07/05/26

Primavera musical 2026


Sesións extraordinarias [+]

Sesión naxistral de filmoteca

Sesión vermú

Sesión de filmoteca

Sesións de ciclo


Chega a décima edición da Primavera musical aos bares habituais nos que se programan concertos. Aparte da proxección na casa da cultura de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural Auriense, El Pueblo café cultural e Café Pop Torgal.




«Primavera musical 2026»· (cineclupePF)

Aquí, podes ver o avance en vídeo da programación musical.
De seguido o detalle da programación, non sen antes lembrar dúas citas previas, extraordinarias e gratuítas; (12 de maio) "Travelling para un arpa" no que colaboramos co Festival Pórtico do Paraíso e (19 de maio) "A terra por gañar" unha proxección conmemorativa dos 50 anos de ADEGA.




Sesión maxistral de filmoteca


  20 Mai. 2026
Mér.

«Soundtrack to a coup d´etat» Banda sonora para un golpe de estado

·(Bélxica-Francia-Países baixos, 2024) 150 min. Cor. Stereo. RA 1.78:1 [ND] VOSE

Partindo da influencia dos músicos afroamericanos de jazz como embaixadores culturais dos Estados Unidos nos anos cincuenta e sesenta en África e Asia, Grimonprez monta a ritmo de hard bop unha intricada trama sobre os movementos de descolonización. Centra a súa atención no Congo como territorio de enfrontamento na Guerra Fría, o que derivou no asasinato do seu primeiro presidente como país libre, Patrice Lumumba, e sentou as bases do imperialismo moderno poscolonial. Con diversas filmacións de arquivo editadas con rigor histórico e elaboradas digresións, a fita innova nos grafismos en pantalla, evocadores dos do selo Blue Note e cunha función estética e narrativa alén do simple traslado de información. Un documental tan complexo como ben estruturado, comprometido sen resultar aleccionador.

Premios
2024: Festival Sundance: Premio especial do xurado.

"O filme non defrauda: políticamente irreprochable, estéticamente inventivo e renovador, a súa montaxe hard bop a convirte igualmente nunha experiencia audiovisual cando menos insólita"
(Carlos Losilla, Caimán)

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no CCPF - Casa da cultura, Ourense
  Só para socios/as; de balde. (Faite socio/a).





  21 Mai. 2026
Xov.

«Free Party: A Folk History»

· (Reino Unido, 2023) 107 min. Cor. RA 1.85:1 [ND] VOSE

Crónica exhaustiva do movemento Free Party que montaba raves gratuítas ao aire libre por toda Inglaterra desde finais dos 80 ata mediados os 90. A “unión de tribos” de travellers, punks, hippies e ácratas desafiou á policía e ás leis de propiedade da terra até o punto de que o goberno lexislou especificamente contra aquel estilo de vida nómade. Aos antigos ravers de colectivos como DiY, Spiral Tribe, Sugarlump, Bedlam ou Circus Warp aínda lles brillan os ollos explicando as fiestazas e as tácticas de guerrilla daquela mobilización xuvenil e anticapitalista da era pre internet.



SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CEST) «El Pueblo» Café Cultural, Ourense
 De balde





Sesión vermú


  23 Mai. 2026
Sáb.

«Silvio Rodríguez, Ojalá»

·(España-Cuba, 2012) 72 min. Cor. RA 1.85:1 [ND] VOSE

Silvio Rodríguez (San Antonio de los Baños, 1946), debuxante, músico, poeta e Artista pola Paz da UNESCO. Aprendeu a tocar a guitarra en segredo mentres facía o servizo militar. Tras 45 anos na industria musical, Silvio segue plenamente activo, mantendo o seu compromiso coa cultura a través do seu estudo, Ojalá, e de iniciativas como a "Xira polos Barrios", na que actúa de xeito inesperado nos barrios máis desfavorecidos da Habana.

SESIÓNS:
COTA:
  12:00 h. (CEST) no CCPF - Casa da cultura, Ourense





Sesión de filmoteca


  25 Mai. 2026
Lun.

«We love you»

(España, 2025) 70 min. B/N. RA 1.85:1 [ND] VOE

En 2011, unha banda inexperta encérrase nun estudio por primeira vez impulsada pola urxencia e o entusiasmo. Película que documenta con material inédito á gravación do primeiro disco de The Buildings, que nunca chegou a publicarse.


SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no CCPF - Casa da cultura, Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).




  26 Mai. 2026
Mar

«I get knocked down»

e · (Reino Unido, 2021) 81 min. Cor. RA 1.85:1 [ND] VOSE

O antigo cantante de Chumbawamba está a piques de cumprir os sesenta, sentíndose como un radical retirado, invisible, cheo de rabia e frustración. Terá que reunir a súa coraxe e o seu humor surrealista para recompoñerse, facer as paces co seu pasado como infiltrado (ou vendido?) anarcopunk no pop convencional e enfrontarse a un acosador cunha máscara de bebé.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Pop«Torgal», Ourense
 De balde




Sesión de ciclo


  27 Mai. 2026
Mérc.

«One hand don't clap»

· (EUA, 1991) 92 min. Cor. Dolby dixital. RA: 1,85:1 /4K/ [ND] VOSE
Filmado en 1986 durante o Carnaval de Trinidad e Tobago, o documental segue a Lord Kitchener, o gran mestre do calipso, e á irreverente Calypso Rose, unha pioneira do xénero nun campo dominado polos homes, na súa viaxe desde os estudios de gravación de Nova York ata as vibrantes rúas de Porto España, camiño do concurso Calypso Monarca do ano.

A través dos seus protagonistas, reconstrúese a historia oral do calipso como música de resistencia, sátira e celebración: desde as súas raíces africanas e o seu papel na loita anticolonial, ata a súa expansión global e a emerxencia da soca. Unha inmersión musical e festiva, restaurada en todo o seu esplendor, que te invita a deixarte levar pola súa enerxía contaxiosa.

"Un vibrante documental que se move e treme ao ritmo dunha música inimitable"
(The village voice)

SESIÓNS:
COTA:
 20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 



  28 Mai. 2026
Xov

«Ao son da nova regueifa»

e · (España, 2025) 60 min. Cor, RA 2.35:1 [ND] VOG

Todo comeza cunha busca, a da nova regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela. Este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza. Nun percorrido que atravesa o país de norte a sur, coñecemos regueifeiras e regueifeiros que nos abren as portas ao mundo do repentismo, traendo á fronte o talento, a creatividade e a diversiadade que caracteriza a regueifa hoxe en día. Neste itinerario que vai de Bergantiños a Vigo, non deixan de presentársenos unha serie de opostos: tradición e modernidade, aldea e cidade, aprendizaxe innata e pedagoxía…

A través de testemuñas apaixonadas, versos improvisados e moita música, realízase un retrato poliédrico da regueifa contemporánea: unha arte con raíces fondas e ás abertas, disposta a seguir improvisando polos camiños do vento.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Cultural «Auriense», Ourense
 De balde







Pregamos atención aos días e lugares de proxección.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].


----------
A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: