06/05/16

programación maio—xuño 2016

«Mosaico»

Extra · II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016


A piques de rematar a primeira parte do ano, o facemos cun conxunto de teselas fílmicas no que ademáis inserimos a programación do  (CGAI) e sesións especiais, un mosaico de diversidade que agardamos emocione o espíritu cautivo das musas.

Talvez sexamos esixentes demais, Talvez… como expoñía soñamos si podemos, cun xardín, un océano de floridas violetas… neste mundo máis desabrigado, agora si, é cando choran as pombas; como non podía ser menos, a nosa banda sonora corresponde ao avance visual [.mp4 • 18'1 MB] deste mosaico, rinde tributo ao xenio de Minnesota.


cartaz programación
«Mosaico» 2016 · cartaz deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Por último, lembrar que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, en cada evento de Google+ tedes unha ligazón cara a enquisa e tamén, na nosa páxina específica para avaliar os vosos gustos¹
Interésanos coñecer tamén, o que pensas do traballo que desenvolve este cineclube (ou calquera dos cineclubes de Galicia ao que podas asistir), polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas por facer o cineclubePF connosco.





  9 Mai. 2016
Lun.

Sesión curtametraxes: Xacio Baño

Dirección:
Proxección, coa presenza do director, das curtas «Estereoscopía», «Anacos», «Eco» e «Ser e Voltar».

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas).



Proxección Solidaria

10 Mai. 2016
Mar

«Ma'a al-Fidda» · Silvered Water, Syria Self-Portrait

Dirixida por e · (2014)
En Siria, os rapaces filman e morren todos os días. Namentras que outros matan e filman, en París, o director sirio só pode filmar ao ceo e editar as imaxes de «You Tube». Da tensión que provoca a distancia do seu país e do encontro cunha nova cineasta kurda, , coa que parola, xurde a pregunta «Se estiveses en Homs ca túa cámara, que filmarías?». O filme conta a historia dese encontro.

SESIÓN:
COTA:
  18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  • A recadación obtida destínase a MSF e ACNUR [+ info]



11 Mai. 2016
Mérc.

«An» · Unha Pastelaría en Toquio

Dirixida por · (2015)
Sentaro ten unha pequena pastelaría en Toquio na que serve «dorayakis» (pastelitos recheos dun prebe chamado «An»). Cando unha simpática anciá ofrécese a axudarlle, el accede de mala gana, pero ela demóstralle que ten un don especial para facer «An». Grazas á súa receita segreda, o pequeno negocio comeza a prosperar. Co paso do tempo, Sentaro e a anciá abrirán os seus corazóns para confiarse as súas vellas feridas.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



Extra: organizado polo produtor do filme

12 Mai. 2016
Xov

«Amarrar as Palabras»

Dirixida por · (2016)
Documental sobre os procesos de confluencia política e electoral que tiveron lugar en Galicia na segunda metade de 2015, e que involucraron a maior parte do nacionalismo e da esquerda estatal; reflicte as dinámicas destes procesos, e o contexto de excepcionalidade e efervescencia política e social no que se produciron.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas).



18 Mai. 2016
Mérc.

«Hrútar» (Rams) · O Val dos Carneiros

Dirixida por · (2015)
Nun remoto val de Islandia, dous irmáns que non se falan desde fai máis de corenta anos deberán unir forzas para salvar a súa ben máis prezado: o seu rabaño de carneiros.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



Extra: organizado polo «Foro Feminista Falando Nós»

19 Mai. 2016
Xov

«Chicas nuevas 24 horas» · Rapazas Novas 24 horas

Dirixida por · (2015)
Unha investigación a través de 5 países, onde este «falso documental» coloca o punto de vista na mirada perversa do gran negocio que significa a escravitude sexual. Un negocio que move 32 mil millóns de dólares ao ano, no que todo son ganancias (pois o corpo dunha muller —se é nova e cóidase—, pode chegar a venderse en múltiples ocasións durante o mesmo día, mesmo contra a súa vontade).
Queres aprender este negocio? Queres formar parte del? Ou unicamente queres mirar?

Contaremos coa presenza da directora (agás imprevistos), para presentar o filme.

SESIÓN:
COTA:
  20:00 h. (CEST)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas).



Extra: Ociourense

21 Mai. 2016
Sáb

«Rent»

Dirixida por · (2005)
Baseado nun exitoso musical de Broadway, «Rent» é unha ópera rock galardoada con 4 premios Tony e cuxo libreto recibiu o premio Pulitzer en 1996. Narra a historia dun grupo de mozos bohemios que tratan de abrirse camiño na vida no día a día do barrio de «East Village», en New York. Estes amigos esfórzanse por alcanzar o éxito e a aceptación, mentres soportan os obstáculos da pobreza, a enfermidade e a epidemia da SIDA.

SESIÓN:
COTA:
  17 h. (CEST) no Espazo Lusquiños
 De balde



23 Mai. 2016
Lun.

«Killer of Sheep»

Dirixida por · (1978)
Stan é un home común, un traballador de cor dun matadoiro de Los Angeles, cunha vida chea de dificultades e contradicións no seu ámbito social e familiar. O filme foi gravado durante varios fins de semana ao longo de varios anos.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Extra: II ciclo de cine do Colexio de médicos

24 Mai. 2016
Mar

«Starbuck»

Dirixida por · (2011)
Aínda que David Wozniak doou moito seme na súa mocidade, nunca puido imaxinar que chegaría a ter 533 fillos. Vinte anos despois, 142 deles queren coñecerlle, e emprenden unha acción legal conxunta para pescudar a identidade do seu pai biolóxico, de quen só se sabe o seu nome en clave cando era doante de esperma: «Starbuck»

SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CEST)
 



25 Mai. 2016
Mérc.

«Bernie»

Dirixida por · (2011)
En Carthage, un pobo de Texas, Bernie Tiede (), un enterrador moi querido por toda a xente do pobo, faise amigo dunha rica e malvada viúva ().

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



Sesión especial: socios/as e obradoiro de «La Plantación»

28 Mai. 2016
Sáb

«Che Strano Chiamarsi Federico!» · Que estraño chamarse Federico!

Dirixida por · (2013)
Documental que rende homenaxe ao director italiano para conmemorar o vixésimo aniversario da súa morte. Combina imaxes de arquivo e escenas rodadas en Cinecittà. evoca o seu encontro con el na revista satírica «Marc’Aurelio» nos anos cincuenta, lembra os amigos comúns (entre eles ) e, sobre todo, o pracer compartido de facer cinema.

A proxección, na que colabora a Universidade de Vigo, está tamén incluída nun obradoiro sobre Fellini organizado por «La Plantación».
Os/As socios/as participantes no obradoiro «Fellini, o oficio do soño» impartido por Simone Saibene teñen un desconto do 10%. Asemade os participantes do mesmo, teñen acceso de balde á proxección.

SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CEST)
  Socios/as de balde, 2  Non asociados/as



30 Mai. 2016
Lun.

«My Brother's Wedding»

Dirixida por · (1983)
Comedia tráxica que ocorre en Los Angeles na que un mozo é incapaz de tomar unha decisión sobria, axeitada e moral diante dun momento crucial da súa vida. Finaliza a sesión coa curta «When It Rains» do mesmo director; que conta a historia dun home na procura de cartos para darllos a unha muller, aderezado con música de Jazz

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



  1 Xuñ. 2016
Mérc.

«While We're Young» · Mentres Sexamos Novos

Dirixida por · (2014)
Josh Srebnick é un veterano director de documentais que está a pasar por un mal momento profesional mentres prepara o seu próximo filme. Todo empeza a despexarse cando el e a súa muller comezan a saír cunha moza parella. Grazas a iso, Josh comeza a recuperar a súa mocidade perdida.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



  6 Xuñ. 2016
Lun.

«O Futebol»

Dirixida por · (2015)
«O Futebol» leva a cabo un complicado equilibrio entre a realidade e a ficción a partires do verdadeiro encontro entre o director e o seu pai. O guión de e está escrito como pura ficción: a viaxe (moitas escenas ródanse desde un coche) interior e futbolístico dun pai e un fillo, pautado polo calendario dos partidos. Pero, do mesmo xeito que o fútbol, a realidade é imprevisible.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



  8 Xuñ. 2016
Mérc.

«La loi du Marché» · A Lei do Mercado

Dirixida por · (2015)
Despois de 20 meses no paro, Thierry, un home de 51 anos, atopa un novo traballo, pero pronto terá que enfrontarse a un dilema moral: pode aceptar calquera cousa con tal de conservar o seu traballo?

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



13 Xuñ. 2016
Lun.

«Sayat Nova» · A Cor da Granada

Dirixida por · (1968)
Biografía do trobador e poeta armenio do século XVIII . En lugar de facer unha narración lineal, o director encárgase de realizar unha serie de cadros viventes que representan episodios importantes da vida do poeta en clave simbólica: a súa infancia, a súa mocidade, a súa entrada a un mosteiro, ou o seu enfrontamento co anxo da morte. Estes capítulos están desenvolvidos a partir de fragmentos das súas obras, os cales aparecen en intertítulos ou se escoitan mediante unha voz en off.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Extra: II ciclo de cine do Colexio de médicos

14 Xuñ. 2016
Mar

«La Intérprete» · A Intérprete

Dirixida por · (2015)
Documental que aborda o proceso de doazón de órganos en España, líder mundial en transplantes, a través das figuras de Silvia, enfermeira que fala cinco idiomas e encárgase de tratar coas familias sobre a posibilidade dunha doazón, e de Agustín, que espera desde fai dez meses un corazón para seguir vivindo.

SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CEST)
 



15 Xuñ. 2016
Mérc.

«Retour à Ithaque» · Regreso a Ítaca

Dirixida por · (2014)
Nnha terraza sobre La Habana, ca vista panorámica da posta de sol, cinco amigos reúnense para celebrar o regreso de Amadeo despois de dezaseis anos de exilio. Desde o crepúsculo até o amencer, lembran os seus tempos de mocidade, o grupo que formaban, a fe que tiñan no futuro, e tamén o seu desencanto.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios (e avaliacións).
Vemonós! na Biblioteca Pública (ou no espazo Lusquiños, os sábados).




Horarios CUT+2




¹  páxina con 910/1 peticións ao servidor · aproximadamente son uns 20 MB
(tempo de carga: de 20" a 4' dependendo da túa velocidade de conexión)




Ningún comentario: