08/01/24

Programación de xaneiro e febreiro de 2024

Filmoteca

Sesións dos mércores

Sesións maxistrais


O tempo non existe e só son as cousas que che pasan, por iso pasa tan rápido. Despois destas festas notarás unha luz dourada á tardiña ou unha mañá radiante. A monotonía fai que os días escorreguen sen deixar pegada. Dicía Manuel Vicent que non existe máis remedio para que o tempo se acomode máis amodo, que vivir paixóns novas, experiencias excitantes e cambios imprevistos na rutina diaria.

O ano pasado tiñamos a rutina dos mércores no Teatro principal e todo pasou moi rápido. Este ano sobresaltamos o hábito pola inconsistente resposta da dirección do teatro, para adquirir novos soños, imposibles e excitantes desexos (inconfesables), alleos de calquera envurullo imaxinario e para que a constume non se someta a unha vida anodina.

Que nos pasen cousas distintas como a un neno, aos nosos 54 anos...No medio desta aventura declaráronnos de Utilidade publica en agosto do ano pasado e seguemos sen axudas ou subvención municipal, porque tamén hai rutinas que non son de esquerdas nin de dereitas, supoño que estamos no centro do desprezo cultural municipal.




«Xan-Feb 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Non esquezades botarlle un ollo ao avance visual [.mp4 • 18'0 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme, a memoria do ano anterior e unha convocatoria de asemblea (sábado 13/01/24), na sala de máquinas do cineclube.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata o entroido, co rogo de atención que toda se desenvolverá na Casa de cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).





Filmoteca


15 Xan. 2024
Lun.

«Chinas»

· (España, 2023) 118 min. Cor. AR: 2,39:1 [+16] VO/SE

Nun colexio coinciden ao comezo de curso dúas nenas chinesas de 9 anos. Todo o mundo dá por feito que se farán amigas, pero absolutamente nada as une. Lucía, é segunda xeración de inmigrantes e séntese absolutamente española, só pensa en integrarse co resto das súas amigas do colexio. Desexaría ter uns pais “normais” como o resto das súas amigas, pero os seus lle avergoñann constantemente porque non falan español, traballan máis de 14 horas no bazar e nin sequera permítenlle celebrar os seus aniversarios no Burger King. A outra nena é Xiang. É adoptada e co seu rostro delata alá onde vai que non é filla dos seus pais. Xiang pregúntase pola súa familia biolóxica; nin se sente chinesa nin se sente aceptada diante dos demais nenos no colexio. As dúas nenas cruzaranse, separarán e acabarán sendo vitais unha para a outra na procura da súa identidade.

"Echevarria, cunha clara fixación en retratar as existencias femininas, logra en Chinas que empaticemos cunhas nais que sofren polas súas fillas de maneiras moi distintas, á vez que nos emociona cunhas nenas que poderían ser dúas caras da mesma moeda"
(Belit Lago, miradasdecine.es)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).


Sesións dos mércores


  17 Xan. 2024
Mérc.

«Cerrar los ojos»

· (España, 2023) 169 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,66:1 [+7] VOE

Un soado actor español, Julio Areas, desaparece durante a rodaxe dunha película. Aínda que nunca se chega a atopar o seu cadáver, a policía conclúe que sufriu un accidente ao bordo do mar. Moitos anos despois, esta sorte de misterio volve á actualidade por mor dun programa de televisión que pretende evocar a figura do actor, ofrecendo como primicia imaxes das últimas escenas en que participou, rodadas polo que foi o seu íntimo amigo, o director Miguel Garay.

"Conmove co seu canto ao cine e a memoria"
(Elsa Fdez.- Santos, El País)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 




Filmoteca


22 Xan. 2024
Lun.

«Scrapper»

· (Reino Unido, 2023) 84 min. Cor. AR 2,39:1 [ND] VOSE

Georgie, unha soñadora nena de 12 anos, vive soa e feliz no seu piso de Londres, enchéndoo de maxia. Un día, aparece o seu pai, ao que non coñece, e obrígaa a afrontar a realidade.

Premios
2023: Festival SUNDANCE; premio do Xurado

"Unha tenra fusión entre Aftersum e The Florida project"
(Irene Crespo, Cinemanía)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).


Sesións dos mércores


  24 Xan. 2024
Mérc.

«Anatomie d´une chute» Anatomía dunha caída

· (Francia, 2023) 150 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,85:1 [+7] VOSG

Sandra, Samuel e o seu fillo de 11 anos, Daniel, viven un pouco afastados de todo, na montaña. Un día atopan a Samuel morto ao pé da súa casa. Ábrese unha investigación por morte sospeitosa e non tardan en inculpar a Sandra, a pesar da ambigüidade do caso: suicidio ou homicidio? Un ano despois, Daniel está presente no xuízo da súa nai, auténtica disección da parella.

Premios
2023: Festival de Cannes: Palma de ouro (mellor filme)

"Unha obra de moi alto calibre que explora tamén, en eco, a fina liña que separa o real do imaxinario, así como a mirada dos demais, a influencia das imaxes e os nosos instintos protectores. Estes temas, xunto con moitos outros, examínanse e entrelazan nunha película encantadora de prodixiosa riqueza que é tan sutil como poderosa"
(Fabien Lemercier, Cineuropa.org)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 




Sesións maxistrais




  28 Xan. 2024
Dom.

«Pôther Pãchali» A canción do camiño

· (India, 1955) 115 min. B&N. RA 1.37:1 [A] VOSE

Pather Panchali é principalmente unha representación da vida na India durante os anos 1920. O foco desta película son as vidas de Apu e dos membros da súa familia pobre de brahmanes. O pai, Hariharan, é un sacerdote que non pode gañar suficiente diñeiro para apoiar á súa familia. A nai, Sarbajaya, ten a responsabilidade principal de criar á súa travesa filla Durga e de coidar á súa cuñada de idade avanzada chamada Indir, cuxo espírito independente irrítalle ás veces. Coa chegada de Apu, escenas de alegría e xogos enriquecen a súa vida diaria, de cando en vez interrompida pola traxedia. Con todo, a vida é unha loita, e por iso Harihar debe atopar un novo traballo e marchar.

[Contexto]
O 15 de agosto de 1947, a India británica deixou de existir. Proclamouse oficialmente a independencia e formáronse dous novos estados soberanos: India e Paquistán. Entre 1947 e 1950 teñen lugar algúns acontecementos como o conflito civil, o problema dos refuxiados, o asasinato de Mahatma Gandhi o 30 de xaneiro de 1948 e a guerra entre India e Paquistán pola cuestión de Caxemira. O período comprendido entre 1950 e 1966 caracterízase polo apoxeo do Partido do Congreso, cos Gobernos de J. Nehru e despois de Shastri. Dedicáronse intensamente á reconstrución e desenvolvemento do país. Nos anos posteriores a India quedou marcada pola súa independencia, o declive político do Partido do Congreso, a firma do Tratado coa URSS en 1971 e a perda das eleccións do Congreso en 1977.

O director estaba profundamente afectado pola xente e as condicións socioeconómicas reinantes en Bengala. Aínda que as súas películas teñen un interese humanista universal, a vida das diversas clases sociais de Bengala, o conflito dos novos e antigos valores, e os efectos das rapidamente cambiantes condicións económicas e políticas da India son algúns dos temas recorrentes na súa obra.

A película forma parte da triloxía na que aparte de "Pather Panchali" están "Aparajito" (O invencible) e "Apur Sansar" (O mundo de Apu). As películas —concluídas entre 1955 e 1960— están baseadas nas novelas do bengalí Bibhutibhushan Bandopadhyay. Esta triloxía ten a influencia de Jean Renoir e do neorrealismo italiano. A música da triloxía foi composta por Ravi Shankar.

Premios
1955: Medallas de ouro e de prata do Presidente, Nova Deli
1956: Medalla nacional de película para mellor película, India
1956: Festival de Cannes; Mellor documento do ser humano

"Non podo nunca esquecerme do entusiasmo [que sentía] na cabeza despois de vela. É o tipo de cinema que flúe coa serenidade e nobilidade dun gran río"
(Akira Kurosawa)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  Exclusivamente para socios/as, de balde (Faite socio/a).


Filmoteca


29 Xan. 2024
Lun.

«La passion de Dodin Bouffant» A lume lento

· (Francia, 2023) 134 min. Cor. AR: 1,85:1 [+13] VOSE

1885. A cociñeira Eugénie traballou para o famoso gourmet Dodin durante os últimos 20 anos. Co paso do tempo, a práctica da gastronomía e a mutua admiración converteuse nunha relación romántica. A súa asociación deu lugar a pratos únicos, capaces de satisfacer aos padais máis esixentes, pero Eugénie valora a súa liberdade e nunca quixo casar con Dodin. Entón, el decide facer algo que nunca fixo antes: cociñar para ela.

"Un pracer de imaxes para todo tipo de padais que desexen gozar en pantalla grande co gran tándem protagonista (Juliette Binoche e Benoît Magimel)"
(Fernando Gálligo Estévez, cinemagavia.es)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).


Sesións dos mércores


  31 Xan. 2024
Mérc.

«Falcon Lake»

· (Francia, 2023) 100 min. Cor. AR 1,37:1 [+16] VOSE

Bastien, un adolescente parisiense, pasa as vacacións coa súa familia nunha cabana xunto a un lago de Quebec. Alí atoparase con Chloé, unha moza maior, de quen se namorará. A pesar da diferenza de idade e dos medos de Bastien, desenvolven un vínculo especial. Bastien terá que enfrontarse aos seus medos para conseguir un lugar no corazón de Chloé, mentres exploran a súa sexualidade e a inquietante lenda da pantasma do lago.

"O máis chamativo é o seu particular xogo co xénero de terror...o filme contén na súa sinxela apariencia varias posibles capas de lectura"
(Jara Yañez, Caimán)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 




Filmoteca


5 Feb. 2024
Lun.

«Plan 75»

· (Xapón, 2022) 105 min. Cor. AR: 1,85:1 [+13] VOSE

Para combater o envellecemento da poboación, o goberno xaponés decide instaurar un programa de acompañamento que fomente a eutanasia entre as persoas maiores de setenta e cinco anos. Filmada desde un realismo que xea o sangue, a película de Chie Hayakawa reflexiona sobre a posición da xente maior dentro da sociedade contemporánea nun país como Xapón, onde o deber moral e o sacrificio colectivo son de vital importancia.

"Presentada na sección Un Certain Regard do pasado Festival de Cannes, curiosamente 40 anos despois da Palma de Ouro conseguida pola Balada de Narayama (Narayama Bushi-ko) de Shôhei Imamura, esta impactante ópera prima confirma que non fai falta imaxinar un contexto apocalíptico nin entregarse á ciencia ficción para abordar os problemas existenciais da especie humana."
(CCPF)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).


Sesións dos mércores


  7 Feb. 2024
Mérc.

«Chlopi» En nome da terra

e · (Polonia, 2023) 115 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,85:1 [+16] VOSE

Na súa segunda película de «animación con pintura» —despois da súa biopic sobre Van Gogh, Loving Vincent, nomeada ao Óscar e todo un éxito en despacho de billetes—, o matrimonio Welchman adapta The Peasants, novela do premio Nobel Władysław Reymont e un fresco sobre o día a día da comunidade campesiña polaca a finais do século XIX e os sucesos históricos que a atravesaron. Jagna, unha voluptuosa nova famenta de amor e carente de astucia, vive nun pobo onde as tradicións están fondamente arraigadas, pero soña con algo distinto do que a vida pode ofrecerlle alí.

Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero

"Más de 90 pintores traballaron en catro estudos en Polonia, Lituania, Ucraína e Serbia para realizar as meticulosas reproducións das obras de artistas polacos que serven de fondo, e de guía, para recrear a atmosfera daquela época nesta película singularmente innovadora."
(CCPF)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 









Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.

Pregamos puntualidade.


Dada a situación habitual desta época do ano, lembramos usar a máscara de protección dentro da sala para así previr o contaxio de catarros ou de COVID...que aínda sigue!.


Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].

----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1



Ningún comentario: