03/03/25

Programación de marzo e abril de 2025

Sesión maxistral infantil de filmoteca

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión especial

Sesión maxistral

X Ciclo Colexio de médicos

Sesións extraordinarias [+]


Presentamos unha selección de filmes un pouco incompleta, que agardamos completar coa programación posterior á semana santa

Lamentablemente os avatares da distribución de filmes en España, non adoitan a facilitar o traballo altruista e voluntario dos cineclubistas... En calquera caso, agardemos gostedes da escolma de comedia, mesturada con documentais, sesións maxistrais, animación e drama. Atención á sesión especial coa que colaboramos na programación dos Amigos da república, así como das citas co X Ciclo do Colexio de médicos e algunha sesión extraordinaria máis pendente de fechar.

Como sempre tedes á vosa disposición as follas de sala e o avance en vídeo [.mp4 • 17'8 MB] que resume a programación que preparamos.




«Mar-Abr 2025»· (cineclupePF)

A continuación o detalle da programación que se estenderá até a semana santa.




Sesión maxistral infantil de filmoteca




  15 Mar. 2025
Sáb.

«The kid» O mozo

· (EUA, 1921) 65 min. B&N. RA 1.37:1 [A] VOSE

Edna é unha muller moi pobre que se ve na necesidade de abandonar o seu fillo nun coche diante da casa duns millonarios. Por unha serie de circunstancias o mozo acaba ao coidado do vagabundo Charlot, que constrúe un fogar para el, e sobrevive recorrendo á picaresca. Cinco anos despois, e con súa nai convertida nunha popular actriz, o destino intentará separalos...

"Primeira longametraxe de Charles Chaplin, está considerada como unha das máis emotivas sobre a infancia...Combinación maxistral de comedia e drama cunha alta dose de crítica social, conta con moitos elementos autobiográficos do director que fan desta película un dos seus traballos máis persoais. No ano 1971 Chaplin compuxo a música para a película, que se rodara muda. "
(Filmoteca de Galicia-CGAI)



SESIÓN:
COTA:
  12:00 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense



Filmoteca


17 Mar. 2025
Lun.

«Le procés du chien» O xuízo do can

· (Francia-Suiza, 2024) 83 min. Cor. AR: 1,85:1 [+12] VOSE

Unha comedia xudicial baseada en feitos reais que conta unha historia do máis insólita: a dunha avogada que tivo que defender no xulgado nada menos que a un can chamado Cosmos, un can reincidente.


"Unha xoia brillante e escondida que, ademais, ladra"
(Luís Martínez, El Mundo)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


X Ciclo Colexio de médicos




  18 Mar. 2025
mar.

«Harold & Maude»

· (EUA, 1971) 90 min. Cor. Mono. RA 1,85:1 [+18] VOSE

Harold é un solitario novo de familia acomodada que está obsesionado coa morte. Para desesperación da súa nai o mozo dedícase a simular o seu suicidio e asistir frecuentemente a funerais de persoas que non coñece. Nun destes funerais atópase con Maude, unha señora maior quen tamén asiste aos funerais de estraños, aínda que cunha motivación moi diferente á de Harold.

Premios
1974: Festival de Valladolid - SEMINCI: Espiga de Ouro (mellor película)

Unha pequena xoia do cinema setenteiro (...) unha comedia esperanzadora, chea de sátira; excéntrica e á vez rosada
(Mónica Diago, El Espectador)

+ [ INFO. do resto do ciclo ]


SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense


Sesións de ciclo


  19 Mar. 2025
Mérc.

«Vermiglio»

· (Italia, 2024) 119 min. Cor. AR 1,85:1 [+12] VOSE

Retrato dunha familia ás portas do fin da Segunda Guerra Mundial. A vida idílica do mestre local do pobo e a súa familia numerosa vese alterada cando un soldado desertor chega ao pobo en busca dun agocho.

Premios
2024: Festival de Venecia; Gran premio do xurado

"En Vermiglio, as pequenas historias das súas mulleres impóñense ao gran relato masculino"
(Paula Arantzazu, Cinemanía)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 




Filmoteca


24 Mar. 2025
Lun.

«無所住 / Wu suo zhu » Albergando a nada

· (Taiwán, 2024) 79 min. Cor. AR 1,66:1 [ND] VO

Un monxe cunha túnica vermella atravesa as paisaxes urbanas e rurais de Washington D.C. Outro descoñecido tamén se move pola cidade. Non sabemos se segue ou non ao monxe camiñante.

"O cinema de Tsai é contracultural e non hai filme que o expliquen mellor que a serie do camiñante, porque propón un tempo precisamente contracutlural, que opta pola pausa en tempos de produtividade e ritmo constante"
(Violeta Kovacsics, Otros Cines)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


Sesións de ciclo


  26 Mar. 2025
Mérc.

«Los últimos románticos»

· (España, 2024) 102 min. Cor. RA 1,85:1 [+16] VOE

Irune, unha muller insegura, solitaria e con tendencias hipocondríacas, traballa nunha fábrica de papel situada nos arredores dun pobo industrial. A súa vida limítase a un reducido círculo de coñecidos: os seus compañeiros de traballo, unha veciña e un operador de Renfe a quen consulta horarios de trens que nunca toma.

"Sórdida e fabulosa, dolorosa e sombría, misteriosa e poética...é unha película nobre e rotunda"
(Javier Ocaña, El País)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 




Filmoteca


31 Mar. 2025
Lun.

«ABC da greve»

· (Brasil, 1979-1990) 85 min. Cor/B&N. RA 1,66:1 [ND] VOSE

ABC da greve (ABC da folga) foi filmada a finais dos anos 70, cando as cidades industriais ao redor de São Paulo convertéronse en escenario dun intenso movemento folguista.

"Leon Hirszman, saíu ás rúas armado con equipos portátiles de 16 mm para observar o movemento obreiro en plena construción da súa identidade política. Traballando nun sistema cooperativo, cun equipo pequeno, Leon foi montando o seu documental día a día a medida que se desenvolvían os acontecementos, rexistrando algunhas das imaxes máis impactantes deste período. A última edición de ABC da greve non foi completada ata 1990 polo fotógrafo da película, Adrian Cooper, por iniciativa da Cinemateca Brasileira"
(Play-Doc)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


Sesións de ciclo


  2 Abr. 2025
Mérc.

«Grand tour»

· (Portugal-Italia-Francia, 2024) 129 min. Cor7B&N. Dolby dixital. RA 1,66:1 [+7] VOSE

En 1918, o día que a súa prometida Molly chega a Birmania, Edward, un funcionario do imperio británico entra en pánico e foxe para percorrer varios países de Asia antes de casar (o denominado Grand Tour).

"Un conto que nos lembra que, a pesar de quen pese, a historia da barbarie colonial pertence a quen a sufriu"
(Ramón H Sosa, cinedivergente.com)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 




Sesión especial




  3 Abr. 2025
Xov.

«La marsellesa de los borrachos»

· (España, 2024) 96 min. Cor. RA 1.85:1 [ND] VO/SE

No verán de 1961, un grupo de novos antropólogos italianos realizou unha viaxe clandestina por España, co fin de gravar cancións populares que apoiasen a resistencia antifranquista. Como resultado do seu traballo, foron procesados e as súas gravacións censuradas. Sesenta anos despois, e da man de Emilio Jona, de 92 anos, último membro vivo daquel grupo de viaxeiros, recuperan as gravacións inéditas e reconstrúen a viaxe, hoxe, a través dunha paisaxe emocional e político, recuperando recordos históricos a través destas cancións, tan relevantes hoxe como o foron entón.

Premios
2024: In-Edit ; Mención especial do xurado
2024: SEMINCI; Tempo de Historia

"Máis que notable documental (...) reconstrúe esa viaxe clandestina en forma de road movie (...) Polo camiño tropeza cos ósos do noso sinistro pasado. Cativador, emocionante e tristemente pertinente"
(Philipp Engel, La Vanguardia)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense


Sesión maxistral




  6 Abr. 2025
Dom.

«Twin Peaks. Fire walk with me» Twin Peaks. Fogo camiña comigo

· (EUA, 1992) 135 min. Cor. RA 2.39:1 /4K/ [+18] VOSE

Precuela da famosa serie televisiva 'Twin Peaks' na que percorremos os derradeiros sete días de Laura Palmer. Durante o día, Laura é unha popular estudante modelo no instituto. Pola noite afoga entre drogas e sexo até a adición. A súa carreira cara á autodestrución vén provocada polos continuos abusos do malvado ente coñecido como Bob, que habita os bosques de Twin Peaks desde tempos inmemoriais. Pero nun ataque de lucidez, Laura decátase de que está conducindo a súa única amiga Donna polo mesmo tráxico sendeiro...

"Nos seus mellores momentos, é un soño dentro dun soño, un pesadelo reflectido en espellos infinitos, unha pantalla chea de sexo televisivo e horror kitsch estoupándonos na cara"
(Michael Wilmington, Los Angeles Times)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  Exclusivamente para socios/as, de balde (Faite socio/a).


Filmoteca


7 Abr. 2025
Lun.

«苏州河 / Suzhou he» Suzhou river

· (China, 2000) 70 min. Cor. RA 1,85:1 /4K/ [ND] VOSE

En Shanghái, á beira do caótico río Suzhou, Mardar viaxa por toda a cidade repartindo paquetes na súa motocicleta. Durante un dos seus encargos, coñece a Moudan e ambos namoran perigosamente. Pero en realidade, Mardar foi contratado para secuestrala e chantaxear a seu pai. Ao descubrir a traizón, Moudan vénse abaixo. Despois de pasar tres anos en prisión, Mardar regresa ao río Suzhou na procura da súa amada. É así como coñece a Meimei, unha bailarina que se parece, como dúas pingas de auga, a Moudan.

A restauración en 4K desta obra de culto do cinema chinés contemporáneo reivindica definitivamente ao cineasta Lou Ye, a miúdo censurado polo réxime do seu país, como un dos grandes talentos da súa xeración.

Premios
2000: Vienale; Premio FIPRESCI
2000: Festival de Roterdam; Tiger Award

"Un grande exercicio de estilo cinematográfico, que fai referenza a unha variedade de películas e cineastas, pero que é ante todo vivo e dinámico"
(Kenneth Touran, Los Angeles Times)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


X Ciclo Colexio de médicos




  8 Abr. 2025
mar.

«Cuidadores»

· (España, 2010) 91 min. Cor. RA 1,85:1 [A] VOE

Durante ano e medio, coidadores de familiares con enfermidades dexenerativas reúnense cada 15 días. Comparten os seus temores e medos, expoñen as súas experiencias e sobre todo, aprenden a relativizar as cómicas e ás veces, embarazosas situacións cotiás. As persoas que se atopan neste grupo son conscientes da súa inestabilidade emocional e necesitan ser escoitados. O seguimento personalizado de cada un destes coidadores nos seus propios domicilios e actividades cotiás, permite reflectir a súa realidade persoal, familiar e social da súa día a día. Desta maneira, grazas á observación, desvélanse as súas particulares historias en forma de pequenas pezas que forman parte dun complexo quebracabezas emocional.

"Estremece o testemuño da maioría dos convocados, sobre todo cando reflexionan entre eles
(Jordi Batlle Caminal, La Vanguardia)

+ [ INFO. do resto do ciclo ]


SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense


Sesións de ciclo


  12 Abr. 2025
Mérc.

«Mariposas negras»

· (España, 2024) 78 min. Cor. RA 1,85:1 [+7] VOSE

Inspirada por mulleres reais, propón unha viaxe desde África, o Caribe e Asia cara a un incerto futuro para a humanidade. O cambio climático impacta nas vidas de Tanit, Valeria e Shaila, tres mulleres de puntos moi distintos do planeta pero con algo en común: as tres pérdeno todo polo efecto do quecemento global e ven forzadas a migrar.

Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA).

Premios
2024: Premios Goya: Mellor película de animación.
2024: Premios Gaudí (Academia do cine catalán): Mellor película de animación.

"Podería ser un documental porque o que nos conta son tres historias verídicas (...), pero a animación outórgalles unha pureza e unha vibración poética que dificilmente atopariamos nas imaxes reais"
(Jordi Batlle Caminal, La Vanguardia)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 









ALTA E RENOVACIÓN DE CARNÉS DE SOCIOS/AS:

> Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as, con unha actualización das cotas anuais (aprobadas na pasada Asemblea do 11/01/25). En caso de asistencia con forte demanda, lembramos que os/as socios/as teñen preferencia até 15 minutos antes da sesión.

O acceso ás sesións de filmoteca dos luns é de balde para os socios/as e de 3 euros para os non asociados/as. Nas sesións dos mércores permanece invariable e indistintamente en 5 euros.

O acceso ás sesións maxistrais dos domingos é exclusivo a socios/as e de balde.

O acceso ás sesións maxistrais dos sábados; infantis e xuvenís, é de balde para os socios/as (e 2 acompañantes) e de 3 euros para os non asociados/as.

O acceso ás sesión especiais ou outras, dependerá do anunciado en cada unha delas.

Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.
Pregamos puntualidade.


Lembramos usen a máscara de protección dentro da sala; se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID.


Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.

Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).


Tamén podes consultar aquí... a política de privacidade, a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].

----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1



Ningún comentario: