ciclo «Viaxes e Procuras II»
Extra: II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016
Paradoxalmente, unha vez pasada a chamada «Semana Santa» dun estado laico e aconfesional, un grupo de europeos, homes e mulleres de distintas idades, clases e posicións viaxaron con evidentes incomodidades para preservar a súa «seguridade». A bo seguro que moitos dos que quedaron «in-/voluntariamente» procuran outro significado verdadeiro de «Europa» (ou «España»), porque estamos nun tempo no que o balbordo da situación política, estaticamente empreñada, viaxa cara á deshumanización e á insolidaridade.
A proposta, que lles presentamos percorre distintos estadios, de procuras e viaxes moi actuais; como a inmigración de «Dheepan», a insolidaridade de «O Capital Humano», a loita contra o patriarcado en Turquía, a vellez en Italia, ou a simple historia que nos deixou o nazismo, que nunca deberíamos esquecer.
Acompáñenos tamén coas propostas de Filmoteca dos Luns, e estén atentos ás proxeccións extras das xornadas de agroecoloxía, igualdade, Colexio de Médicos e Ociourense.
«Vamos acender unha cacharela, cando chegue a noite, e esperar as palabras, nun azul xeado… para construir un novo abrigo de prata» como di Sigur Rós en «Varúô» a música do noso avance visual, sede benvidos/as a nosa proposta, ao cinema en versión orixinal subtítulada (VOS), tanto na Biblioteca Pública de Ourense como no Espazo Lusquiños. No canle de «You Tube», teñen a posibilidade de ollar o noso avance visual [.mp4 • 2 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.