13/04/18

Programación abril e maio de 2018

«O estado das cousas»

«Filmoteca CGAI»

«Extra: IV Ciclo de cine e medicina»


Dicía Michael Moore, na presentación de "Capitalismo, unha historia de amor" (proxectado o 3 de xuño de 2014 no cineclube), que o seu obxectivo é expor as preguntas que debe facerse a sociedade. Neste caso, programamos en concordancia co citado director e activista, catro filmes para a refexión oportuna de cada espectador...a corrupción desde a falta de ética individual,a relixión e a nacionalidade que enfronta a cada individio sen posibilidade de encontro,a ideoloxía ou o paradigma actual de que xa non é moderna, e o totalitarismo ou devir á falla de liberdade individual actual. Faltounos a organización do estado ou a monarquia cunha comedia, ben propia da situación...pero que non puido entrar por falta de contestación da distribuídora en España.

Advertimos, que a clase política non vai mudar nada pola súa propia iniciativa persoal, porque para eles non ten sentido ser valentes, é demasiado arriscado. As persoas son as que teñen que facer que cambien. Así, cando emerxa a verdade e o panorama estea claro, os que se encollían de ombreiros e ironizaban cambiarán de idea e pareceranse precisamente ás persoas illadas das que se burlaran. Todo o noso apoio, a eses valentes que en calquera parte do mundo loitan para cambiar as cousas.

De seguido o avance visual [.mp4 • 20'3 MB] e cartel que adianta a programación.



Cartel «O estado das cousas» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)




Filmoteca CGAI


16 Abr. 2018
Lun.

«El mar nos mira de lejos» O mar míranos de lonxe

Dirixido por · (2017)
Entre o documental e a ficción, a lenda dunha antiga e esquecida civilización xace enterrada baixo grandes extensións de dunas no sur de España. Desde fai algo máis dun século varios viaxeiros chegaron ata ese recóndito territorio buscando as pegadas de antigos poboadores, talvez os restos dunha cidade sepulta polas areas, ou seica unha sorte de utopía extraviada. Ignorantes deses mitos e das ilusións románticas de arqueólogos e aventureiros, uns poucos homes, apenas visibles entre os arenais, habitan hoxe en soidade ese lugar fronte ao mar.

Premios
2017: Festival de Sevilla: Sección Oficial


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).




O estado das cousas


  18 Abr. 2018
Mer.

«The Nile Hilton Incident » O Cairo confidencial

Dirixido por ·(2017)
Noredin, un detective corrupto cun futuro brillante na forza policial, cuxo obxectivo principal non é facer o ben, senón enriquecerse, é enviado ao hotel Hilton do Nilo, onde acabaron de descubrir o corpo dunha fermosa muller. A identidade deste, as súas conexións coas elites do Cairo e outros incidentes máis persoais acabarán por levar a Noredin a tomar decisións trascendentais e descubrirse a si mesmo.

Premios
2017 : Festival de Sundance: Mellor Película Internacional
2017 : Seminci de Valladolid: Espiga de ouro, mellor director e mellor guión
2017 : Premios César: nomeada para a mellor película estranxeira
2017 : Premios Guldbagge (Suecia): 5 premios, incluíndo a mellor película. 8 nom..

SESIÓNS:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



Filmoteca CGAI


23 Abr. 2018
Lun.

«La vida y nada más» A vida e máis nada

Dirixido por · (2017)
"Regina" é unha nai solteira que vive ao norte do estado de Florida cos seus dous fillos, tratando de chegar a fin de mes á vez que loita contra a rutina e as dificultades do día a día. O seu fillo maior, Andrew, de 14 anos, está cheo de desprezo cara á súa nai, e unicamente a ameaza da xustiza uniralles e cambiará as súas vidas para sempre.

Premios
2017: Festival de San Sebastián: Sección oficial
2017: Premios Independent Spirit: Premio John Cassavetes
2017: Premios Feroz: Premio Especial


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Extra: IV Ciclo de cine e medicina


  24 Abr. 2018
Mar.

«Tokyo monogatari» Contos de Tokio

Dirixida por · (1953)
Unha parella de anciáns viaxa a Tokio para visitar os seus fillos, pero ningún deles ten tempo para atendelos, polo que deciden envialos a un balneario. Cando regresan, a nai pasa unha noite na casa da nora, viúva dun dos seus fillos. A diferenza dos seus cuñados, Noriko mostra afecto polos seus sogros e conforta á anciá.


SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)-->




O estado das cousas


  25 Abr. 2018
Mer.

«L'insulte» O insulto

Dirixido por ·(2017)
Tony, cristián libanés, rega as plantas do seu balcón. Unha pouca auga cae accidentalmente na cabeza de Yasser, palestino e capataz dunha obra. Entón estala unha pelexa. Yasser, furioso, insulta a Tony. El, ferido no seu orgullo, decide levar o asunto diante da xustiza. Comeza así un longo proceso no que o conflito tomará unha dimensión nacional, enfrontando a palestinos e cristiáns libaneses.

Premios
2017: Premios Oscar: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa
2017: Festival de Venecia: Mellor actor (Kamel O Basha)
2017: Seminci de Valladolid: Premio do público
2017: Premios David di Donatello: Nomeada a Mellor filme estranxeiro

SESIÓNS:
COTA:
  18 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



Filmoteca CGAI


30 Abr. 2018
Lun.

«Curtametraxes»

Dirixidos por · (2015-2017)
Den Pobedy

O "Dean Pobedy" (Día da Vitoria) é un dos días máis importantes na maioría das ex-repúblicas soviéticas. Ten lugar o 9 de maio e nel conmemórase a vitoria da U.R.S.S. sobre a Alemania nazi na Gran Guerra Patriótica (1941-1945), rendendo homenaxe aos veteranos e aos máis de 26 millóns de caídos no bando soviético.


Paisaxes da Capelada

O granito negro da Serra da Capelada formouse na era Precámbrica a partires de magma hai 1 160 millóns de anos. As rochas permaneceron a grande profundidade até que afloraron cando Panxea se fracturou, hai 200 millóns de anos, e produciu uns cantís de 600 metros de altura. O Homo sapiens sapiens apareceu na Terra hai 200 000 anos.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)).




O estado das cousas


  2 Mai. 2018
Mer.

«Le jeune Karl Marx» O mozo Karl Marx

Dirixido por ·(2017)
No Paris de 1844, tras exiliarse, Karl Marx coñece a Friedrich Engels, quen investigaba o nacemento da clase obreira británica. Engels proporcionou a última peza do crebacabezas á visión do mundo do mozo Marx. Xuntos, entre censuras, represión policial, revoltas e conflitos políticos, lideraron o movemento obreiro durante o seu desenvolvemento cara ao tempo moderno.


SESIÓNS:
COTA:
  18 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



Filmoteca CGAI


7 Mai. 2018
Lun.

«Zama»

Dirixida por · (2017)
Conta a historia de Don Diego de Zama, un funcionario español do século XVII con sede en Asunción que agarda o seu traslado a Bos Aires. É un home que espera ser recoñecido polos seus méritos. Pero nos anos de espera pérdeo todo. Decide coller un bandido perigoso e recuperar o seu nome...

Premios
2017 : Premios Goya: nomeada coma Mellor Película Hispanoamericana
2017 : Festival de Sevilla: Premio Especial do Xurado (Mención Especial)
2017 : Premios Sur: 11 nomeacións, incluíndo mellor película e dirección
2017 : Festival da Habana: Mellor dirección, dirección artística, son e FIPRESCI


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).




O estado das cousas


  9 Mai. 2018
Mer.

«The Death of Stalin» A morte de Stalin

Dirixido por ·(2017)
A noite do 2 de marzo de 1953 morreu un home. Ese home é Josef Stalin, dictador, tirano, carniceiro e secretario xeral da URSS. E si xogas as túas cartas ben, o posto agora pode ser teu. Unha sátira sobre os días previos ao funeral do pai da nación. Dúas xornadas de duras pelexas polo poder absoluto a través de manipulacións, luxurias e traizóns.

Premios
2017: Premios BAFTA: Nomeada a Mellor filme británico e Mellor guión adaptado
2017: British Independent Filme Awards (BIFA): 4 premios incl. mellor actor sec. (Rusell)


SESIÓNS:
COTA:
  18 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



Filmoteca CGAI


14 Mai. 2018
Lun.

«Bamui Haebyunaeseo Honja» Na praia soa de noite

Dirixido por · (2017)
Logo de ter unha aventura cun home casado, a actriz Younghee decide tomarse un tempo. Viaxa á cidade estranxeira de Hamburgo, pero iso non lle impedirá pensar no que deixou.

Premios
2017 : Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor actriz (Kim Min-hee)
2017 : Festival de Xixón: Mellor actriz (Kim Min-hee)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).







Todas as proxeccións son en VO/VOS, na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco está permitido o uso de móbiles durante a sesión, agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ]. e loxicamente para aqueles/as que o precisen nesas sesións.



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)



Horarios CUT+1




Ningún comentario: