ciclo «Viaxes e Procuras II»
Extra: II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016
Paradoxalmente, unha vez pasada a chamada «Semana Santa» dun estado laico e aconfesional, un grupo de europeos, homes e mulleres de distintas idades, clases e posicións viaxaron con evidentes incomodidades para preservar a súa «seguridade». A bo seguro que moitos dos que quedaron «in-/voluntariamente» procuran outro significado verdadeiro de «Europa» (ou «España»), porque estamos nun tempo no que o balbordo da situación política, estaticamente empreñada, viaxa cara á deshumanización e á insolidaridade.
A proposta, que lles presentamos percorre distintos estadios, de procuras e viaxes moi actuais; como a inmigración de «Dheepan», a insolidaridade de «O Capital Humano», a loita contra o patriarcado en Turquía, a vellez en Italia, ou a simple historia que nos deixou o nazismo, que nunca deberíamos esquecer.
Acompáñenos tamén coas propostas de Filmoteca dos Luns, e estén atentos ás proxeccións extras das xornadas de agroecoloxía, igualdade, Colexio de Médicos e Ociourense.
Cartaz do ciclo «Viaxes e Procuras II» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
«Vamos acender unha cacharela, cando chegue a noite, e esperar as palabras, nun azul xeado… para construir un novo abrigo de prata» como di Sigur Rós en «Varúô» a música do noso avance visual, sede benvidos/as a nosa proposta, ao cinema en versión orixinal subtítulada (VOS), tanto na Biblioteca Pública de Ourense como no Espazo Lusquiños. No canle de «You Tube», teñen a posibilidade de ollar o noso avance visual [.mp4 • 2 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.
«Bikes vs Cars» · Bicicletas Vs Coches
A sociedade enfróntase a varios contratempos que pronto deberá afrontar: o cambio climático, a contaminación urbana, o esgotamento dos recursos fósiles. Neste contexto, a bicicleta eríxese coma unha alternativa ao cambio importante, pero a industria do automóbil inviste millóns para manter o seu negocio. Varios activistas e teóricos de todo o mundo expoñen os beneficios que podería ter unha sociedade máis adaptada ás dúas rodas e reflexionan sobre como evolucionaron as cidades cada vez máis adaptadas aos coches.
Comparte o evento ❯❯
Extra: II ciclo de cine do Colexio de médicos
«Hippocrate» · Hipócrates
Benjamin está destinado a ser un gran doutor, pero a súa primeira experiencia como médico residente no hospital onde traballa o seu pai non sae como el esperaba. A práctica revélase moito máis complexa que a teoría e a responsabilidade é esmagadora. Ademais, o seu compañeiro de traballo Abdel, un médico estranxeiro, ten moita máis experiencia que el. Benjamin terá que enfrontarse cara a cara cos seus límites e os seus medos, así como os dos seus pacientes e os seus familiares, os médicos e os seus compañeiros residentes.
Comparte o evento ❯❯
«Mia madre»
Margherita (
Margherita Buy), unha directora de cinema politicamente comprometida, está a piques de separarse de
Vittorio, un actor co que ten unha filla adolescente. O seu irmán (
Nanni Moretti) decide deixar o traballo para dedicarse a coidar á súa nai, gravemente enferma no hospital. A enfermidade da «
mamma« e o proceso de asimilación da súa inevitable perda alterará completamente a vida cotiá e emocional dos seus irmáns.
Comparte o evento ❯❯ 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
«A Girl Walks Home Alone at Night» · Unha Moza Volve a Casa Soa pola Noite
Na cidade iraniana de
Bad City pode pasar calquera cousa. No medio dun abano de personaxes marxinais, un vampiro vaga en busca de sangue. Ao
western vampírico súmaselle un romance tinguido de sangue. O filme combina xéneros e estilos: invoca o
western, a fascinación propia de
Lynch, o terror e as novelas gráficas.
Comparte o evento ❯❯
«Il capitale umano» · O Capital Humano
A véspera do día de Nadal, un ciclista é atropelado de noite por un luxoso todoterreo. O desgraciado accidente cambiará o destino de dúas familias: a do millonario
Giovanni Bernaschi, un especulador financeiro que creou un fondo que ofrece un 40
% de interese anual, atraendo e esquilmando aos crédulos investidores, e a de
Dino Ossola, un ambicioso axente inmobiliario cuxa empresa está ao bordo da quebra.
Comparte o evento ❯❯ 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
Extra: Ociourense
«Love & Mercy »
Biopic sobre o músico e compositor
Brian Wilson, fundador dos
Beach Boys, sobre a súa influencia na música, e os seus problemas nerviosos que propiciaron a súa relación co controvertido terapeuta Doutor
Eugene Landy.
Comparte o evento ❯❯ 17 h. (CEST) no Espazo Lusquiños
De balde
«Im Keller» · No Soto
O filme trata de describir a relación que os austríacos manteñen cos seus sotos, e de definir as peculiaridades dos sotos austríacos… ou se é certo que tales peculiaridades existen.
Comparte o evento ❯❯
«Dheepan»
Un home foxe da guerra civil en Sri Lanka e, para conseguir que Francia lle conceda o dereito de asilo, fai pasar pola súa familia a unha muller e a unha nena que foxen tamén do país. Unha vez en territorio francés, atopa traballo como conserxe nun edificio situado nun barrio problemático das aforas. A pesar de que non falaren francés, adáptanse progresivamente ao seu novo país.
Comparte o evento ❯❯ 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
«Eisenstein in Guanajuato» · Eisenstein en Guanajuato
Crónica sobre un período da vida do director soviético
Sergei Eisenstein, o que pasou en México, onde rodou, entre outros filmes, «
¡Que Viva México!». O director de «O Acoirazado
Potemkin» (
1925) viviu máis dun ano alí (
1931) para plasmar en celuloide a súa fascinación polo «día de Mortos» e os ritos relixiosos da cultura popular mexicana. Con todo, a fita quedou inconclusa, polo que en
1979 Grigori Aleksandrov, a partir dos
storyboards orixinais de
Eisenstein, compilou «
¡Que Viva México!», unha aproximación á montaxe que este planeaba.
Comparte o evento ❯❯
«Saul fia» · O Fillo de Saúl
No ano 1944, durante o horror do campo de concentración de Auschwitz, un prisioneiro xudeu húngaro chamado Saúl, membro dos «Sonderkommando» —encargados de queimar os cadáveres dos prisioneiros gaseados nada máis chegar ao campo e limpar as cámaras de gas—, atopa certa supervivencia moral tratando de salvar dos fornos crematorios o corpo dun neno que toma como o seu fillo.
Comparte o evento ❯❯ 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
Extra: Ociourense
«Pink Floyd: The Wall» · Pink Floyd: O Muro
Pink, o cantante dun grupo musical, arrastra desde a súa infancia unha serie de traumas debido á dura educación que recibiu. Cansado de todo o que rodea a súa profesión, acábase refuxiando nas drogas como única opción para romper co muro que el mesmo creou ao seu ao redor.
Comparte o evento ❯❯ 17 h. (CEST) no Espazo Lusquiños
De balde
«El Abrazo de la Serpiente» · O Abrazo da Serpe
Karamakate foi no seu día un poderoso chamán do Amazonas, é o último sobrevivente do seu pobo, e agora vive en illamento voluntario no máis profundo da selva. Leva anos de total soidade que o converteron en «chullachaqui», unha casca baleira de home, privado de emocións e recordos. Pero a súa vida baleira dá un envorco o día en que á súa remota gorida chega Evan, un etnobotánico americano en busca da «yakruna», unha poderosa planta oculta, capaz de ensinar a soñar. Karamakate accede a acompañar a Evan na súa procura e xuntos emprenden unha viaxe ao corazón da selva no que o pasado, presente e futuro confúndense, e no que o chamán irá recuperando os seus recordos perdidos. Eses recordos traen consigo vestixios dunha amizade traizoada e dunha profunda dor que non liberará a Karamakate até que non transmita por última vez o seu coñecemento ancestral, o cal parecía destinado a perderse para sempre.
Comparte o evento ❯❯
Extra: II ciclo de cine do Colexio de médicos
«Halt Auf Freier Strecke» · Stopped on Track
O doutor dixo a verdade. Os días están contados. Por que eu e por que agora? Un home deixa atrás á súa muller e aos seus fillos, aos seus pais, aos seus amigos, aos seus veciños e á súa antiga amante, a todos aqueles que formaron parte da súa vida. Cada día é un pequeno adeus. As palabras son cada vez menos comúns, o silencio prolóngase cada vez máis. Ante a xanela, o ano cambia de cor. Morrer, un último traballo. Quedar só pero sen estar só está ben, quizais.
Comparte o evento ❯❯
«Mustang»
Nun pequeno pobo, ao norte de Turquía, cinco irmás orfas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos pasan o verán nun xardín paradisíaco de risas e xogos inocentes sobre as ondas do Mar Negro cos mozos da escola. Con todo, a condición da muller no país non tardará en provocar rumores de inmoralidade e escándalo das novas, así que os seus familiares, a través da avoa e o tío, deciden facerse cargo do asunto; isto é, preparalas e precipitalas cara ao seu destino de futuras esposas.
Comparte o evento ❯❯ 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
E por último, lembra que temos aberta unha
enquisa (sobre a tempada 2015—2016) para avaliar a nosa programación; gostaríanos coñecer que tal o estamos a facer… Asemade, a
Federación de Cineclubes de Galicia «
Feciga» (da que formamos parte), tamén precisa da vosa/nosa axuda para encher esta outra
enquisa. Agradecemos moitísimo o voso tempo e esforzo.
Sabes que podes, sempre que o desexes, comentar as túas impresións sobre os filmes que proxectaremos, tamén neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios (e avaliacións); vemonós! na
Biblioteca Pública ou ben, no espazo Lusquiños (os sábados).
Ningún comentario:
Publicar un comentario