Miradas etnográficas
Oriente/Occidente
O documental do mes
Filmoteca CGAI
Sesión especial: 25-N en negro
O esquema spengleriano ("A decadencia de Occidente" de Oswald Spengler), definía unha serie de trazos distintivos que se manifestaban en todas as culturas por igual enmarcándoas aos acontecementos particulares. Con base a ese esquema e aplicando un método que el chamou a “morfoloxía comparativa das culturas”, Spengler proclamou que a cultura occidental atopábase na súa etapa de vellez ou a punto do final.
A evolución no tempo da cultura oriental con reflexo e influecias entre si, fai predicir o mesmo camiño de enfermidade. Ambas conviven nunha desaforada carreira ao precipicio, que en occidente identificamos como capitalismo e no outro lado denominan "reforma económica". En calquera caso, tomando prestada a estrutura de Spengler, observamos na primeira película do ciclo, a evolución de China a través de dous matrimonios. Tamén veremos o amor e desamor, os salarios de miseria e xornadas de escravitude polo ben común ou polo do capital.
Todo avanza, a tecnoloxía, a vida, o amor...vivimos unha estraña viaxe desde a inexistencia á inexistencia, como a democracia; esa feliz máscara do capitalismo mundial que pode viaxar de oriente a occidente a golpe de click ou en incómodas escalas en apretados artefactos voadores.
Desta vez, o avance visual [.mp4 • 20'7 MB]
que adianta a programación reflexiona precisamente sobre o paso do tempo, algo substancial para nós precisamente no ano que pechamos, a piques de cumprir medio século de vida.
(Atención ao horario do 13 de novembro e ás sesións do 25 e 28 de novembro.)
«A viaxe de Ruth»
«Di jiu tian chang» Deica sempre, meu fillo
Premios
2019: Festival de Berlin: mellor actor e actriz
"Uns actores inspirados en estado de graza, unha sublime montaxe e uns flash- backs impecables, que explican a situación no instante adecuado da narración, a película de Wang Xiaoshuai gózase como un inesquecible momento cinematográfico"
(Carlos Loureda, FOTOGRAMAS)
«What Waala wants»
Premios
2018; Nominación ao Mellor documental "Glashütte Original", Berlinale - Alemaña
2018; Premio especial do xurado ao mellor documental canadense, Hot Docs - Canadá
(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)
«A imaxe reb/velada»
«Jiao qu de niao» Suburban birds
Premios
2019: Festival Novos cinemas; mellor longametraxe
"Qiu mostra unha facilidade notable, xa que pacientemente engade capa sobre capa a un misterio que quere permanecer un. Non se trata dun filme de crebacabezas, pero os seus extremos resultan evasivos. As súas observacións sobre a expansión das paisaxes urbanas de China lembran o traballo de Jia Zhangke ("A cinza é o branco máis puro") , mentres que o seu silencio case místico ten acentos que un recoñece nas películas de Apichatpong Weerasethakul. "
(Glenn Kenny, THE NEW YORK TIMES)
«Els dies que vindran» Os días que virán
Premios
2019: Festival de Málaga: Biznaga de ouro, mellor actriz e mellor dirección
"Unha pequena gran película"
(Paula Arantzazu, CINEMANÍA)
«Mar de terra»
Visión personal e diferente dunha tradición, a do Entroido, que viaxa ao fondo das emocións. Percorre os entroidos de Laza, Xinzo, Verín, Manzaneda, Santiago de Arriba (Chantada) ou Viana do Bolo e mistúrase coa música do acordeón de Kepa Junkera.
«25-N en negro»
16 de decembro
Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado a outro. Os corpos buscan introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vinte e cinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai buscar ao seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.
Suc de Síndria
Bárbara e Pol vanse uns días de vacacións. Rodeados de natureza e amigos, buscan pasalo ben e á vez atopar un espazo tranquilo para gozar da súa intimidade.
Co apoio de Pol, no medio da natureza, entre bágoas e risas, Bárbara aprende a soltarse, sanar vellas feridas e redefinir a súa sexualidade.
«Jiang hu er nv» A cinza é o branco más puro
Premios
2018: Festival de Cannes: sección oficial
"É fermosa, violenta e tormentosa...impresionate en todos os sentidos"
(Oti Rguez. Marchante, ABC)
«Un violent désir de bonheur» Un violento desexo de felicidade
Premios
2019: Festival Novos cinemas; mención especial do xurado
"A economía de medios obriga a limitarse ás fermosas intencións, dunha película histórica á marxe que se converte nun conto vitalista e teatral."
(Pharaon de Winter, TÉLÉRAMA)
«Glittering misfits»
Dirty Martini e Tigger!, estrelas do underground neoiorquino, descubrirannos algúns dos segredos das súas provocativas e reivindicativas formas de expresión artística en night-clubs e cabarets do Off- Off-Broadway de Nova Iorke. Ao mesmo tempo, permitirannos entender desde a súa intimidade cotiá os motivos, as loitas e as claves que lles manteñen como figuras e referentes do neo- burlesque, máis de 20 anos despois de que todo este fenómeno explotase na cidade na década dos 90.
«Hamada»
"Cunha dirección de fotografía impresionante, unha banda sonora pegadiza e encantadoras historias persoais, Eloy Domínguez Serén logrou ofrecer un retrato único dunha situación complexa que está practicamente estancada."
(Chris Frieswijk, CINEUROPA)
«Sorry we missed you»
Premios
2019: Festival de San Sebastián: premio do público - mellor filme europeo
"Unha das mellores películas do século XXI. A visceralidade de Loach, a perpetua intención (e dereito) a querer mudar o mundo, aparecen aquí cunha emocionante tenrura, expostas por un grupo admirable de intérpretes"
(Javier Ocaña, EL PAÍS)
«Sophia Antipolis»
Premios
2019: Festival Novos cinemas; premio do xurado novo
"Hai unha tensión dialéctica permanente entre o superficial e o profundo...semella un filme filmado por un extraterrestre."
(Victor Esquirol, OTROSCINESEUROPA.COM)
«Di qiu zui hou de ye wan» Longa viaxe cara á noite
Premios
2018: Festival de Cannes: Un certain regard
"Fascinante obra mestra cun final inesqueciclo...é unha obra de arte imborrable"
(Marta Medina, EL CONFIDENCIAL)
«When tomatoes met Wagner»
Premios
2019; Berlinale - Alemaña
2019; Thessaloniki International Film Festival – Grecia
2019; Visions du Réel Film Festival – Suiza
2019; DocsBarcelona – España
(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)
«Vertigo» Vertixe
"Un dos cumios da obra de Hitchcock puntuado pola sublime banda sonora de Bernard Herrman. Uso virtuoso do zoom, despregamento histórico do delirio da mirada e as posibilidades visuais na plasmación do persoal manierismo do artista británico, posúe unha fonte inesgotable de elementos e temas (a paixón amorosa, a identidade esluída, o dobre, a obsesión,…) con inspiradas e admirables sorpresas narrativas."
(CGAI)
«La chute de l´empire américain» A caída do imperio americano
Premios
2018; festival de Valladolid - Seminci: FIPRESCI
"Divertida, vicarialmente excitante e punzante na observación dos comportamentos sociais, é segura recomendación para públicos intelixentes"
(Mirito Torreiro, FOTOGRAMAS)
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [R>7] recomendado para maiores de 7 anos, [R>12] recomendado para maiores de 12 anos, [R>16] recomendado para maiores de 16 anos, [R>18] recomendado para maiores de 18 anos, [SC] sen clasificar.
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Ningún comentario:
Publicar un comentario