Amosando publicacións coa etiqueta Galiza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galiza. Amosar todas as publicacións

15/09/16

Sesións de Filmoteca · setembro—outubro 2016

Proxéctase durante os meses de setembro e outubro de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

01/05/15

programación maio—xuño 2015

Despois de semana santa, e incluso despois do dramático suceso nun colexio de Catalunya, onde un mestre foi asasinado por un estudante de apenas 13 anos, albíscase unha sociedade ateigada de relixiosa moral, corruptíbel por normas e ritos sacros, que nos esclavizan e leva a ausencia de toda educación ética e emocional.

O poder trátanos co rigor escuro das normas, endurecendo incluso a válvula da protesta, para deseñar un panorama máis próximo ao medievo.
Entre a picaresca e o esperpento da actualidade, tiñamos enriba da mesa, controvertidos e polémicos relatos, que deberíamos tratar dalgún xeito, ou ao menos procurar como son retratados polo cinema. Desta volta, para culminar a primeira parte deste ano, cremos que é necesario engadir algún elemento disparatado, algo co que aledar o noso espírito diante do amargo panorama citado.


programación maio-xuño 2015
Cartaz da programación de maioxuño 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Comezamos cunha sesión especial, do que chamaremos «sesión de cine urxente», para chamar a vosa atención sobre os condicionamentos negativos que pode chegar a ter, a supremacía da relixión na vida das persoas. Continuaremos logo, coas relacións de familia, as negociacións con ETA, a sexualidade, o nazismo e a eutanasia, sen descuidar un par de ciclos a e nos «».
No apartado especial, temos que resaltar 2 colaboracións, coa , proxectaremos un filme adicado a e con «», teremos a ocasión de conversar co director , e ver o seu último filme «El Muerto y ser feliz», co gallo do obradoiro que organizan.

Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 8'8 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.