Amosando publicacións coa etiqueta Sesións extraordinarias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sesións extraordinarias. Amosar todas as publicacións

06/04/26

Programación de abril e maio de 2026

Sesións extraordinarias [+]

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión especial

XI Ciclo Colexio de médicos


No medio do absurdo dunha guerra non declarada (e ilegal coma todas as guerras), facemos provisións de historias cheas de humanismo que combinan o humor e o realismo, sen descoidar a protesta e a marxinalidade. O cinema pode ser unha ferramenta poderosa con habilidade para atopar beleza na precariedade da vida. A sinxeleza dalgunhas das propostas que nesta ocasión programamos son compromisos de auntenticidade, do que agardamos a vosa mirada de empatía e desprexuízo, como só é posible nunha sala de cineclube; lonxe do cine comercial afastado das dimensións humanas.

Aparte das citas do XI Ciclo do Colexio de médicos, temos ademais unha sesión dobre especial coa que colaboramos na programación cos Amigos da república e outra para conmemorar a fallida Revolución galega. Pregamos atención, ás sesións extraordinarias do xoves 9 de abril e do martes 12 de maio.

Como sempre tedes á vosa disposición as follas de sala e o avance en vídeo [.mp4 • 16'9 MB] que preparamos como recordatorio.




«Abr-Mai 2026»· (cineclupePF)

De seguido o detalle da programación.



03/03/25

Programación de marzo e abril de 2025

Sesión maxistral infantil de filmoteca

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión especial

Sesión maxistral

X Ciclo Colexio de médicos

Sesións extraordinarias [+]


Presentamos unha selección de filmes un pouco incompleta, que agardamos completar coa programación posterior á semana santa

Lamentablemente os avatares da distribución de filmes en España, non adoitan a facilitar o traballo altruista e voluntario dos cineclubistas... En calquera caso, agardemos gostedes da escolma de comedia, mesturada con documentais, sesións maxistrais, animación e drama. Atención á sesión especial coa que colaboramos na programación dos Amigos da república, así como das citas co X Ciclo do Colexio de médicos e algunha sesión extraordinaria máis pendente de fechar.

Como sempre tedes á vosa disposición as follas de sala e o avance en vídeo [.mp4 • 17'8 MB] que resume a programación que preparamos.




«Mar-Abr 2025»· (cineclupePF)

A continuación o detalle da programación que se estenderá até a semana santa.



01/05/24

Programación de maio e xuño de 2024

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo dos mércores

Sesións especiais [+]

Sesión vermú

Primavera musical

IX Ciclo Colexio de médicos

Amal en ruta


Case a piques de rematar a primeira tempada do ano e antes de que cheguen as Marxes fílmicas ao patio do Museo etnolóxico de Ribadavia (adicadas este ano a Palestina), presentámosvos o intenso programa que preparamos para celebrar esta primavera, que como ben din os Sonoro maxín, ten que ser nosa.




«Maio 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Se vos presta ollar, ver e bailar, temos este avance visual [.mp4 • 24'3 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción, aquí as follas de sala de cada filme.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata primeiros de xuño, co prego de atención do horario das sesións extraordinarias (10, 14 e 17 de maio), á Primavera musical e ao Amal en Ruta.



25/05/22

Programación maio - xuño de 2022

Filmoteca CGAI

Primavera Musical

VII Ciclo do colexio de médicos

Sesións extraordinarias + >[Abre outra xanela]


Tras dous anos complicados (e pandémicos) de ausencia do cine musical nos lugares habituais da música ao vivo da cidade, recuperamos a Primavera musical con cinco filmes en catro escenarios distintos.

Neste tempo de perdas e dificultades lembramos a un amigo da música (e dos músicos) no café Pop Torgal, xunto coa estrea de filmes inéditos, como a evolución da música da escena musical de Berlín, o punk galego e mesmo filmes de culto que dilapidan e profetizan un vendaval de recordos e sensacións.




«PM-2022»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


"Se ti tes pánico escénico, un ollo clínico
médico, un teste cínico-técnico
Que podes esperar?
Aínda que fose científico
máxico, esotérico, de México
o que quixera é facerche bailar"... (1)
como o adianto en vídeo [.mp4 • 20'7 MB] que anuncia a programación.

Non esquezan o último filme da tempada da filmoteca e as outras interesantes e extraordinarias propostas que se programan na sala do cineclube; aparte desta Primavera musical.
Por último, lembrar que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].