Proxéctase durante os meses de setembro-outubro do 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …
16
Set.
2015
Mérc.
«Nightcrawler»
Dirixida por Dan Gilroy · (2014)
Tras ser testemuña dun accidente, Lou Bloom (Jake Gyllenhaal), un apaixonado mozo que non consegue atopar traballo, descobre o mundo do xornalismo criminalista.
Comparte o evento ❯❯
23
Set.
2015
Mérc.
«Blue Ruin»
Dirixida por Jeremy Saulnier · (2013)
Dwight é un vagabundo de vida tranquila, un trintaneiro sen teito que vive no seu coche, un destartalado Pontiac azul. Deambula pola cidade e sobrevive recollendo botellas na praia, ata que un día a súa rutina se trastorna ao decatarse dunha terrible nova. Isto lévalle a tomar unha decisión descabelada e a voltar á casa da súa infancia para levar a cabo unha estraña vinganza.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
30
Set.
2015
Mérc.
«Map to The Stars»
Dirixida por David Cronenberg · (2014)
Un conto moderno sobre a obsesión pola popularidade. Stafford Weiss é terapeuta e escribe libros de autoaxuda. Ten unha muller sobreprotectora, un fillo antiga estrela da TV en rehabilitación e unha filla que acaba de saír do psiquiátrico. A principal cliente de Stafford é unha famosa actriz, a piques de interpretar o papel que fixo a súa nai nos anos 60.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
7
Out.
2015
Mérc.
«A Most Violent Year» · O Ano máis Violento
Dirixida por J.C. Chandor · (2014)
New York, ano 1981 —segundo as estatísticas, o ano con máis crimes e atracos da historia na cidade—. O inmigrante hispano Abel Morais (Oscar Isaac) e a súa muller Anna (Jessica Chastain) acadan sacar adiante con éxito a súa empresa de distribución e venda de gasóleo. Agora están a piques de conseguir a última peza do seu soño americano: mercar un cotizado terreo fronte ao río Hudson, un enclave que lles permitirá expandirse no negocio e superar á súa competencia. Pero a violencia que sofren no transporte dos seus camións e unha investigación policial ameazan con destruír todo o que acadaron até ese momento.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
Horarios CUT+2
Esta tempada, poñemos a proba a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Axúdanos coa túa participación e tamén a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario