Proxéctase durante os meses de setembro-outubro do 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás o 21 de setembro e 19 de outubro que só temos unha sesión ás 20:30 h. os seguintes filmes …
14
Set.
2015
Lun.
«Jet Lag»
Dirixido por Eloy Domínguez Serén · (2014)
Diego traballa na quenda de noite dunha gasolinera illada, na fronteira entre Galicia e Portugal. O seu labor é solitaria, silenciosa, monótona, insomne. Unha noite, a aparición de dous visitantes inesperados alteran a rutina deste lugar.
«No Novo Céio»
Dirixida por Eloy Domínguez Serén · (2014)
A paisaxe de Estocolmo, visto desde todas as súas caras, vai mutando fronte aos nosos ollos ao redor dun punto de ancoraxe inmutable, a lúa na terra que é o Ericsson Globe.
Comparte o evento ❯❯
21
Set.
2015
Lun.
«L'Atalante»
Dirixida por Jean Vigo · (1934)
Jean e Juliette contraen matrimonio e emprenden a súa viaxe de vodas a bordo do «L'Atalante», unha barcaza da cal Jean é capitán. Xunto co mariñiero Père Jules e un mozo cabinero, a parella navega polas canles próximas ao Sena. A longa viaxe resulta aburrida para Juliette, quen ansía coñecer a cidade da luz. Finalmente, Jean cumpre o desexo da súa nova esposa e lévaa a París.
Comparte o evento ❯❯
28
Set.
2015
Lun.
«Bande à Part» · Banda Aparte
Dirixida por Jean-Luc Godard · (1964)
Tres mozos, Odile, Arthur e Franz coñécense en clase de inglés e inmediatamente fanse amigos; os tres comparten o seu interese pola literatura criminal.
Comparte o evento ❯❯
5
Out.
2015
Lun.
«Un Condamné à Mort s'est Échappé ou Le Vent Souffle où il Veut» · Un Condenado á Morte Fuxiu
Dirixida por Robert Bresson · (1956)
Abril de 1943, en plena Segunda Guerra Mundial. Fontaine, un mozo de 27 anos membro da Resistencia Francesa, que loita contra a ocupación nazi, é arrestado pola Xestapo para ser interrogado.
Comparte o evento ❯❯
19
Out.
2015
Lun.
«Van Gogh»
Dirixida por Maurice Pialat · (1991)
Maio de 1890, Vicent Van Gogh (Jacques Dutronc) chega a Auvers-sur-Oise e instálase na modesta pensión Ravoux. Alí faise amigo do doutor Gachet (Gérard Séty), admirador da súa obra, e da súa filla Marguerite (Alexandra London). Entregado á pintura e obsesionado por captar o fluír da natureza e o temperamento das xentes que coñece, a súa vida oscilará entre as súas estancias en casa do seu irmán Théo (Bernard Lle Coq) e os seus encontros cunha prostituta (Elsa Zylberstein). Aflixido por ser unha carga para o seu irmán, vendo que a súa obra non é recoñecida polos santóns do mercado da arte e temendo un novo ataque de tolemia, tomará unha dramática decisión.
Comparte o evento ❯❯
26
Out.
2015
Lun.
«Tesouro de Corcoesto»
Dirixida por Cora Peña · (2015)
O «Tesouro de Corcoesto» trata do polémico caso dunha mina de ouro a ceo aberto, que colocou á pequena aldea galega de Corcoesto no mapa mundial dos conflitos ambientais.
Comparte o evento ❯❯
Horarios CUT+2
Esta tempada, poñemos a proba a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Axúdanos coa túa participación e tamén a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario