Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase desde finais de abril ao mes de xuño na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os seguintes filmes…(Atentos/-as aos horarios dalgunhas sesións)
29
Abr.
2019
Lun.
«Ugetsu monogatari» · Contos da lúa pálida
Kenji Mizoguchi · (Xapón, 1953) 96 min. [VOSE]
Xapón, século XVI. Durante a guerra civil, os aldeáns Genxuro e Tobei pretenden facer fortuna: Genxuro como alfareiro e Tobei como samurai. Ambos deixan ás súas esposas abandonadas para cumprir cos seus ambiciosos soños. A misteriosa Lady Wakasa, outra vítima da guerra, cruzarase no camiño de Genxuro.
Premios
1953: Festival de Venecia: León de Prata
"Obra mestra do cine mundial. (...) Apaixonante e belísima película sobre a procura imposible da felicidade."
(Fernando Morales, El País)
Premios
1953: Festival de Venecia: León de Prata
"Obra mestra do cine mundial. (...) Apaixonante e belísima película sobre a procura imposible da felicidade."
(Fernando Morales, El País)
6
Mai.
2019
Lun.
«Leuchtturm des Chaos» · Pharos of Chaos
A irresistible personalidade dun Sterling Hayden xa retirado en Francia descóbrenos neste magnético documental unha figura que vai alén do actor que nos namorou en La jungla de asfalto ou Johnny Guitar. Botando a vista atrás só tres anos antes da súa morte, o intérprete, experto mariñeiro, relátanos como chegou a comandar un convoi de 400 barcos con provisións para os partisanos iugoslavos asediados polo exército alemán ou como, moito antes diso, xa dera a volta ao mundo no seu navío. Este flirtear con Tito levouno a vincularse fugazmente ao partido comunista, polo que tivo que render contas ante o Comité de Actividades Antiestadounidenses. Baixo ameaza delatou a varios dos seus compañeiros, o que lle valeu apoios en Hollywood mais deixoulle unha fonda ferida que tentaría pechar coa bebida e que acabaría por repercutir na súa decisión de deixar a actuación. Estes e outros acontecementos son os que confesa ante a cámara de Bühler, quen tamén adaptaría a súa aclamada autobiografía á gran pantalla.
""Unha das mellores historias que esconde a idade de ouro de Hollywood"
(Gregorio Belinchón, El País)
""Unha das mellores historias que esconde a idade de ouro de Hollywood"
(Gregorio Belinchón, El País)
13
Mai.
2019
Lun.
«Dhogs»
Andrés Goteira · (España, 2017) 85 min. [VOG]
Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do alude de acontecementos que a arroiará nas próximas horas. Unha fugaz aventura cun executivo será o preámbulo cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control.
Premios
2017: Festival de Sitges: Sección oficial
2017: Split Film Festival (Croacia): Mellor longametraxe
""Goteira manexa o ritmo, e principalmente as imaxes, con pericia, convertendo a 'Dhogs' nunha experiencia silenciosamente inquietante"
(Jonathan Holland, The Hollywood Reporter)

SESIÓN:
COTA:
20:30 e 23 h. (CUT+1)
De balde
20
Mai.
2019
Lun.
« Faces» · Rostros
John Cassavetes · (EUA, 1968) 130 min. [VOSE]
Richard Forst, un home de negocios de mediana idade e casado, ten unha aventura cunha nova e inmediatamente pídelle o divorcio á súa muller, á que abandona para irse a vivir co seu amante. Mentres tanto, a súa muller coñece a un tipo nun bar e pasa a noite con el. Á mañá seguinte, Richard volve á súa casa..
Premios
1968: Venecia: Premio Pasinetti (Mellor Filme), Copa Volpi a Mellor Actor (Marley)
"De lonxe a máis potente, crúa e importante película americana do ano (...) unha película tan boa que hai que vela para crelo."
(Renata Adler, THE NEW YORK TIMES)

27
Mai.
2019
Lun.
«The Killing of a Chinese Bookie» · O asasinato dun corredor de apostas chinés
John Cassavetes · (EUA, 1976) 135 min. [VOSE]
Cosmo Vitelli, un veterano da Guerra de Corea (1950-1953) con débedas de xogo, posúe un local de striptease nas Vegas. Cando perde 23.000 dólares nunha partida ilegal, os acreedores suxírenlle que pague a débeda cun asasinato.
"Unha 'mini-Chinatown' visualmente asombrosa e estéticamente extravagante!"
(Newsweek)
"Unha 'mini-Chinatown' visualmente asombrosa e estéticamente extravagante!"
(Newsweek)
3
Xuñ.
2019
Lun.
«La estrella errante» · A estrela errante
Alberto Gracia · (España, 2018) 67 min. [VOSE]
(Coa presenza do director)
En 1984, a banda punk Os Fiambres publicou un disco de culto, O lado escuro do rocanrol. Esta viaxe lisérxica e irónica empeza trinta anos despois con Rober Perdut, o seu cantante, nunha sesión de fotos nunha estación de autobuses.
"A película é a creación de sensacións a través de imaxes, aparentemente inconexas, pero das que calquera é capaz de extraer diferentes lecturas."
(noshacemosuncineenorion.blogspot.com)

10
Xuñ.
2019
Lun.
«Da xiang xi di er zuo» · An Elephant Sitting Still
Hu Bo · (China, 2018) 234 min. [VOSE]
Un día desde o amencer ata o anoitecer, con varios personaxes intentando tomar un tren para escapar da espiral descendente na que se atopan.
"O último plano, un dos máis fermosos do cine recente, culmina esta película con serenidade conmovedora, con humildade infrecuente"
(Carlos Losilla, Caimán)
"O último plano, un dos máis fermosos do cine recente, culmina esta película con serenidade conmovedora, con humildade infrecuente"
(Carlos Losilla, Caimán)
Existe unha recomendación xeral, para públicos maiores de 16 anos (Agás os indicados [A]; para todas as audiencias).
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario