12/10/24

Luns de filmoteca de outubro a novembro 2024

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos para rematar o ano 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]




21 Out. 2024
Lun.

«Rimini»

· (Austria, 2022) 115 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,85:1 [+18] VOSE

Richie Bravo, un outrora carismático cantante pop austríaco vindo a menos, pero aínda con notable tirón para algunhas mulleres maduras, verá como as voltas da vida poñeranlle fronte aos seus propios prexuízos raciais.

Premios
2022: Festival de cine de Xixón: Mellor película (Sección Albar)

"Unha fascinante e perturbadora película de Seidl, electrificada por un impresionante xiro central (...) Unha arrepiante e precisa historia que continúa escavando novos túneles na mente moito despois de terminar"
(Jessica Kiang, Variety)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).


28 Out. 2024
Lun.

«Puan»

e · (Arxentina, 2023) 111 min. Cor. AR 1,66:1 [+12] VOE

Marcelo (Marcelo Subiotto) dedicou a vida toda ao ensino de filosofía na Universidade de Buenos Aires. Cando o seu mentor morre de súpeto, asume que herdará a titularidade da cátedra vacante. Non imaxina que o carismático Rafael Sujarchuk (Leonardo Sbaraglia) volverá de Alemaña para disputarlle o posto.

Premios
2023: Festival de San Sebastián: Mellor interpretación protagonista (Subiotto) e guión

"Non posuía ningunha referencia do seu traballo [de Alché e Naishtat] pero foi un pracer coñecelo nesta rara e divertida película. (...) Hai poder de observación no complexo argumento (...) E están moi ben os intérpretes"
(Carlos Boyero, El País)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).


4 Nov. 2024
Lun.

«Opening night» Noite de estrea

· (EUA, 1977) 143 min. Cor. Mono. AR 1,85:1 [+12] VOSE

Myrtle Gordon é unha actriz de Broadway que se mete demasiado a fondo na pel dos seus personaxes, co que iso supón de desgaste persoal. Está a ensaiar unha obra na que encarna a unha muller que se nega a admitir que está a envellecer. Tras ser testemuña da tráxica morte dunha das súas fieis seguidores, terá que enfrontarse ao labirinto en que se converteu a súa vida persoal e profesional.

Premios
1978: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor actriz (Rowlands) e Interfilm - Otto Dibelius

"Un dos filmes máis aclamados do 'outsider' Cassavetes no que deconstrúe a incomprendida arte da interpretación da man dunha inmensa Gena Rowlands. Unha xoia a non perder "
(Andrés Castro, Sermos Galiza)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).


18 Nov. 2024
Lun.

«Not a pretty picture»

· (EUA, 1976) 83 min. /4K/ Cor. AR 1,33:1 [+16] VOSE

En 1962, aos 16 anos, a directora Martha Coolidge foi violada durante unha festa por parte dun compañeiro de clase maior que ela. Doce anos máis tarde, a cineasta examina esta agresión sexual vivida en carne propia e recrea as circunstancias que a rodearon cun grupo de actores nun loft de Nova York.

Unha película pioneira sobre a cultura do abuso e as súas consecuencias, que segue hoxe tan vixente como entón.

Filme especialmente recomendado (ICAA) para o fomento da igualdade de xénero


"Unha película terrible e exemplar sobre a cultura do abuso (...) unha obra imprescindible"
(Paula Arantzazu Ruiz Cinemanía)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).


25 Nov. 2024
Lun.

«Diários de Otsoga»

e · (Portugal-Francia, 2021) 102 min. Cor. AR 1,66:1 [+7] VOSE

Crista, Carloto e João están a construír un aireado invernadoiro para bolboretas no xardín. Os tres comparten rutinas do fogar, día tras día… E non son os únicos.

Premios
2021: Festival de Mar de Plata: Mellor director

"Gomes, sempre tan preto dalgúns aspectos do cinema de Éric Rohmer, estao aquí máis que nunca. (...) o seu relato non deixa de ser un conto de verán en tempos axitados, aínda que exposto co acougo habitual dos seus anteriores traballos."
(Javier Ocaña, El País)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).






Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.

Pregamos puntualidade.


Lembramos usen a máscara de protección dentro da sala para; se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID.


Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.

Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).



A continuación, pode consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].


----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1



Ningún comentario: