Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre xaneiro e febreiro de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]
22
Xan.
2025
Mérc.
«Les pires» Os peores
Unha rodaxe vai empezar na barriada Picasso, en Boulogne-Sur-Mer, ao norte de Francia. Durante o casting, catro adolescentes (Lily, Ryan, Maylis e Jessy) son elixidos para participar na película. No barrio, todos sorpréndense: por que escoller só a «os peores»?
Premios
2022: Festival de Cannes; Gran premio “Un certain regard”
"Reflexiva e ás veces oscuramente divertida"
(Anna Smith, Deadline)
29
Xan.
2025
Mérc.
«Amal»
Jawad Rhalib · (Bélxica, 2023) 111 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,85:1 [+16] VOSE
Amal, unha profesora francesa dun instituto de Bruxelas, anima aos seus alumnos para cultivar a paixón pola lectura, defender a liberdade de expresión e promover a tolerancia. Con todo, as súas ideas molestan a algúns alumnos e compañeiros vinculados co extremismo islámico, totalmente oposto aos seus métodos de ensino. Aínda así, Amal mantense firme, especialmente cando ten que axudar a Monia, unha das súas estudantes, unha moza reservada á que atacaron, acosada e ameazada polas sospeitas sobre a súa homosexualidade.
Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA)
Premios
2024: Festival internacional de Tallin (PÖFF); mellor actriz (Lubna Azabal)
"Conmovedora e alarmante"
(Le Figaro)
5
Feb.
2025
Mérc.
«Las chicas de la estación»
Juana Macias · (España, 2024) 115 min. Cor. AR 2,34:1 [+16] VOE
Jara, Álex e Miranda son tres mozas que creceron nun centro de menores sen saber que é o amor. É o aniversario de Jara e as tres queren celebralo no concerto do seu trap queen preferida. Necesitan diñeiro e non teñen moitas opcións para conseguilo. Pero coñecen a unha moza algo maior que se dedica a conseguir citas con adultos nos baños da estación de autobuses, e que hai tempo vénlles ofrecendo gañar algo de diñeiro fácil.
Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA)
"Unha historia demoledora coa que resulta inevitable sobrecollerse e nas que destacan as tres magníficas debutantes"
(Javier Ocaña, El País)
12
Feb.
2025
Mérc.
«Emilia Pérez» (Anulada)
Jacques Audiard · (Francia, 2024) 130 min. Cor. AR 2,35:1 [+16] VOSE
*(Anulada): Sentimos anunciar que, non poderemos proxectar Emilia Pérez, cuxos dereitos xestiona Wanda films.
Tiñamos un compromiso polo cal non podíamos anunciala antes do 15 de xaneiro. Nós cumprimos, mais lamentablemente a distribuidora decidíu mudar as condicións o 17 de xaneiro (unha vez anunciada a programación), polo que vémonos na obriga de suspender o día sinalado sen posibilidades, polas datas, de reprogramar outro filme. Pregamos desculpas polo incomodo e falta de seriedade alleas ao Cineclube
México, hoxe. A avogada Rita recibe unha oferta inesperada. Ten que axudar un temido líder dun cártel a retirarse dos seus negocios e desaparecer para sempre converténdose na muller que sempre soñou ser.
Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA).
Premios
2024: Festival de Cannes; mellor actriz (Zoe Saldana, Selena Gomez, Karla Sofía Gascón e Adriana Paz)
2024: Cine Europeo (EFA); 5 premios, incluíndo mellor filme e mellor actriz (Karla Sofía Gascón)
2024: Globos de Ouro: 4 premios, incluíndo mellor filme.
"Un musical-nacorcorrido-trans tan delicado como brutal, brillante en cada un dos seus xestos máis escuros e irresistible de puro disparatado"
(Luis Martínez, El Mundo))
19
Feb.
2025
Mérc.
«Quand vient l'automne» Cando cae o outono
François Ozon · (Francia, 2024) 102 min. Cor. AR 1,85:1 [+12] VOSE
Michelle, unha avoa en plena forma en todos os aspectos, vive unha xubilación tranquila nunha pequena vila da Borgoña, onde tamén reside Marie-Claude, a súa mellor amiga. O día de todos os santos, a súa filla Valérie vén vela coa idea de deixarlle o seu neto Lucas durante a semana de vacacións escolares. Pero nada sucederá como estaba previsto.
Premios
2024 SSIFF; mellor interpretación de reparto (Pierre Lottin) e mellor guión.
"Baixo a aparencia dunha pequena e serena peza outonal, François Ozon entrega esta vez un retorto e felizmente transgresor apólogo moral que reivindica o sentido e a necesidade das segundas oportunidades"
(Carlos F. Heredero, Caimán)
26
Feb.
2025
Mérc.
«Des Teufels Bad» O baño do demo
Severin Fiala e Veronika Franz · (Austria-Alemaña, 2024) 121 min. Cor. Dolby dixital AR 1,85:1 [+12] VOSE
Austria, século XVIII. Pobos rodeados de profundos bosques. No alto dun outeiro, unha muller foi executada e exposta á vista de todos tras matar a un bebé. Como proba. Como advertencia. Como un presaxio? Agnes, profundamente relixiosa e moi sensible, casa co seu amado Wolf e prepárase candidamente para unha vida de esposa. Pouco despois, a súa cabeza e o seu corazón empezan a sentirse pesados. Día tras día, vese cada vez máis atrapada nun camiño turbio e solitario que a conducen aos malos pensamentos. Quizais... non só pensamentos.
Premios
2024: Festival de Berlín: Oso de Prata
2024: Premios do Cinema Europeo (EFA): Mellor deseño de vestiario.
2024: Festival de Sitges: Mellor película.
"Veronika Franz e Severin Fiala sorprenden cun filme de horror folclórico (...) apela ao terror psicolóxico desde imaxes tan inquietantes como fermosas, que nunca buscan o susto, senón un profundo malestar"
(Elsa Fernández-Santos, El País))
> Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as, con actualización das cotas anuais.
A actualización das mesmas por acordo da pasada asemblea (11/01/25), configúranse en 14 euros ano, con posibilidade de desconto a estudantes, parados, pensionistas e posuídores do carné da Biblioteca pública Nós, co prezo de 7 euros.
O acceso ás sesión de filmoteca dos luns é de balde para os socios/as e de 3 euros para os non asociados/as.
O acceso ás sesións dos mércores permanece invariable e indistintamente en 5 euros. En sesións de alta demanda, os/as socios/as terán acceso preferente ata 15 minutos antes da hora en que estea fixada a sesión.
O acceso ás sesións maxistrais dos domingos é exclusivo a socios/as e de balde.
O acceso ás sesións maxistrais dos sábados; infantis é de balde para os socios/as (e acompañantes) e de 3 euros para os non asociados/as.
O acceso ás sesión especiais ou outras, dependerá do anunciado en cada unha delas.
Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.
Pregamos puntualidade.
Lembre que se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID, pregamos use a máscara de protección dentro da sala para.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).
A continuación, pode consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario