26/03/16

ciclo «Viaxes e Procuras» II

Proxéctase durante o mes de marzo e abril de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …





30 Mar. 2016
Mérc.

«Mia madre»

Dirixida por · (2015)
Margherita (), unha directora de cinema politicamente comprometida, está a piques de separarse de Vittorio, un actor co que ten unha filla adolescente. O seu irmán () decide deixar o traballo para dedicarse a coidar á súa nai, gravemente enferma no hospital. A enfermidade da «mamma« e o proceso de asimilación da súa inevitable perda alterará completamente a vida cotiá e emocional dos seus irmáns.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



  6 Abr. 2016
Mérc.

«Il capitale Umano» · O Capital Humano

Dirixida por · (2014)
A véspera do día de Nadal, un ciclista é atropelado de noite por un luxoso todoterreo. O desgraciado accidente cambiará o destino de dúas familias: a do millonario Giovanni Bernaschi, un especulador financeiro que creou un fondo que ofrece un 40% de interese anual, atraendo e esquilmando aos crédulos investidores, e a de Dino Ossola, un ambicioso axente inmobiliario cuxa empresa está ao bordo da quebra.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



13 Abr. 2016
Mérc.

«Dheepan»

Dirixida por · (2015)
Un home foxe da guerra civil en Sri Lanka e, para conseguir que Francia lle conceda o dereito de asilo, fai pasar pola súa familia a unha muller e a unha nena que foxen tamén do país. Unha vez en territorio francés, atopa traballo como conserxe nun edificio situado nun barrio problemático das aforas. A pesar de que non falaren francés, adáptanse progresivamente ao seu novo país.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



20 Abr. 2016
Mérc.

«Saul fia» · O Fillo de Saúl

Dirixida por · (2015)
No ano 1944, durante o horror do campo de concentración de Auschwitz, un prisioneiro xudeu húngaro chamado Saúl, membro dos «Sonderkommando» —encargados de queimar os cadáveres dos prisioneiros gaseados nada máis chegar ao campo e limpar as cámaras de gas—, atopa certa supervivencia moral tratando de salvar dos fornos crematorios o corpo dun neno que toma como o seu fillo.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



27 Abr. 2016
Mérc.

«Mustang»

Dirixida por · (2015)
Nun pequeno pobo, ao norte de Turquía, cinco irmás orfas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos pasan o verán nun xardín paradisíaco de risas e xogos inocentes sobre as ondas do Mar Negro cos mozos da escola. Con todo, a condición da muller no país non tardará en provocar rumores de inmoralidade e escándalo das novas, así que os seus familiares, a través da avoa e o tío, deciden facerse cargo do asunto; isto é, preparalas e precipitalas cara ao seu destino de futuras esposas.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



Horarios CUT+2




E por último, lembra que temos aberta unha (sobre a tempada 2015—2016) para avaliar a nosa programación; gostaríanos coñecer que tal o estamos a facer… Asemade, a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» (da que formamos parte), tamén precisa da vosa/nosa axuda para encher esta outra . Agradecemos moitísimo o voso tempo e esforzo.
Sabes que podes, sempre que o desexes, comentar as túas impresións sobre os filmes que proxectaremos, tamén neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios (e avaliacións); vemonós! na Biblioteca Pública ou ben, no espazo Lusquiños (os sábados).




Ningún comentario: