«American Noir»
A mediados dos anos 50, acuñouse o termo «Noir» para definir un estilo cinematográfico de filmes caracterizados non só pola súa escuridade ambiental e a luz expresionista, senón tamén por elementos esenciais como a alienación, a desolación, o pesimismo, a ambigüidade e a corrupción moral.
Os numerosos filmes creadas desde 1940 reflectiron as tensións e inseguridades resultantes dese período, e equilibraban esa negrura co optimismo en filmes musicais e comedias de Hollywood.
Os «heroes» dos filmes negros eran en realidade «anti—heroes» (caracteres corrompidos de policías, ladróns, veteranos de guerra, políticos, banqueiros…) Eran os símbolos metafóricos dos males da sociedade. Actualmente esa negrura estilística non é sinxela de atopar polo predominio da cor en detrimento do branco e negro e a variedade dos focos e ángulos nas filmacións; pero o cinismo, as obsesións, desilusións, sarcasmos e medos sobreviven nestes tempos.
O cineclubePF presenta unha escolma da nova fornada do cinema noir americano, canda á ecléctica proposta da filmoteca dos luns do CGAI.
Non hai luz nas vidas de fronteira que axexan antes deste inverno. Talvez sexa o reflexo dos bens desta vida, que relocen sempre antes de calquera período electoral. Gocen do que voten/boten: todo é marabilloso…
Cartaz do ciclo «American Noir» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Aínda quedará un ciclo temático antes do festival de cinema, para descansar esa semana do OUFF e rematar logo o ano fílmico.
Sexan benvidos a unha nova tempada de cinema en versión orixinal subtítulada (VOS), na grande e acolledora Biblioteca Pública de Ourense e coma sempre, no noso canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 11'4 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.
«Jet Lag»
Diego traballa na quenda de noite dunha gasolinera illada, na fronteira entre Galicia e Portugal. O seu labor é solitaria, silenciosa, monótona, insomne. Unha noite, a aparición de dous visitantes inesperados alteran a rutina deste lugar.
«No Novo Céio»
A paisaxe de Estocolmo, visto desde todas as súas caras, vai mutando fronte aos nosos ollos ao redor dun punto de ancoraxe inmutable, a lúa na terra que é o
Ericsson Globe.
Comparte o evento ❯❯
«Nightcrawler»
Tras ser testemuña dun accidente,
Lou Bloom (
Jake Gyllenhaal), un apaixonado mozo que non consegue atopar traballo, descobre o mundo do xornalismo criminalista.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
«L'Atalante»
Jean e Juliette contraen matrimonio e emprenden a súa viaxe de vodas a bordo do «L'Atalante», unha barcaza da cal Jean é capitán. Xunto co mariñiero Père Jules e un mozo cabinero, a parella navega polas canles próximas ao Sena. A longa viaxe resulta aburrida para Juliette, quen ansía coñecer a cidade da luz. Finalmente, Jean cumpre o desexo da súa nova esposa e lévaa a París.
Comparte o evento ❯❯
«Blue Ruin»
Dwight é un vagabundo de vida tranquila, un trintaneiro sen teito que vive no seu coche, un destartalado Pontiac azul. Deambula pola cidade e sobrevive recollendo botellas na praia, ata que un día a súa rutina se trastorna ao decatarse dunha terrible nova. Isto lévalle a tomar unha decisión descabelada e a voltar á casa da súa infancia para levar a cabo unha estraña vinganza.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
«Bande à Part» · Banda Aparte
Tres mozos, Odile, Arthur e Franz coñécense en clase de inglés e inmediatamente fanse amigos; os tres comparten o seu interese pola literatura criminal.
Comparte o evento ❯❯
«Map to The Stars»
Un conto moderno sobre a obsesión pola popularidade. Stafford Weiss é terapeuta e escribe libros de autoaxuda. Ten unha muller sobreprotectora, un fillo antiga estrela da
TV en rehabilitación e unha filla que acaba de saír do psiquiátrico. A principal cliente de
Stafford é unha famosa actriz, a piques de interpretar o papel que fixo a súa nai nos anos 60.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
«Un Condamné à Mort s'est Échappé ou Le Vent Souffle où il Veut» · Un Condenado á Morte Fuxiu
Abril de 1943, en plena Segunda Guerra Mundial. Fontaine, un mozo de 27 anos membro da Resistencia Francesa, que loita contra a ocupación nazi, é arrestado pola Xestapo para ser interrogado.
Comparte o evento ❯❯
«A Most Violent Year» · O Ano máis Violento
New York, ano
1981 —segundo as estatísticas, o ano con máis crimes e atracos da historia na cidade—. O inmigrante hispano
Abel Morais (
Oscar Isaac) e a súa muller
Anna (
Jessica Chastain) acadan sacar adiante con éxito a súa empresa de distribución e venda de gasóleo. Agora están a piques de conseguir a última peza do seu soño americano: mercar un cotizado terreo fronte ao río
Hudson, un enclave que lles permitirá expandirse no negocio e superar á súa competencia. Pero a violencia que sofren no transporte dos seus camións e unha investigación policial ameazan con destruír todo o que acadaron até ese momento.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
«Van Gogh»
Maio de 1890,
Vicent Van Gogh (
Jacques Dutronc) chega a
Auvers-sur-Oise e instálase na modesta pensión
Ravoux. Alí faise amigo do doutor
Gachet (
Gérard Séty), admirador da súa obra, e da súa filla
Marguerite (
Alexandra London). Entregado á pintura e obsesionado por captar o fluír da natureza e o temperamento das xentes que coñece, a súa vida oscilará entre as súas estancias en casa do seu irmán
Théo (
Bernard Lle Coq) e os seus encontros cunha prostituta (
Elsa Zylberstein). Aflixido por ser unha carga para o seu irmán, vendo que a súa obra non é recoñecida polos santóns do mercado da arte e temendo un novo ataque de tolemia, tomará unha dramática decisión.
Comparte o evento ❯❯
Esta tempada, poñemos a proba a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Axúdanos coa túa participación e tamén a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.
E por último, lembra que ainda temos aberta a
enquisa sobre a tempada 2014—2015, para avaliar a programación dos meses de
xaneiro-xuño 2015; gostaríanos coñecer que tal o fixemos…
…ou ben, comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectaremos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios (e avaliacións); vemonós na
Biblioteca Pública!
Ningún comentario:
Publicar un comentario