Proxéctase durante o mes de febreiro e marzo do 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …
17
Feb.
2016
Feb.
2016
Mérc.
«Mandariinid» · Mandarinas
Dirixida por Zaza Urushadze · (2013)
En 1990, estala a guerra nunha provincia xeorxiana que busca a independencia. Ivo, un estoniano, decide quedar, a diferenza do resto dos seus compatriotas, para axudar ao seu amigo Margus coa colleita de mandarinas. Ao comezar o conflito, dous soldados resultan feridos diante da súa casa, e Ivo vese obrigado a coidar deles.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CET)
24
Feb.
2016
Feb.
2016
Mérc.
«The Lobster» · Lagosta
Dirixida por Yorgos Lanthimos · (2015)
Narra unha historia de amor non convencional, ambientada nun mundo distópico, no que segundo as regras establecidas, os solteiros son arrestados e enviados a un lugar onde teñen que atopar parella nun prazo de 45 días. O tema central é a soidade, o temor a morrer só, a vivir só, e tamén ao temor a vivir con alguén.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CET)
2
Mar.
2016
Mar.
2016
Mérc.
«45 Years» · 45 Anos
Dirixida por Andrew Haigh · (2015)
Falta só unha semana para o 45 aniversario da súa voda, e Kate Mercer está moi ocupada cos preparativos da festa. Pero entón chega unha carta dirixida ao seu marido, na que se lle notifica que, nos glaciares dos Alpes suízos, apareceu conxelado o cadáver do seu primeiro amor.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CET)
9
Mar.
2016
Mar.
2016
Mérc.
«Anime Nere» · Calabria, Mafia do sur
Dirixida por Francesco Munzi · (2014)
Nun pequeno pobo da rexión de Calabria, os irmáns Carbone levan anos vivindo do lucrativo negocio familiar: o tráfico de drogas. Eran fillos de pastores, pero agora forman parte da familia criminal calabresa da contorna da 'Ndrangheta.
Luciano, o maior, afastado do resto da familia, tenta manterse á marxe até que o seu conflitivo fillo Leo empeza a achegarse ao seu carismático tío Luigi e os seus turbios negocios. Cando Leo perde o control unha noite, o tres irmáns ven forzados a unirse de novo para defender a honra e as vidas da familia.
Luciano, o maior, afastado do resto da familia, tenta manterse á marxe até que o seu conflitivo fillo Leo empeza a achegarse ao seu carismático tío Luigi e os seus turbios negocios. Cando Leo perde o control unha noite, o tres irmáns ven forzados a unirse de novo para defender a honra e as vidas da familia.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CET)
16
Mar.
2016
Mar.
2016
Mérc.
«Macbeth»
Dirixida por Justin Kurzel · (2015)
Esta é a historia dun líder guerreiro, involucrado nunha guerra e que se propón reconstruír a relación coa súa esposa. Trátase dunha das traxedias máis importantes da literatura. Adaptación da obra de William Shakespeare.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CET)
Esta tempada, poñemos a proba a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Talvez se, é máis sinxelo, recompilamos todas as publicacións coas súas enquisas de cada filme nunha páxina específica sobre o asunto.
Axúdanos coa túa participación e tamén a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario