Ofrecémosvos o necesario antídoto cultural á vaga deportiva que nos asoballa, será no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia, como aperitivo do elixir da Mostra Internacional de Teatro.
Nesta edición das «Marxes Fílmicas» presentámosvos unha escolma do cinema brasileiro, grazas á colaboración da Embaixada de Brasil (Embaixada do Brasil) en Madrid, onde poderás ollar filmes que doutro xeito serían inaccesibles pola distribución convencional.
As fitas proxéctanse na primeira e segunda semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 4, 6, 11 e 13 de xullo do 2016 nunha única sesión, ás 22:30 h. en VOSE e acceso de balde.
De seguido o detalle da programación:
4 Xullo 2016
luns
«Edifício Master» · Edificio Master
Dirixida por Eduardo Coutinho · (2002)
Sete días compartidos coa vida diaria das familias que habitan nun edificio residencial de 276 apartamentos en Copacabana. As historias que a cámara vai revelando son, entre outras, a dunha parella de idade madura que se atopou por medio dun aviso clasificado; a dunha prostituta que mantén á súa filla e a unha irmá; e a dun porteiro que sospeita que o seu pai adoptivo é en realidade o seu verdadeiro pai, entre outras. Elas van formando un panorama da actual vida urbana en Brasil.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
22:30 h. (CEST)
De balde até completar o aforamento (60 persoas aprox.)
6 Xullo 2015
mérc.
«Terra Estrangeira» · Terra Extranxeira
Brasil, marzo de 1990. O plan económico do goberno brasileiro de Collor empuxa ao país ao caos. A vida de Paco, un novo estudante paulista, se desmoroa coa morte da súa nai e acaba co seu soño de ser actor. Paco decide abandonar o seu país e marcharse a España, a terra da súa nai, aceptando levar antes a Lisboa un obxecto de contrabando. Alí coñece a Álex, o amor e o perigo de morrer…
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
22:30 h. (CEST)
De balde até completar o aforamento (60 persoas aprox.)
11 Xullo 2015
luns
«Entreatos»
Dirixida por João Moreira Salles · (2004)
No período dun mes do ano 2002, o candidato á presidencia da República de Brasil, D. Luís Inácio Lula dá Silva, foi acompañado polo cineasta João Moreira Sáelles, para reflectir os bastidores da súa campaña; revélanos un momento histórico con material exclusivo, conversacións privadas, reunións e chamadas estratéxicas, o periplo e os seus discursos electorais.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
22:30 h. (CEST)
De balde até completar o aforamento (60 persoas aprox.)
13 Xullo 2015
mérc.
«Última Parada 174»
Dirixida por Bruno Barreto · (2008)
Obra de ficción que fai unha relectura do documental «Omnibus 174» realizado por José Padilha. Baséase na historia do sobrevivente dunha matanza de oito nenos esmoleiros, perpetrada pola policía nunha igrexa de Río de Janeiro, en xullo de 1993. Algúns anos despois, o mozo secuestrou o omnibus 174 e retivo once reféns durante cinco horas.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
22:30 h. (CEST)
De balde até completar o aforamento (60 persoas aprox.)
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
(horarios CUT+2)
Ningún comentario:
Publicar un comentario