Descoñecemos o nivel de estrés actual que calquera pode ter a estas alturas do ano. O que si sospeitamos é que, cando saibades a programación que temos preparada, é probable que vos entre a típica ansiedade de "uiii esa non a perdo".
Con este plantexamento, e dadas as características que a cidade ofrece, procuramos tres filmes; clásicos, imperecedeiros e inesquecibles para tratar o termalismo nas diferentes épocas e continentes.
Serán tres días seguidos, nunha única sesión, a un prezo testemuñal (para que non agobie moito a volta de vacacións) e que aproveitaremos para presentar a programación deste trimestre.
Atención aos días, horas, e cotas especiais de entrada
Proxección: Biblioteca pública nodal de Ourense
Sesión única: 20:30 horas (martes,mércores e xoves)
Cota entrada: 1,50
A folla de sala dos filmes, podes descargala (PDF); aqui. (115 kb)
- martes,16 de setembro
O BALNEARIO DE BATTLE CREEK
(El balneario de Battle Creek) The Road to Wellville
(1994, EE.UU) 120 min.
Director: Alan Parker
Guión: Alan Parker (Novela: T. Coraghessan Boyle) | Música: Rachel Portman | Fotografía: Peter Biziou | Reparto: Anthony Hopkins, Bridget Fonda, Matthew Broderick, John Cusack, Dana Carvey, Michael Lerner, John Neville, Camryn Manheim
Produtora: J&M Entertainment / Beacon | Distribuídora: Lauren films | Exhibición: Dixital DV, AR; 1,85:1, Dolby Sr SDDS | Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán
Comedia que narra a vida do excéntrico doutor John Harvey Kellog -inventor entre outras cousas, dos copos de cereais- (A. Hopkins), un defensor acérrimo da vida natural, e que rexenta un luxoso balneario en Battle Creek.
Crítica
“Sensual comedia con espléndida fotografía de principios do século XX e cun excelente elenco”
(Peter Stack, San Francisco Chronicle)
- mércores,17 de novembro
HAMAN O BAÑO TURCO
(Hamam: el baño turco) Hamam (Il bagno turco)
(1997, Italia) 101 min.
Director: Ferzan Ozpetek
Guión: Ferzan Ozpetek | Música: Pivio & Aldo De Scalzi |Fotografía: Pasquale Mari | Reparto: Alessandro Gassman, Halil Ergün, Francesca D'Aloja, Carlo Cecchi, Serif Sezer, Mehmet Gunsur, Basak Köklükaya, Alberto Molinari
Produtora: Coproducción Italia-Turquía-España; Sorpasso Film / Promete Film / Asbrell Productions | Distribuídora: Vértigo films | Exhibición: Dixital DV, AR; 1,85:1, Dolby | Versión orixinal en italiano e turco, con subtítulos en castelán
Un italiano recibe en herdanza un vello baño turco (un hamam), situado en Istanbul. A propietaria era unha tía súa que emigrara a Turquía moitos anos antes. O home trasládase a Istanbul coa intención de arranxar os papeis e vender o inmoble o antes posible. Alí alóxase na casa dos antigos empregados da súa tía, un matrimonio cun fillo e unha filla.
Crítica
"Bela historia de amores e rencores en Estambul"
(Javier Angulo, Cinemanía)
- xoves, 18 de novembro
A DUCHA
(La ducha) (Shower) Xizao
(1999, China) 92 min.
Guión: Zhang Yang |Música: Ye Xiao Gang | Fotografía: Zhang Jian | Reparto: Zhu Xu, Pu Cunxin, Jiang Wu
Produtora: Imar | Distribuídora: Alta films | Exhibición: Dixital DV, AR; 1,85:1 | Versión orixinal en chino mandarín e italiano con subtítulos en castelán
Abandonado polo seu fillo maior Daming, que se foi de Beijing en busca de fortuna, o señor Liu continúa aferrado ao seu traballo como propietario duns baños públicos, a súa vocación de toda a vida. Ademais ha de coidar do seu outro fillo Erming, que sofre un atraso mental. Daming crendo que o seu pai morreu, regresa a Beijing para descubrir a maxia dos baños públicos.
Premios
1999: Festival de San Sebastián: Cuncha de Prata ao mellor director
1999: Festival de Rotterdam: Premio do Público
1999: Festival de Toronto: Premio da Crítica Internacional
Crítica
"Tranquila ventana á China actual con amabilidade e sen cerimonias"
(Antonio Weinrichter, Cinemanía)
----------------------------
Pregamos puntualidade, porque unha vez comezada sesión, non estará permitido o acceso.
Agradecemos en nome do público, que apagues o teléfono móbil na sala, e veñas... xa merendado.
[Todos os filmes programados, non son recomendados a menores de trece anos, agás "A ducha", que é apta para todos os públicos]
Pregamos puntualidade, porque unha vez comezada sesión, non estará permitido o acceso.
Agradecemos en nome do público, que apagues o teléfono móbil na sala, e veñas... xa merendado.
[Todos os filmes programados, non son recomendados a menores de trece anos, agás "A ducha", que é apta para todos os públicos]
Ningún comentario:
Publicar un comentario