Como sempre por estas datas, volta cinema na praza, máis imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, este ano será os luns de agosto ás 22 h, acceso de balde na praza de San Marcial de Ourense.
1
Ago.
2016
Luns
Sesión de curtametraxes: Pixar
28 anos de animación

Coas curtas: «Ratatouille: Your Friend the Rat» · A Túa Amiga a Rata de Jim Capobianco, «Presto» de Doug Sweetland, «Burn-E» de Angus MacLane, «Partly Cloudy» · Parcialmente Nubrado de Peter Sohn, «Up: Dug's Special Mission» · A Misión Especial de Dug de Ronnie Del Carmen, «George & A.J.» de Josh Cooley, «Day & Night» · Día e Noite de Teddy Newton, «Toy Story Toons: Hawaiian Vacation» · Vacacións en Hawai de Gary Rydstrom, «Air Mater» de Rob Gibbs, «Toy Story Toons: Pequeño gran Buzz» · Pequeno gran Buzz de Angus MacLane, «A Cars Toon; Mater's Tall Tales: Time Travel Mater» · Mate viaxa no Tempo de Rob Gibbs, «La Luna» · A Lúa de Enrico Casarosa.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
22 h. (CEST)
De balde
8
Ago.
2016
Luns
«Tangerine»

Dirixida por Sean Baker · (2015)
Na véspera de Nadal, a prostituta transxénero Sen-Dee Rella, que acaba de cumprir unha sentenza en prisión, atópase coa súa amiga Alexandra, que a informa de que o seu noivo Chester estivo a enganala. Agora, Sen-Dee Rella iniciará unha procura pola cidade para descubrir a verdade.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
22 h. (CEST)
De balde
22
Ago.
2016
Luns
«Die Abenteuer des Prinzen Achmed» · As Aventuras do Príncipe Achmed

Dirixida por Lotte Reiniger · (1926)
O día en que se celebra na cidade o aniversario do gran califa aparece o poderoso bruxo e presenta a súa obra milagrosa: un cabalo que pode voar polo aire. O Califa quere posuír, custe o que custe, o devandito corcel máxico. O filme será musicado en directo polo grupo Caspervek.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
22 h. (CEST)
De balde
29
Ago.
2016
Luns
«Bronenosets Potyomkin» · O Acoirazado Potemkin

Dirixida por Sergei M. Eisenstein · (1925)
Baseada en feitos reais acaecidos en 1905, narra como a tripulación do acoirazado Príncipe Potemkin de Táurida cansa do tratamento vexatorio e inxusto dos oficiais. O detonante da situación é a carne podrecida que estes queren que coman os mariñeiros. Con este motín comeza o regueiro revolucionario por Odesa e toda Rusia. O filme será musicado en directo polo grupo Caspervek.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
22 h. (CEST)
De balde
Aínda que coas témporas anticípase un tempo sen choiva até setembro, un erro nese prognóstico obrigaríanos a alterar a programación.
Horarios CUT+2
Participa co cineclube, e comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectamos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario