Bestiarios do amor
A vida transcorre de batalla en batalla. Algunhas veces, as gañas, a maioría pérdelas. Pero carece de importancia, pois a dignidade está en presentar combate. As feridas da mesma, protexen o corazón. Talvez voltes máis agreste, talvez creas que estás máis insensíbel. Pero paréceche ben, é unha boa defensa, aínda que isto non sexa certo, tal como dicía o Arcipreste de Hita (que simpolizaba por medio da raposa, o saber escapar dunha situación difícil como signo de reputación social)
En calquera caso, as cicatrices son leccións que como bestiarios inspiran mutacións máis ou menos dramáticas das nosas vidas. Ese é precisamente o «Leitmotiv» do cinema na praza deste ano; os monstros que serven de espello ao ser humano, protagonistas con viaxes e aventuras, con problemas de adaptación ou amores fugaces; como cada verán, que cada vez é máis breve que o anterior.
En resumo, cinema imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, os mércores de agosto ás 22:30 h, de balde na praza de San Marcial de Ourense.
«Les amants criminels» · Os Amantes Criminais
Comparte o evento ❯❯
«Lilja 4-ever» · Lilya Forever
Comparte o evento ❯❯
«La belle et la bête» · A Bela e a Besta
Comparte o evento ❯❯
«City Lights» · Luces da Cidade
Comparte o evento ❯❯
Aínda que coas témporas anticípase un tempo sen choiva até setembro, un erro nese prognóstico obrigaríanos a alterar a programación.
Horarios CUT+2
E por último, lembra que ainda temos aberta a enquisa sobre a tempada 2014—2015, para avaliar a programación dos meses de xaneiro-xuño 2015; gostaríanos coñecer que tal o fixemos.
…participa co cineclube, na enquisa ou comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectamos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios e avaliacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario