Cumprindo o hábito estival, no verán da nova normalidade voltamos ao cinema na praza, nesta ocasión por avatares borbónicos máis actual e estimulante para as noites de verán; nunha única sesión, dos luns de agosto ás 21:30 h, acceso de balde e con limitación de aforo e obrigada separación de asentos.
(Podedes consultar o noso protocolo de seguridade; aquí)
Tomen asento e sexan benvidas. As proxeccións serán na Praza da república (o novo espazo que hai entre a Biblioteca pública "Nós" e o Arquivo histórico provincial de Ourense), agás a primeira proxección que será na Asociación Andén primeiro; Av. Marín 23 de A Ponte.
De seguido o detalle da programación.
10
Ago.
2020
Lun.
«Young Frankenstein» O noviño Frankenstein

Mel Brooks · (EUA, 1974) 105 min. [A] VOSE
O novo doutor Frederick Frankenstein, un neurocirurxián norteamericano, trata de escapar do estigma legado polo seu avó, quen creou anos atrás unha horrible criatura. Pero, cando herda o castelo de Frankenstein e descobre un estraño manual científico no que se explica paso a paso como devolverlle a vida a un cadáver, comeza a crear o seu propio monstro.
Premios
1974: 2 nomeamentos ao Óscar: Mellor guión adaptado, son
1974: 2 Nom. Globos de Ouro: Actriz ( Leachman) musical/comedia, actriz sec. ( Kahn)
“A delirante parodia de Mel Brooks do clásico de Mary Shelley pronto se converteu nun clásico da comedia do terror.”.
(Filmaffinity)
Premios
1974: 2 nomeamentos ao Óscar: Mellor guión adaptado, son
1974: 2 Nom. Globos de Ouro: Actriz ( Leachman) musical/comedia, actriz sec. ( Kahn)
“A delirante parodia de Mel Brooks do clásico de Mary Shelley pronto se converteu nun clásico da comedia do terror.”.
(Filmaffinity)
SESIÓN:
COTA:
21:30 h. (CEST) «Asoc. Andén 1º (Av. Marín núm. 23)», A Ponte
De balde (até completar o aforo limitado)
17
Ago.
2020
Lun.
«Stand by me» Conta comigo

Rob Reiners · (EUA, 1986) 86 min. [A] VOSE
ATENCIÓN
Por causas meterolóxicas, aprázase a proxección para o mércores 19 de agosto, ás 18 e 21 horas na casa da Cultura (Rúa do Concello núm.11)
Nun pequeno pobo de Oregón, catro adolescentes lánzanse á aventura de buscar a un raparigo desaparecido. Xogando a ser heroes, o intelixente Cornie, o rudo e sentimental Chris, o extravagante Teddy e o medorento Vern penétranse nun ambiente hostil no que deberán valerse por si mesmos.
Premios
1974: 2 nomeamentos ao Óscar: Mellor guión adaptado, son
“Unha das adaptacións de máis sona dunha historia de Stephen King”.
(Andrew Collins, Radio Times)
SESIÓN:
COTA:
21:30 h. (CEST) «Casa da cultura», Antiga Biblioteca pública
De balde (até completar o aforo limitado)
24
Ago.
2020
Lun.
«Take the money and run» Colle os cartos e lisca

Woody Allen · (EUA, 1969) 85 min. [A] VOSE
Unha serie de entrevistas, con quen o coñeceu, introdúcenos na vida do incompetente atracador Virgil Starkwell, que desde o principio estivo abocado á delincuencia: durante a súa infancia viviu sometido e humillado polos mozos máis fortes, e cando descubriu que a súa carreira musical non tiña futuro, a Virgil non quedou máis remedio que roubar, pero o seu escaso talento pronto o conduciría ao cárcere.
Premios
1969: Sindicato de Guionistas ( WGA): Nomeada a Mellor guión orixinal comedia
“O asombroso é o ben que funciona todo o tempo. Allen fixo unha película que é, en verdade, un comedia de longa duración, algo moi especial, excéntrico e divertido.”.
(Vincent Canby, The New York Times)
Premios
1969: Sindicato de Guionistas ( WGA): Nomeada a Mellor guión orixinal comedia
“O asombroso é o ben que funciona todo o tempo. Allen fixo unha película que é, en verdade, un comedia de longa duración, algo moi especial, excéntrico e divertido.”.
(Vincent Canby, The New York Times)
SESIÓN:
COTA:
21:30 h. (CEST) «Praza da República», fronte a Biblioteca pública Nós
De balde (até completar o aforo limitado)
Advertimos como sempre no cine ao aire libre, que a programación pode verse condicionada polas circunstancias meteorolóxicas.
Horarios CUT+2
Participa co cineclube, e comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectamos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios.
Todas as proxeccións son en VOSE. A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apto, [+N] recomendado para maiores da idade que marque N, [ND] Non dispoñible a calificación no ICAA.
Pregamos pontualidade e respecto ao resto do público, mantento a máscara como signo de responsabilidade social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario