26/09/19

Programación de outubro e novembro de 2019

O documental do mes

Filmoteca CGAI

Sesións de outuno


Anuncia o outono a súa chegada coa caída das follas das árbores e a cidade vístese de amarelo coas primeiras medidas que rumban un longo outono que somerxe á vella Auria.

Rixe unha complicidade cunha elite que entroniza a mediocridade, o mercantilismo, o control social e o silencio. A cultura é un branco do ultraliberalismo económico e o autoritarismo mídese en proporcións policiais de rendabilidade determiñante. Os acenos da demolición son tantos que os casos concretos volvéronse bosque.

O arroutado descoñecemento dun grupo de políticos profesionais escurece unha cultura (así, en xeral) que resulta indesexable e prescindible por unha de escala masiva e festiva. A desprezable "culturetilla" pola eslamiada "cultorota".

A diversidade da nosa sociedade semella que estivese non representada nin consultada, senón a cargo das súas decisións vitais. Así, neste panorama chegan estas sesións de cine...





«Sesións de outono» 2019 · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


...que coinciden coa mudanza da Biblioteca pública e a conseguinte incerteza de futuro sobre a xestión da casa da cultura. Agardamos pase pronto esta apesarada púrpura visión e chegue novamente unha luminosa primavera que tamén lidaremos por cantaruxar.

De seguido o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación que vos presentamos, ambientado coa música de Prince "Purple rain", versionada por Amanda Palmer e Jherek Bischoff.


(Atentos/as, aos horarios do 16 e 28 de outubro)


O documental do mes





10 Out. 2019
Xov.

«Woomanhood»

· (Alemaña, 2018) 90 min. [R>7] VOSE
Con 10 anos, Beryl Magoko era unha nena que crecía nun pobo rural de Quenia e pensaba que todas as nenas do mundo debían ser “ circuncidadas” a través da Mutilación Xenital Feminina ( MGF), como un simple ritual de paso da infancia á vida adulta e, sobre todo, de aceptación dentro da súa comunidade. Ninguén a advertiu do sufrimento físico e emocional que iso supoñería nun futuro.

Hoxe en día, Beryl, directora do documental, sabe que a cirurxía reconstructiva é unha posibilidade real coa que podería recuperar o que unha vez roubáronlle, pero non está segura se iso axudaralle a sentirse mellor. E se volve cometer un terrible erro? Está preparada para afrontar o seu trauma?

Womanhood é unha viaxe emocional dacabalo entre Alemaña e Quenia, no que Magoko comparte as súas sensacións máis íntimas, profundas e silenciadas con outras mulleres vítimas da MGF e, por primeira vez, tamén coa súa nai. É posible que neste proceso catártico solidarícense as unhas coas outras?


Premios
2018; Premio Student Documentary, IDFA – Países Baixos
2019; Premio Filmpreis Leipziger Ring, Dok Leipzig – Alemaña
2019; Premio Novo Talento, DocsBarcelona – España
2019; Premio Néstor Almendros, Human Rights Watch Film Festival – Estados Unidos


(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)

 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde


Filmoteca CGAI


14 Out. 2019
Lun.

«East of eden» Ao leste do edén

· (EUA, 1955) 115 min. [R>12] VOSE
Salinas, California, 1917. Un modesto agricultor, Adam Trask, vive cos fillos, Cal e Aron, aos que o pai fixo crer que Kate, a nai, morreu. En realidade, Cal descobre moi axiña que Kate rexenta un bordel na cidade veciña de Monterrey.

Premios
1955: Festival de Cannes á mellor película dramática
1956: Oscar á mellor actriz secundaria (Jo Van Fleet)
1956: Globo de Ouro á mellor película dramática.

"Aborda cuestións vitais que romperon a barreira do tempo, que eran de suma importancia, mesmo desde tempos bíblicos ata a actualidade, como o son, a perversidade e a piedade, as mentiras e a verdade, as relacións interpersoais e fraternais, a crueza da guerra e o amor á patria. Por esta razón, a pesar dos anos, Ao Leste do Edén percíbese como unha película próxima e vixente, un clásico que vale a pena lembrar."
(Celia Sutton, ELESPECTADORIMAGINARIO.COM)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)




Sesións de outuno


  16 Out. 2018
Mérc.

«Ahlat Agaci» A pereira salvaxe

· (Turquía, 2018) 188 min. [R>7] VOSE
Un aspirante a escritor regresa ao seu pobo natal en Turquía, pero sente atafegado polas débedas e problemas que ten o seu pai.

Premios
2018: Festival de Cannes: Sección oficial
2018: Festival de Sevilla: Sección Oficial

"Un traballo que sabe á perfección que, se quere mimetizar o peso específico dunha boa novela, a súa ambición última ten que ser a de articular unha visión do mundo a partir da construción orgánica dunha subxectividade."
(Jordi Costa, EL PAÍS)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:30 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto




Filmoteca CGAI


21 Out. 2019
Lun.

«Idénticas»

· (España, 2018) 67 min. [R>7] VOG
Idénticas conta a historia de dúas irmáns xemelgas de Lousame, Cayetana e Celia, de 7 anos que padecen unha enfermidade ultrarara, a etereoplaxia ósea progresiva. Idénticas fala da súa vida, da dos seus pais e de todo o que supón para unha familia convivir con esta enfermidade. Cayetana e Celia son as únicas xemelgas idénticas no mundo que teñen esta enfermidade pero e que ademais son o único caso no mundo en que unha das irmáns, Cayetana, experimenta os síntomas mentres que Celia non ten a enfermidade en proceso.

Premios
2019: Mestre Mateo (Mellor Documental)

"Un logro cinematográfico informativo e conmovedor, grazas ao guión ben estruturado e documentado e ás impecábeis actuacións"
(Fabien Lemercier, CINEUROPA)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas) ).




Sesións de outuno


  23 Out. 2019
Mérc.

«Les Frères Sisters» Os irmáns Sisters

· (Francia, 2018) 121 min. [R>12] VOSE
1850. Os irmáns Charlie e Eli Sisters viven nun mundo salvaxe e hostil, en plena febre do ouro. Teñen as mans manchadas de sangue, tanto de criminais como de persoas inocentes. Non teñen escrúpulos á hora de matar. É o seu traballo. Charlie (Joaquin Phoenix), o irmán pequeno, naceu para matar. Eli (John C. Reilly), con todo, soña con levar unha vida normal. Ambos son contratados polo Comodoro para atopar e matar a Hermann Kermit Warm (Riz Ahmed), un buscador de ouro. De Oregón a California arrinca unha caza desapiadada, unha viaxe que poñerá a proba o demencial vínculo entre os dous irmáns.

Premios
2018: Festival de Venecia: Mellor director
2018: Premios César: Mellor director, fotografía, son e deseño de prod. 9 nom.

"Nada resulta previsible neste relato aventureiro e insólito no que ás veces aparece o lirismo, escuro e luminoso, cun ton moi atractivo (...) É unha película que vexo e escoito tan ben como a recordo."
(Carlos Boyero, EL PAÍS)


SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto




O documental do mes





24 Out. 2019
Xov.

«Push»

· (Canadá - Suecia, 2019) 92 min. [A] VOSE
Por que xa non nos podemos permitir vivir nas nosas cidades? Os prezos da vivenda aumentan en cidades de todo o mundo. Por outra banda, os ingresos dos seus habitantes, non.

Push é o novo documental do galardonado Fredrik Gertten (Big boys gone bananas!, Bikes vs. Cars), que investiga por que xa non nos podemos permitir vivir nas nosas propias cidades. A vivenda é un dereito fundamental, condición sine qua non para unha vida sa e segura, pero nas cidades do mundo, ter un lugar onde vivir é cada vez máis difícil. Quen son os responsables? Cales son os factores que fan que o acceso á vivenda sexa un dos problemas máis imperiosos a nivel mundial?

Premios
2019; Politiken Audience Award, CPH:DOX - Dinamarca
2019; Premio dol xurado xove Reteena, DocsBarcelona – España


(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)

 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde


Filmoteca CGAI


28 Out. 2019
Lun.

«Los Angeles Plays itself»

· (EUA, 2013) 170 min. [VOSG]
Retrato da cidade de Los Angeles mediante extractos de filmes, nos que se reflexiona sobre a representación da urbe na sétima arte e téntanse botar abaixo certos estereotipos irreais creados por Hollywood. Ofrécese, así, unha visión máis realista e complexa da localidade que acolle á meca do cinema industrial nos Estados Unidos.

"Os filmes sobre Los Angeles teñen sido, na maior parte das ocasións, pezas de época, situadas no pasado ou no futuro, e substitúen a historia pública da cidade por outra secreta, opaca para os seus cidadáns. Esta lenda urbana non é inocente. Serve para disuadir os inxenuos espectadores de se involucraren politicamente ao contarlles que están condenados á ignorancia e que non teñen poder, por moito que fagan. De feito, a realidade é a contraria: a historia pública é a real, como demostran os tratamentos de filmes como Chinatown, Quen enganou a Roger Rabbit e L .A. Confidential."
(LUX)


SESIÓN:
COTA:
  20:30  h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).




Sesións de outuno


30 Out. 2019
Merc.

«Pájaros de verano» Paxaros de verán

e · (Colombia, 2018) 125 min. [R>12] VOSE
Baseada nunha historia real que explica a orixe do narcotráfico en Colombia, a película sitúase nos anos 70 cando a mocidade norteamericana abraza a cultura hippie e con ela á marihuana. Isto provoca que os agricultores da zona convértanse en “empresarios” a un ritmo veloz. No deserto de Guajira, unha familia indíxena Wayuu vese obrigada a asumir un papel de liderado nesta nova empresa. A riqueza e o poder combínanse cunha guerra fratricida que poñerá en grave perigo á súa familia, ás súas vidas e ás súas tradicións ancestrais.

Premios
2019: Premios Platino: Mellor dirección artística. 6 nom.
2018: Premios Ariel: Mellor película iberoamericana
2018: Premios Fénix: Mellor película, música e actriz (Carmina Martínez). 9 nom.

"Unha das mellores películas do ano (...) Ciro Guerra demostra pulso de mestre cun título que confirma o seu rotundo talento (...) Versión do mito de Macbeth, é unha película de mafiosos da vella escola rodada de forma cegadora"
(Juan Sardá, EL MUNDO)


SESIÓNS:
COTA:
 18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto




Filmoteca CGAI


4 Nov. 2019
Lun.

«Hitchcock / Truffaut»

· (EUA-Francia, 2015) 79 min. [A] VOSE
Medio século despois da publicación de "El cine según Hitchcock" de François Truffaut, o director Kent Jones, coa colaboración no guión de Serge Toubiana, convida a algúns dos mellores directores do noso tempo a compartir os seus pensamentos sobre o perdurable legado e o xenio do mestre do suspense Alfred Hitchcock, tales como Martin Scorsese, Wes Anderson, David Fincher, Richard Linklater ou Olivier Assayas. E cun proveitoso material de arquivo que percorre toda a carreira de Alfred Hitchcock.


"Excelente documental...maxistral lección de cine que fuxe de toda tentación académica para reinvidicar a análise como prolongación do placer do espectador."
(Jordi Costa, EL PAÍS)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).




Sesións de outuno


  6 Nov. 2019
Mérc.

«Sauvage»

· (Francia, 2018) 97 min. [R>18] VOSE
Léo (Félix Maritaud) ten 22 anos e vende o seu corpo por un pouco de diñeiro. Os homes van e veñen, e el atópase a si mesmo buscando o afecto en calquera lugar onde poida obtelo. Non sabe que lle deparará o futuro.

Premios
2018: Premios César: Nomeada a mellor ópera novel

"Gáñase un lugar entre os descendentes de Pasolini, Fassbinder e Genet. Pero, a diferenza da obra deses tres mestres, pode reavivar no espectador una certa fe na existencia da bondade humana."
(Miguel Romero, CINEMANÍA)


SESIÓNS:
COTA:
 18, 20:30e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto









Todas as proxeccións son na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [R>7] recomendado para maiores de 7 anos, [R>12] recomendado para maiores de 12 anos, [R>18] recomendado para maiores de 18 anos.

ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: