Amosando publicacións coa etiqueta VOE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VOE. Amosar todas as publicacións

07/05/26

Primavera musical 2026


Sesións extraordinarias [+]

Sesión naxistral de filmoteca

Sesión vermú

Sesión de filmoteca

Sesións de ciclo


Chega a décima edición da Primavera musical aos bares habituais nos que se programan concertos. Aparte da proxección na casa da cultura de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural Auriense, El Pueblo café cultural e Café Pop Torgal.




«Primavera musical 2026»· (cineclupePF)

Aquí, podes ver o avance en vídeo da programación musical.
De seguido o detalle da programación, non sen antes lembrar dúas citas previas, extraordinarias e gratuítas; (12 de maio) "Travelling para un arpa" no que colaboramos co Festival Pórtico do Paraíso e (19 de maio) "A terra por gañar" unha proxección conmemorativa dos 50 anos de ADEGA.



12/10/24

Sesións de ciclo de outubro a decembro de 2024

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos para rematar o ano 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


08/01/24

Programación de xaneiro e febreiro de 2024

Filmoteca

Sesións dos mércores

Sesións maxistrais


O tempo non existe e só son as cousas que che pasan, por iso pasa tan rápido. Despois destas festas notarás unha luz dourada á tardiña ou unha mañá radiante. A monotonía fai que os días escorreguen sen deixar pegada. Dicía Manuel Vicent que non existe máis remedio para que o tempo se acomode máis amodo, que vivir paixóns novas, experiencias excitantes e cambios imprevistos na rutina diaria.

O ano pasado tiñamos a rutina dos mércores no Teatro principal e todo pasou moi rápido. Este ano sobresaltamos o hábito pola inconsistente resposta da dirección do teatro, para adquirir novos soños, imposibles e excitantes desexos (inconfesables), alleos de calquera envurullo imaxinario e para que a constume non se someta a unha vida anodina.

Que nos pasen cousas distintas como a un neno, aos nosos 54 anos...No medio desta aventura declaráronnos de Utilidade publica en agosto do ano pasado e seguemos sen axudas ou subvención municipal, porque tamén hai rutinas que non son de esquerdas nin de dereitas, supoño que estamos no centro do desprezo cultural municipal.




«Xan-Feb 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Non esquezades botarlle un ollo ao avance visual [.mp4 • 18'0 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme, a memoria do ano anterior e unha convocatoria de asemblea (sábado 13/01/24), na sala de máquinas do cineclube.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata o entroido, co rogo de atención que toda se desenvolverá na Casa de cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).



Sesións de ciclo de xaneiro e febreiro de 2024

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante xaneiro e febreiro de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]


30/04/21

Programación de maio 2021

Filmoteca CGAI

Ciclo Wong Kar-Wai


A arte e a cultura non son un espello para reflectir a realidade, senón un martelo para darlle forma.

Na forxa do mes de maio temos principalmente 3 estilos, rubricados polas destacables figuras de Éric Rohmer e Wong Kar- Wai, xunto á novidade narrativa de Luís López Carrasco, premio Goya ao mellor documental, que pertence ao colectivo artístico Los Hijos.

O primeiro, caracterízase polo traballo con equipos domésticos, actores non profesionais, diálogos agudos e o naturalismo con que se presentan os problemas cotiáns, sobre todo afectivos, da xente moza.

O segundo, Wong Kar- Wai, é un cineasta de Hong Kong, recoñecido internacionalmente polo seu traballo altamente estilizado e emocionalmente resoante. As súas películas a miúdo presentan protagonistas que arelan o romance no medio dunha vida incompleta e digresiva. Wong Kar- Wai foi o primeiro director chinés en gañar o Premio ao Mellor Director do Festival de Cinema de Cannes.





«Maio 2021»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Mentres a realizade é cincelada entre trincheiras, con algún necio gobernando e outros consentindo a morte cultural da cidade, sairemos sempre adiante, sairemos...da escura sala cantando por enriba dos sombríos tempos que estamos a vivir. A música que acompaña o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] deste mes, fala das agradables sombras que dan as maltratadas ábores. Sempre nos quedará a primavera, o vento e a poesía...xan ven o maio, de frores cuberto.