17/09/14

Sesións de Filmoteca · setembro—outubro 2014

Proxéctase durante os meses de setembro-outubro do 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h; cota xeral de 2  os seguintes filmes …



luns 22 de setembro do 2014

ciclo «cinema Fantástico»
Atención: horario especial, unha única sesión ás 20:30 h. e proxección de balde para os socios e socias. ¹

cartaz do filme
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 25'1 MbVO

Título: «Metropolis» · Metrópolis
(Metrópole)


Ano:
País:
Director:
Guión:
Música: e
Fotografía: e
Reparto: , , , ,
Duración: 153 min.
Produtora: Universum Film AG (UFA)
Distribuidora: Kino International Corporation
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
No futuro (ano 2000), na megápoles de Metrópole a sociedade divídese en dúas clases, os ricos que teñen o poder e os medios de produción, rodeados de luxos, espazos amplos e xardíns, e os obreiros, condeados a vivir en condicións dramáticas recluídos no soto dun gueto, onde se atopa o corazón industrial da cidade. Un día Freder (), o fillo do todoperoso Joh Fredersen (), o home que controla a cidade, descobre as duras condicións laborais dos obreiros tras namorarse de María (), unha rapariga de orixe humilde, venerada polas clases baixas e que predica os bos sentimentos e o amor. O fillo entón advirte ao seu pai que os traballadores podrían rebelarse.

Premios e mencións:
2002 · Círculo de Críticos de New York: premio especial (pola súa restauración)

Crítica:
"Obra mestra do cinema e filme capital do expresionismo alemán; trátase dunha visión apocalíptica da sociedade do futuro. No seu día foi unha grande superprodución da potente produtora alemá UFA, pero foi un fracaso na billetería." (Film Affinity)


Folla de sala: Metropolis [.pdf • 234 kB]


luns 29 de setembro do 2014

cartaz fo filme
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 10'3 MbVO

Título: «The Unknown Known: The Life and Times of Donald Rumsfeld» · Donald Rumsfeld: certezas desconocidas
(Donald Rumsfeld: certezas descoñecidas)


Ano:
País:
Director:
Guión: Errol Morris
Música:
Fotografía:
Reparto: , ,
Duración: 105 min.
Produtora: History Films | Moxie Pictures | Participant Media
Distribuidora: La Aventura Audiovisual
Exhibición: Dixital DV d · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
O exsecretario de defensa dos Estados Unidos durante a polémica administración do presidente George W. Bush, o «falcón» Donald Rumsfeld, fala sobre a súa carreira política en Washington D.C., dende os seus inicios nos anos 60 como congresista até a invasión de Iraq en 2003 tras o 11S e a posterior guerra en Afganistán.

Premios e mencións:
2013 · Festival de Venecia: sección oficial longametraxes a concurso

Crítica:
"O filme é o retrato dun home inquietante (…) Morris decide tomar o linguaxe como ring para o seu fascinante duelo con Rumsfeld"
Jordi Costa (El País)


Folla de sala: The Unknown Known [.pdf • 125 kB]



luns 6 de outubro do 2014

cartaz fo filme
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 4'4 MbVO

Título: «Edificio España»

Ano:
País:
Director:
Guión: Víctor Moreno e
Fotografía: Víctor Moreno
Xénero: documental
Duración: 94 min.
Produtora: Víctor Moreno PC | Zentropa Spain
Distribuidora: La Aventura Audiovisual
Exhibición: Dixital DV d · Cor · Ratio 1.33:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
No 2007 iníciase un proxecto de reforma integral do Edificio España (pertencente ao banco Santander), un inmoble emblemático de Madrid que en tempos do franquismo foi símbolo de prosperidade. Nas obras participan máis de douscentos traballadores de diversas nacionalidades, xerando un insólito anecdotario e incorporando as súas vivencias á propia memoria do lugar. Una inmensa torre de Babel sobre a que quedarán impresas as pegadas da nosa época.

Premios e mencións:
2012 · Documenta Madrid: sección competitiva longametraxe :: LXII Festival de San Sebastian: sección «Made in Spain»

Crítica:
"Ainda que a cámara non sae xamais do edificio (agás ao final), a realidade cóase entre as súas paredes. Como cando detrás do concienzudo traballo dos obreiros óuvese a voz do por entón presidente Zapatero falando dun positivo cadro macroeconómico e un crecemento da economía do 3%. "
Natalia Chientaroli (elDiario.es)


Folla de sala: Edificio España [.pdf • 549 kB]




¹
Aquelas proxeccións con aviso de gratuídade para socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co IVE actual do 21%.

Nesta tempada, estímase en 1  para as actividades de balde; un recargo ao prezo do socio nas sesión normais de 50 céntimos para as sesións de filmoteca (2 + 0,50) e 1 euro para as sesións do ciclo (4 + 1).


(horarios CUT+1)




Ningún comentario: