Amosando publicacións coa etiqueta Ciro Guerra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciro Guerra. Amosar todas as publicacións

26/09/19

Programación de outubro e novembro de 2019

O documental do mes

Filmoteca CGAI

Sesións de outuno


Anuncia o outono a súa chegada coa caída das follas das árbores e a cidade vístese de amarelo coas primeiras medidas que rumban un longo outono que somerxe á vella Auria.

Rixe unha complicidade cunha elite que entroniza a mediocridade, o mercantilismo, o control social e o silencio. A cultura é un branco do ultraliberalismo económico e o autoritarismo mídese en proporcións policiais de rendabilidade determiñante. Os acenos da demolición son tantos que os casos concretos volvéronse bosque.

O arroutado descoñecemento dun grupo de políticos profesionais escurece unha cultura (así, en xeral) que resulta indesexable e prescindible por unha de escala masiva e festiva. A desprezable "culturetilla" pola eslamiada "cultorota".

A diversidade da nosa sociedade semella que estivese non representada nin consultada, senón a cargo das súas decisións vitais. Así, neste panorama chegan estas sesións de cine...





«Sesións de outono» 2019 · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


...que coinciden coa mudanza da Biblioteca pública e a conseguinte incerteza de futuro sobre a xestión da casa da cultura. Agardamos pase pronto esta apesarada púrpura visión e chegue novamente unha luminosa primavera que tamén lidaremos por cantaruxar.

De seguido o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación que vos presentamos, ambientado coa música de Prince "Purple rain", versionada por Amanda Palmer e Jherek Bischoff.


(Atentos/as, aos horarios do 16 e 28 de outubro)

26/03/16

Sesións de Filmoteca · marzo—abril 2016

Proxéctase durante o mes de marzo e abril de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …