12/10/24

Cine de outono en Ribadavia. Feitos reais.

A pesar de que en moitas ocasións descoñécese o caso no que pode estar baseado un filme, como se adoita dicir, ás veces a realidade supera á ficción. Nas XII Miradas etnográficas deste ciclo de outono no Museo etnolóxico de Ribadavia, eliximos catro filmes recentes para radiografiar a sociedade e falar de drogas, educación, urbanismo, activismo, a fé e a propia lingua. Catro propostas narrativas baseadas en feitos reais, cunha grande capacidade de atención, reflexión e entretenemento para tratar temas necesarios, mesturados con música, humor e emoción.






  15 Nov. 2024
Ven.

«As neves»

· (España, 2024) 84 min. Cor. RA: 1,85:1 - [+12] VOG

As Neves é un pobo galego de montaña onde todos se coñecen. Na noite de Entroido un grupo de adolescentes fan unha festa e tómanse cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cunha tormenta de neve e a noticia de que Paula, unha das nenas da festa, desapareceu. Mentres tanto, a cidade está cortada e internet cae. Cada vez é máis urxente atopalo. Comeza unha investigación que provocará un cambio profundo nas súas vidas e na súa relación co mundo.

"Unha historia sincera (...) Unha estrea marabillosa (...) 'As Neves' non quere saber o que pasou (nin o que vai pasar), senón que invítanos a centrarnos en comprender o porqué, algo moito máis interesante"
(Ricardo Rosado, Fotogramas)


SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde




  16 Nov. 2024
Sáb.

«El 47»

· (España, 2024) 110 min. Cor. RA: 1,85:1 - [A] VOE

"O 47" conta a historia dun acto de disidencia pacífica e o movemento veciñal de base que en 1978 transformou Barcelona e cambiou a imaxe dos seus suburbios para sempre. Manolo Vital era un condutor de autobús que se apropiaba do bus da liña 47 para desmontar unha mentira que o Concello se empeñaba en repetir: os autobuses non podían subir as costas do distrito de Torre Baró. Un acto de rebeldía que demostrou ser un catalizador para o cambio, de que as persoas se enorgullecen das súas raíces, dunha loita da veciñanza, da clase traballadora que axudou a crear a Barcelona moderna dos anos 70.

Gran película, sincera mirada a un barrio, a súa xente e a súa loita (...) un traballo fabuloso de Marcel Barrena, a súa mellor película, unha obra de artesán, todo desprende autenticidade
(Toni Vall, Cinemanía)



SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde




  22 Nov. 2024
Ven.

«Il rapito» O rapto

· (Italia, 2023) 125 min. Cor. Dolby dixital. RA: 1,85:1 - [+12] VOSE

A historia desenvólvese no barrio xudeu de Bolonia. Ano 1858. Os soldados do Papa irrompen na casa dos Mortara para secuestrar ao seu fillo de sete anos, Edgardo. A película segue a loita da familia para tratar de recuperar ao seu fillo diante desta acción da Igrexa católica.

"A película resultante é unha radiografía crítica demoledora da barbarie fundamentalista"
(Carlos F. Heredero, Caimán)


SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde




  23 Nov. 2024
Sáb.

«Kneecap»

· (Irlanda, 2024) 105 min. Cor. RA: 2,35:1 - [+16] VOSE

En Irlanda hai 80.000 falantes de irlandés, 6.000 viven no norte e tres deles vano a poñer todo patas para arriba cando formen un trío de rap chamado Kneecap. Anárquicos, salvaxes e dispostos a todo para salvar a súa lingua materna.

Hai gags e ideoloxía. Drogas, raves, rap e conflito lingüístico. Pero o tema irlandés está tratado desde o inicio con considerable sentido do humor (...) comedia aceda e dislocada
(Quim Casas, El Periódico)



SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde




Todas as proxeccións son en VO/VOS, no Museo Etnolóxico de Ribadavia,(Rúa Santiago 10 de Rivadavia - Ourense) e teñen unha capacidade máxima para 25 persoas.

Pregamos puntualidade.


Tamén podes consultar aquí... máis información da programación do Museo etnolóxico de Ribadavia, a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.









Horarios CUT+0




Ningún comentario: