mércores 1 de xullo, na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), nunha única sesión matinal, ás 11:30 h., e acceso de balde até completar o aforo (112 butacas), o filme
Título: «Le Chat du Rabbin» · El Gato del Rabino
O Gato do Rabino Ano: 2011 País: Francia Director: Antoine Delesvaux e Joann Sfar Guión: Joann Sfar Música: Olivier Daviaud Xénero: Animación Reparto (voces): François Morel, Maurice Benichou, Afsia Herzi, Daniel Cohen… Duración: 90 min. Producción: Autochenille Distribuidora: UGC Distribution Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
Tras comerse un periquito, o gato dun rabino adquire a capacidade de falar, e non só iso, senón que se volve un estudioso das crenzas do seu amo, criticándoas como só un gato podería facelo, e establecendo unha forte amizade coa filla do relixioso.
Premios e mencións: 2012 · Festival de Gijón (Asturias, España): mellor filme de animación :: Annie Award (Los Angeles, Estados Unidos): nominación mellor filme e mellor director. 2011 · Premios César®: mellor filme de animación :: Festival international du film d'animation d'Annecy (Rhône-Alpes, Francia): mellor longametraxe de animación :: Premios do Cinema Europeo: nominación mellor longametraxe de animación.
Crítica:
"Lonxe dos grandes filmes do xénero (…) un filme estimable e divertido, algo máis longo do que debería pero que perfila moi ben aos seus persoaxes…" Pablo González Taboada (Cinemanía)
Lembrar que temos aberta unha enquisa sobre a tempada 2014—2015, para avaliar a programación dos meses de xaneiro-xuño 2015; gostaríanos coñecer que tal o fixemos, participa e de antemán, moitas grazas polo teu tempo.
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario