Brasileiro, dous homes encóntranse: Johann, un alemán que escapou do conflito bélico e Ranulpho, un brasileiro que foxe da seca. Van de pobo en pobo, proxectando un filme publicitario sobre unha nova droga "milagrosa" aos habitantes, os que ata ese entón non tiveran contacto co cine. Atravesando os camiños poeirentos do interior do país, buscarán expandir os seus horizontes.
-Premios ao mellor filme e director, no Qualidade 2006 de Brasil.
-Seleccionada para concorrer aos Óscars como mellor filme en lengua estranxeira, representando a Brasil
-Premios ao mellor filme, director, guión, montaxe e fotografía, do Gran premio do cine de Brasil 2007
-Ademáis entre outros premios en festivais; O Sistema nacional de educación francés, premiou a Marcelo Gomes (Director), no festival de Cannes 2005.

  • Luns 11 de agosto de 2014


CIDADE BAIXA
(2005, Brasil) 100 min.
Director: Sergio Machado
Guión: Sergio Machado & Karim Ainouz | Música: Carlinhos Brown, Beto Villares | Fotografía: Toca Seabra | Reparto: Lázaro Ramos, Wagner Moura, Alice Braga
Produtora: Videofilmes / Buena Onda | Distribución: Embaixada du Brasil en España | Formato de exhibición: (DVD) Cor NTSC, Aspect Ratio: 1,85:1 | Son: Dolby dixital | VOS Versión orixinal en portugués, castelán e inglés, con subtítulos en castelán
Deco e Naldinho coñécense dende que eran nenos, mesmo é difícil falar do un sen ter o outro en mente.
Gáñanse a vida como transportistas e aplicando pequenos golpes a bordo do Dany Boy, un barco a vapor que compraron xuntos. Un día aparece Karinna, unha rapaza que fai strip tease e que quere conseguirse a un gringo adiñeirado no carnaval de Salvador, onde o dúo a leva. Despois de descargar en Cachoeira, Deco e Naldinho van a unha pelexa de galos. Naldinho aposta o diñeiro que gañou co transporte da carga pero se mete nunha lea e acaba sendo acoitelado. Deco deféndeo e ataca o agresor pero os dous amigos vense obrigados a fuxir no barco rumbo a Salvador. Mentres Naldinho se recupera, Deco intenta conquerir diñeiro para axudar ao seu amigo. Cando chegan a Salvador reencóntranse con Karinna que agora está a traballar nunha discoteca. Pouco a pouco a atracción crece entre eles e ábreselles a posibilidade de levar unha vida de trío.
-Premio da Xuventude no festival de Cannes 2005.

  • Luns 18 de agosto de 2014


ZUZU ANGEL
(2006, Brasil) 108 min.
Director: Sérgio Rezende
Guión: Marcos Bernstein, Sérgio Rezende | Música: Cristovão Bastos | Fotografía: Pedro Farkas | Reparto: Patrícia Pillar, Daniel de Oliveira, Luana Piovani, Alexandre Borges, Leandra Leal, Angela Vieira, Flávio Bauraqui, Aramis Trindade, Othon Bastos
Produtora: Globo Filmes | Distribución: Embaixada du Brasil en España | Formato de exhibición: (DVD) Cor NTSC, Aspect Ratio: 1,85:1 | Son: Dolby dixital | VOS Versión orixinal en portugués e inglés, con subtítulos en castelán
Anos 60. Zuzu Angel, deseñadora de modas, raíña en todo Brasil e conquista o estranxeiro. Mentres, a ditadura militar que comezou en 1964 leva o país aos seus momentos máis escuros. Un desfile en Nova York remata de consolidar a carreira da bela Zuzu. Paralelamente, o seu fillo Stuart ingresa na loita armada contra a ditadura. A nai empresaria pelexa co fillo de ideais socialistas. Un día, o rapaz cae detido...
Historia baseada en feitos reais.
-Premios á mellor actriz principal e de reparto, no Qualidade 2006 de Brasil.
____
[Advertimos que os filmes son recomendados para maiores de 13 anos (Consonte a clasificación da MPAA)]
____