03/03/25

Sesións de filmoteca de marzo e abril de 2025

Dentro das sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre o 15 de marzo e o 7 de abril de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]





  15 Mar. 2025
Sáb.

«The kid» O mozo

· (EUA, 1921) 65 min. B&N. RA 1.37:1 [A] VOSE

Edna é unha muller moi pobre que se ve na necesidade de abandonar o seu fillo nun coche diante da casa duns millonarios. Por unha serie de circunstancias o mozo acaba ao coidado do vagabundo Charlot, que constrúe un fogar para el, e sobrevive recorrendo á picaresca. Cinco anos despois, e con súa nai convertida nunha popular actriz, o destino intentará separalos...

"Primeira longametraxe de Charles Chaplin, está considerada como unha das máis emotivas sobre a infancia...Combinación maxistral de comedia e drama cunha alta dose de crítica social, conta con moitos elementos autobiográficos do director que fan desta película un dos seus traballos máis persoais. No ano 1971 Chaplin compuxo a música para a película, que se rodara muda. "
(Filmoteca de Galicia-CGAI)



SESIÓN:
COTA:
  12:00 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense



17 Mar. 2025
Lun.

«Le procés du chien» O xuízo do can

· (Francia-Suiza, 2024) 83 min. Cor. AR: 1,85:1 [+12] VOSE

Unha comedia xudicial baseada en feitos reais que conta unha historia do máis insólita: a dunha avogada que tivo que defender no xulgado nada menos que a un can chamado Cosmos, un can reincidente.


"Unha xoia brillante e escondida que, ademais, ladra"
(Luís Martínez, El Mundo)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


24 Mar. 2025
Lun.

«無所住 / Wu suo zhu » Albergando a nada

· (Taiwán, 2024) 79 min. Cor. AR 1,66:1 [ND] VO

Un monxe cunha túnica vermella atravesa as paisaxes urbanas e rurais de Washington D.C. Outro descoñecido tamén se move pola cidade. Non sabemos se segue ou non ao monxe camiñante.

"O cinema de Tsai é contracultural e non hai filme que o expliquen mellor que a serie do camiñante, porque propón un tempo precisamente contracutlural, que opta pola pausa en tempos de produtividade e ritmo constante"
(Violeta Kovacsics, Otros Cines)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


31 Mar. 2025
Lun.

«ABC da greve»

· (Brasil, 1979-1990) 85 min. Cor/B&N. RA 1,66:1 [ND] VOSE

ABC da greve (ABC da folga) foi filmada a finais dos anos 70, cando as cidades industriais ao redor de São Paulo convertéronse en escenario dun intenso movemento folguista.

"Leon Hirszman, saíu ás rúas armado con equipos portátiles de 16 mm para observar o movemento obreiro en plena construción da súa identidade política. Traballando nun sistema cooperativo, cun equipo pequeno, Leon foi montando o seu documental día a día a medida que se desenvolvían os acontecementos, rexistrando algunhas das imaxes máis impactantes deste período. A última edición de ABC da greve non foi completada ata 1990 polo fotógrafo da película, Adrian Cooper, por iniciativa da Cinemateca Brasileira"
(Play-Doc)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


7 Abr. 2025
Lun.

«苏州河 / Suzhou he» Suzhou river

· (China, 2000) 70 min. Cor. RA 1,85:1 /4K/ [ND] VOSE

En Shanghái, á beira do caótico río Suzhou, Mardar viaxa por toda a cidade repartindo paquetes na súa motocicleta. Durante un dos seus encargos, coñece a Moudan e ambos namoran perigosamente. Pero en realidade, Mardar foi contratado para secuestrala e chantaxear a seu pai. Ao descubrir a traizón, Moudan vénse abaixo. Despois de pasar tres anos en prisión, Mardar regresa ao río Suzhou na procura da súa amada. É así como coñece a Meimei, unha bailarina que se parece, como dúas pingas de auga, a Moudan.

A restauración en 4K desta obra de culto do cinema chinés contemporáneo reivindica definitivamente ao cineasta Lou Ye, a miúdo censurado polo réxime do seu país, como un dos grandes talentos da súa xeración.

Premios
2000: Vienale; Premio FIPRESCI
2000: Festival de Roterdam; Tiger Award

"Un grande exercicio de estilo cinematográfico, que fai referenza a unha variedade de películas e cineastas, pero que é ante todo vivo e dinámico"
(Kenneth Touran, Los Angeles Times)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).





ALTA E RENOVACIÓN DE CARNÉS DE SOCIOS/AS:

> Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as, con unha actualización das cotas anuais (aprobadas na pasada Asemblea do 11/01/25). En caso de asistencia con forte demanda, lembramos que os/as socios/as teñen preferencia até 15 minutos antes da sesión.

O acceso ás sesións de filmoteca dos luns é de balde para os socios/as e de 3 euros para os non asociados/as. Nas sesións dos mércores permanece invariable e indistintamente en 5 euros.


O acceso ás sesións maxistrais dos domingos é exclusivo a socios/as e de balde.

O acceso ás sesións maxistrais dos sábados; infantis é de balde para os socios/as (e acompañantes) e de 3 euros para os non asociados/as.

O acceso ás sesión especiais ou outras, dependerá do anunciado en cada unha delas.

Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.
Pregamos puntualidade.


Lembre que se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID, pregamos use a máscara de protección dentro da sala.

Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.

Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).



A continuación, pode consultar aquí... a política de privacidade, a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].


----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1



Ningún comentario: