Proxéctase durante o mes de outubro e novembro do 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás o 19 de outubro que só temos unha sesión ás 20:30 h. os seguintes filmes …
19 Out. 2015
Lun.
«Van Gogh»
Dirixida por Maurice Pialat · (1991)
Maio de 1890, Vicent Van Gogh (Jacques Dutronc) chega a Auvers-sur-Oise e instálase na modesta pensión Ravoux. Alí faise amigo do doutor Gachet (Gérard Séty), admirador da súa obra, e da súa filla Marguerite (Alexandra London). Entregado á pintura e obsesionado por captar o fluír da natureza e o temperamento das xentes que coñece, a súa vida oscilará entre as súas estancias en casa do seu irmán Théo (Bernard Lle Coq) e os seus encontros cunha prostituta (Elsa Zylberstein). Aflixido por ser unha carga para o seu irmán, vendo que a súa obra non é recoñecida polos santóns do mercado da arte e temendo un novo ataque de tolemia, tomará unha dramática decisión.
Comparte o evento ❯❯
26 Out. 2015
Lun.
«Tesouro de Corcoesto»
Dirixida por Cora Peña · (2015)
O «Tesouro de Corcoesto» trata do polémico caso dunha mina de ouro a ceo aberto, que colocou á pequena aldea galega de Corcoesto no mapa mundial dos conflitos ambientais.
Comparte o evento ❯❯
9 Nov. 2015
Lun.
«Pasolini»
Dirixida por Abel Ferrara · (2014)
A noite do 2 de novembro de 1975, o cineasta, escritor e polifacético artista e intelectual italiano Pier Paolo Pasolini foi asasinado en Roma. Era o símbolo da arte revolucionario que loita contra o poder. Os seus escritos eran escandalosos; as súas películas, perseguidas polos censores. Era tan amado como odiado. Ese día, Pasolini pasara as súas últimas horas coa súa nai e cos seus amigos; pola noite lanzouse á rúa en busca dunha nova e arriscada aventura sexual. Ao amencer, o seu cadáver foi achado nunha praia de Ostia, nos arredores da cidade.
Comparte o evento ❯❯
30 Nov. 2015
Lun.
«Trydno byt bogom» · Que Difícil é ser un Deus
Dirixida por Aleksey German · (2013)
Uns científicos son enviados ao planeta Arkanar, onde a civilización quedouse estancada en plena Idade Media. Nese mundo, un dos investigadores é tomado polo fillo ilexítimo de Deus. Épica adaptación da novela dos irmáns Strugatski, rodada e montada durante máis dun decenio.
Comparte o evento ❯❯
14 Dec. 2015
Lun.
«Galicia al Día»
Dirixida por Amando Hermida Luaces · (1962)
Documenta a vida de Galicia para a emigración. Versión restaurada e dixitalizada polo CGAI (Filmoteca de Galicia). A parte 1 (Ourense e Pontevedra) na primeira sesión e a parte 2 (A Coruña e Lugo) na segunda sesión.
Comparte o evento ❯❯
Horarios CUT+2
Esta tempada, poñemos a proba a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Axúdanos coa túa participación e tamén a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario