Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectaremos os seguintes filmes durante xaneiro e febreiro de 2020, no salón de actos da Casa de Cultura, onde estaba a Biblioteca (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, os seguintes filmes…
20
Xan.
2020
Lun.
«La strada»
Federico Fellini · (Italia, 1954) 103 min. [ND] VOSE
Unha moza que traballa para un artista ambulante chamado Zampanó (Anthony Quinn) morre, e a súa nai toma a Xelsomina (Giulietta Masina), tamén filla súa e véndea ao artista. A pesar do carácter violento de Zampanó, a rapaza séntese atraída polo estilo de vida da rúa, sobre todo cando o seu dono a inclúe como parte do espectáculo. Xelsomina aprende rapidamente o oficio de artista e amosa gran talento, mais non se sente apreciada por Zampanó e nun momento decide abandonalo e volver a casa. Zampanó atopa a Xesolmina e obrígaa a regresar con el.
Premios
1956: Óscar: Mellor película de fala inglesa.
1954: Festival de Cine de Venecia: León de Plata
"A película faime chorar. (...) é conmovedora non só polo destino dos seus protagonistas (...), se non tamén porque podemos vernos neles"
(Michael Tait, THE GUARDIAN)

27
Xan.
2020
Lun.
«La felicidad de los perros»
David Hernández · (España, 2019) 79 min. [R>12] VOE
César é un home de 40 anos. Está casado con Sara e teñen unha filla de dous anos. Sara leva moito tempo apoiando economicamente á familia co salario dun salón de peiteado e intenta apoiar a César para sacalo da súa vida rutineira. Pero algo pasa dentro de César e iso cambia o transcurso da súa vida.
Premios
2019: Festival Primavera do cine; premio do público, premio xurado mellor longametraxe galega.
2018: FICXIXÓN; sección internacional Rellumes
"Seguindo o ronsel de cineastas aos que admira Hernández, como Ozu, Dreyer e Bresson, optou pola sobriedade narrativa e a contención formal que configuran este mundo desesperado, grisáceo e carente de oportunidades, que acaba por anular o ser humano"
(Alfonso Rivera, CINEUROPA.ORG)

3
Feb.
2020
Lun.
«Longa noite»
Eloy Enciso · (España, 2019) 90 min. [A] VOG
Durante a posguerra española, Anxo regresa ao seu pobo no interior de Galicia. Alí crúzase con outros personaxes, gañadores e vencidos dunha España dividida: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano que describe o seu calvario. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse na longa noite franquista. As pantasmas que todos crían esquecidas invaden o presente.
Un retrato do impacto íntimo dunha guerra atravesado pola súa memoria literaria: Max Aub, Luis Seoane, Alfonso Sastre, Ramón de Valenzuela, Rodolfo Fogwill.
Premios
2019: Festival de Locarno, Premio FIPRESCI á mellor dirección
2019: Festival de Mar del Plata, Mención Especial da Competencia "Estados Alterados"
"Un monumento á memoria feita verbo. Un dos grandes títulos de 2019"
(Fran Gayo, SOFILM)

10
Feb.
2020
Lun.
«Eroski-Paraíso»
Antonio e Eva coñecéronse na discoteca Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada e, pasados uns meses, casaron e tiveron a Alexandra. No ano 2019 Alexandra medrou e converteuse nunha prometedora cineasta que regresa á casa para filmar un documental sobre a vida de seus pais. Pero Antonio e Eva agora están divorciados, levan anos sen verse e a vella discoteca onde se coñeceran transformouse nun supermercado Eroski.
"A partir da obra homónima da compañía de teatro Chévere, recrea o escenario e o proceso de rodaxe da película que Alex (Cris Iglesias) quere facer sobre os seus pais...A historia das discotecas de moda, dos lugares onde se coñeceron nais e pais da nosa xeración, hoxe abandonadas ou reconvertidas en novos espazos...Somos nós, dalgunha maneira"
(María Villamarín, ACUARTAPAREDDE.COM)

17
Feb.
2020
Lun.
«El hoyo (The platform)» A plataforma
Galder Gaztelu-Urrutia · (España, 2019) 94 min. [R>18] VOE
O futuro, nunha distopia. Dúas persoas por nivel. Un número descoñecido de niveis. Unha plataforma con comida para todos eles. Vostede é dos que pensa demasiado cando está arriba? Ou daqueles que non teñen tripas cando caen? Se o descubres demasiado tarde, non sairás do burato vivo
Premios
2019: Festival de Toronto: Sección Madness Madness: Premio do público
2019: Festival de Cine de Sitges: Premio á Mellor Película, Dir. Novela, FX e Público
2019: Premios Goya: nomeado como mellor novo director, guión orixinal e efectos especiais.
"Boa ciencia ficción distópica ao estilo español (...) unha película a medio camiño entre 'High-Rise' (2015) e 'Cube' (1997)"
(Eulàlia Iglesias, ELCONFIDENCIAL.COM)

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [R>7] recomendado para maiores de 7 anos, [R>12] recomendado para maiores de 12 anos, [R>18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario