28/03/15

programación abril 2015

A programación deste abril ven cargada de simbolismos, indefinidos e embriagados (despois de recuperar felizmente o convenio co «CGAI») deste xeito, vos presentamos nos «luns de filmoteca», filmes relacionados coa bela arte de pintar; Para o resto deste mes, establecendo certa analoxía ca pintura de Botticelli «A primavera» e as regras musicais, vos propoñemos unha inxente harmonía de estilos musicais dispares, un concerto co espírito da natureza, con abundancia de elementos, persoaxes e posturas a retratar.

Existe unha convicción xeral sobre a música, sobre o seu poder para aliviar as melancolías dos deprimidos e deter a furia dos violentos. A piques de estrear esta primavera, que ben puidera vir recortarda (neste caso, non polo goberno, senon polas influenzas estacionais e caprichosas do tempo), tentaremos reconducir a mobilización hormonal que nos asexa, ao ritmo duns sons e imaxes incandescentes, un bulebule entre o noso espazo habitual da , e outros espazos (recoñecidos pola súa programación musical) como son, o , e no (aos cales agradecésmoslle a súa colaboración).
Poderás ollar nestes locais, os avances dun fin de festa espectacular!, que programamos na última semana de abril (na Biblioteca pública, proxeccións todos os día da semana). Atentos pois, porque algún destes filmes inesquecíbeis, só podéranse ver nun único pase.
Aventura o teu corazón a ritmos efervescentes, libera as túas endorfinas co sentido de humor dalgún dos filmes, e que florezan as túas emocións con inéditas imaxes, para dar a benvida a esta «Primavera de música» como se merece e combater -si así fora- o sentimento de impotencia.


programación abril 2015
Cartaz da programación de abril 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Este programación está libre de hipersensibilidades, mais se tes algunha dúbida, consulta co… farnacéutico; porén, tamén podes seguir as túas propias intuicións, xa deberías saber que, o cineclube, poucas veces defrauda, non si?
Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 7'2 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.




luns 6 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 30'1 MB] VOS

Título: «Adieu au langage» · Adiós al lenguaje
(Adeus ao Linguaxe)

Ano:
País:
Director:
Guión: Jean-Luc Godard
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 70 min.
Producción: Wild Bunch
Distribuidora: CGAI | Vértigo
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.78:1
Idioma: francés e inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Malia a fragmentación do relato, pódese entrever a relación entre unha muller casada e un home solteiro que se aman e peléxanse. Mentres, un can vaga entre o campo e a cidade.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Cannes: premio do xurado.

Crítica:
"O mundo cotián preséntasenos vivo e estraño, mostrado ao través dunha serie de bocetos e composicións dun artista cun ollo excéntrico e infalible…"
A.O. Scott (The New York Times)


mércores 8 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 22 MB] VOS

Título: «20,000 Days on Earth» · 20.000 días en la tierra
(20.000 Días na Terra)

Ano:
País:
Director: e
Guión: Iain Forsyth e Jane Pollard
Música:
e Fotografía:
Reparto: Nick Cave, , , ,
Duración: 95 min.
Produtora: BFI | Film4 | Pulse Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby Dixital
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)

Sipnose:
Drama e realidade combínanse en 24 horas ficticias na vida do músico e icona cultural internacional . Con ideas sorprendentes e un íntimo retrato do proceso artístico, o filme examina o que nos fai ser, o que somos e celebra o poder transformador do espírito creativo.

Premios e mencións:
2014 · Sundance: mellor dirección e montaxe :: Festival Internacional de Istanbul, Turquía: premio FIPRESCI :: San Sebastián: sección Perlas :: In-Edit: filme de clasura.

Crítica:
"É tan distinta que nin debería considerarse un documental. (…) Cautivadora visita ao interior dun músico que medita sobre a súa vida e o sentido da súa obra…"
Nando Salvá (Cinemanía)



luns 13 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 10'9 MB] VOS

Título: «Shirley: Visions of Reality» · Shirley: Visiones de una realidad
(Shirley: Visións dunha realidade)

Ano:
País:
Director:
Guión: Gustav Deutsch
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 92 min.
Produtora: KGP Kranzelbinder Gabriele Production
Distribuidora: CGAI | Karma Films
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.85:1
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)

Sipnose:
Trece pinturas de Edward Hopper cobran vida para contarnos a historia dunha muller que vive unha realidade que non acepta. Shirley é unha muller atractiva, carismática, comprometida e emancipada que querería cambiar o curso da historia, unha muller que non acepta a realidade da época que lle tocou vivir: América entre os anos 30 e os 60.

Premios e mencións:
2014 · Viennale, Austria: gañadora á mellor fotografía, mellor vestiario e mellor dirección artística.
2013 · Festival de Berlin: Forum.

Crítica:
"Unha impresionante recreación cinematográfica das imaxes e estados de ánimo de Hopper, que pon dun xeito máis polémico a obra do realista americano nun contexto social, político e cultural…"
Deborah Young (The Hollywood Reporter)


martes 14 de abril do 2015

cartaz do filme

Título: «The Clash: Westway to the World»
Ano:
País:
Director:
Música:
Fotografías: Pennie Smith, Kate Simon, Caroline Coon, Shiela Rock, Julian Yewdall, Paul Slattery, Bob Gruen e Adrian Boot
Reparto: , , , ,
Duración: 79 min.
Produtora: Sony Music | Dorisimo LTD | Uptown Films
Distribuidora: 3DD Entertainment
Exhibición: Dixital DVD · Cor e B/N · Ratio 1.78:1 · Mono e Remasterizado a Dolby dixital
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
«The Clash: Westway to the World» amosa ao lexendario grupo de punk-rock, «», nunha serie de reveladoras entrevistas reveladoras (moitas exclusivas) mesturando imaxes inéditas ao vivo.

Premios e mencións:
2003 · Grammy®: premio ao mellor vídeo de longo formato.

Crítica:
" sempre tiñan asumido riscos. Grazas a elo, a súa aportación ao rock & roll non foi tanto a de mudar o seu rumbo, senón a de renovar constantemente a promesa que sempre estivo presente na súa música: a dunha anomalía que falaba sobre a liberación, que poñía voz a aquelos a quenes lles es negada… "
Mikal Gilmore (Rolling Stone)


mércores 15 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 17 MB] VOS

Título: «God Help the Girl»

Ano:
País:
Director:
Guión: Stuart Murdoch
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 111 min.
Produtora: Barry Mendel Productions | British Film Company | HanWay Films | Amplify
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Eve, unha moza de Glasgow internada nun hospital, escribe cancións para superar os problemas emocionais que a levaron até alí. Un día coñece a James e a Cassie, dous músicos que, do mesmo xeito que ela, atópanse en plena encrucillada vital. Musical escrito e dirixido por , o vocalista do grupo «».

Premios e mencións:
2014 · Sundance: premio especial do xurado :: Festival de Berlin: Generation 14Plus :: SXSW (Austin, Texas): Beats Per Second.

Crítica:
"O filme afírmase como fantasía musical fora de tempo (entre ecos do Free Cinema, a Nouvelle Vague e o indie)…"
Jordi Costa (Fotogramas)



venres 17 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 7'3 MB] VO

Título: «I Am Trying to Break Your Heart»
Ano:
País:
Director:
Guión: Sam Jones
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 92 min.
Produtora: Bona Fide Productions | Cowboy Pictures | Experience Music Project
Distribuidora: Inedit producciones
Exhibición: Dixital BD · Cor e B/N · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idioma: inglés · VOSG (versión orixinal subtítulada ao galego)

Sipnose:
Documental que amosa o proceso de gravación de «», o cuarto disco da banda de Chicago «». Un disco que foi rexeitado pola casa discográfica Warner debido a que crían que non tiña atractivo comercial. Curiosamente, o disco acabou sendo editado por «Nonesuch Records», unha subsidiaria de AOL Time Warner, e acabou sendo todo un éxito de crítica e público. Tamén reflicte algunhos conflitos internos da banda, entre eles o abandono de da banda en plena gravación.

Premios e mencións:
2004 · Festival Beefeater In-Edit: sección oficial




luns 20 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 22'5 MB] VOS

Título: «National Gallery» ·

Ano:
País:
Director:
Guión: Frederick Wiseman
Fotografía:
Xénero: Documental
Duración: 180 min.
Produtora: Gallery Film LLC | Idéale Audience | Canal+ | Le Fresnoy
Distribuidora: CGAI | Surtsey
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.85:1
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)

Sipnose:
A «National Gallery» de Londres, un dos maiores museos do mundo, alberga 2.400 pinturas que abarcan desde o século XIII até fins do XIX. Case todas as experiencias humanas atópanse representadas nesas pinturas. En distintas galerías, amosanse ao público os programas educativos e aos estudantes, científicos e restauradores estudando, restaurando e organizando as exposicións da pinacoteca londinense. Tamén analízanse as relacións, entre a pintura e a literatura.

Premios e mencións:
2014 · Cannes, Francia: Quinzaine des Réalisateurs :: New York Film Festival: selección oficial :: TIFF: selección oficial.

Crítica:
"A combinación perfecta das belas artes co cinema, sempre con ollo crítico, interesado, gozando mentres recoñece cada obra e sentindo a necesidade de ver máis aló do que se amosa…"
Andrea Fuentes (www.criticasen8mm.com)


martes 21 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 17'3 MB] VO

Título: «The Rolling Stones: Sweet Summer Sun from Hyde Park»
Ano:
País:
Director:
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 118 min.
Produtora: ERP | JA Digital | Jim Parsons
Distribuidora: Eagle
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.78:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: inglés · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Rexistra a serie de concertos que os «» realizaron en xullo do 2013 no «Hyde Park» de Londres, con gallo da celebración dos seus 50 anos da súa carreira artística.


Crítica:
"A versión do 2013 é soberbia, con percorrendo a escea como si tiviese 20 en lugar de 70, e lucíndose cada vez máis na primeira guitarra e slide. Un dos grandes momentos, é o regreso de (…) para una extensa «Gimme Shelter», co blues de na armónica… "
Claudio Kleiman (Rolling Stone)


mércores 22 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 23'3 MB] VOS

Título: «Sunshine on Leith» · Amanece en Edimburgo
(Amence en Edimburgo)

Ano:
País:
Director:
Guión:
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 100 min.
Produtora: Black Camel Pictures | DNA Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Dous bos amigos, Davy e Ally,voltan ás súas vidas en Edimburgo, tras cumprir o servizo na guerra de Afganistán. Ambos continúan as súas relacións de parella: Ally con Liz () e Davy con Yvonne (). Namentres tanto, os pais de Davy, Rab e Jean están ocupados planeando as súas vodas de prata. Todo vai ben até que unha revelación do pasado de Rab ameaza con destruír á familia e separar ás tres parellas.

Premios e mencións:
2014 · BAFTA: 4 nominacións :: Empire Awards (Londres, Reino Unido): 3 nominacións :: London Critics Circle Film Awards: xove artista do ano ().

Crítica:
"Carta de amor á preciosa Edimburgo por medio das cancións de «», o filme apela a paixóns tan básicas como o amor, a guerra, a familia e até o pub… "
Javier Ocaña (El País)


venres 24 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 30'7 MB] VOS

Título: «Shut Up and Play the Hits»
Ano:
País:
Director: e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 108 min.
Produtora: Pulse Films | Killer Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: inglés · VOSG (versión orixinal subtítulada ao galego)

Sipnose:
O 2 de abril de 2011, «» deu o seu último concerto no «Madison Square Garden». No cumio da súa popularidade, unha das máis recoñecidas e influentes bandas da súa xeración decidiu realizar o maior concerto da súa carreira, para despois terminar coa agrupación. Isto foi, en palabra de «The Guardian», «un réquiem para o hipster». Esta decisión foi tomada polo líder da banda, .
«LCD Soundsystem: Shut Up and Play the Hits» é un concerto narrativo, un documento sobre un momento musical, ao xeito de «The Last Waltz» e «Stop Making Sense», e amosanós a ao día seguinte, enfrontando as secuelas desta decisión.

Premios e mencións:
2012 · CPH:DOX, København (Dinamarca): 2 nominacións :: Karlovy Vary Film Festival (Bohemia, Chequia): sección oficial :: In-Edit Beefeater: sección oficial.

Crítica:
"…Combina con pulso firme os momentos musicais daquel concerto irrepetible cos consecuentes porqués que levaron a a disolver unha das mellores bandas da última década no seu momento de maior soleira creativa… "
Sergio Del Amo (PlayGround)




luns 27 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 10'4 MB] VO

Título: «Paul Cézanne» · Soy Cézanne
(Cézanne)

Ano:
País:
Director: e
Guión: Danièle Huillet e Jean-Marie Straub
Fotografía:
Xénero: Documental
Duración: 48 min.
Produtora: Le Musée d'Orsay | La Sept | Diagonale | Straub-Huillet
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital (BD) · Cor e B/N · Ratio 1.37:1 · Mono
Idioma: francés e alemán · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)

Sipnose:
Unha montaxe que inclúe pinturas do artista, material rodado ao pé do Mont Sainte-Victoire e escenas dos filmes «Madame Bovary» de e «The Death of Empedocles» de . O filme é unha homenaxe á luz, á cor, a pintura, a natureza, ao cinema e ao terrible e glorioso mundo da realidade.


cartaz do filme

Título: «Une visite au Louvre» · Una visita al louvre
(Unha visita ao Louvre)

Ano:
País:
Director: e
Guión: Danièle Huillet e Jean-Marie Straub
Fotografía: e
Xénero: Documental
Duración: 44 min.
Produtora: Straub-Huillet | Atopic | CNC | Le Fresnoy | Fondation de France | Ministère de la Culture | Strandfilm | ZDF | RAI
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.37:1 · Mono
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)

Sipnose:
Este filme de e é o compañeiro de «», que realizasen 14 anos antes. O título do filme fai referencia a Dominique Païni, programador do Louvre un quindenio atrás. Como en «», o filme baséase no libro de Joachim Gasquet adicado ao pintor, especialmente o capítulo titulado «Lle Louvre», que conta as visitas de Cézanne ao «Louvre», acompañado polo mozo Gasquet.



martes 28 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 11'3 MB] VO

Título: «Pulp — The Beat Is the Law: Fanfare for the Common People» · Pulp: The Beat Is the Law
Ano:
País:
Director:
Guión:
Música:
Reparto: , , , ,
Duración: 91 min.
Produtora: Sheffield Vision
Distribuidora: Inedit producciones
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.77:1 · Dolby dixital
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Festival de en 1995; Os «» caen do cartel e non está dispoñible. Substitución de último minuto, toma o escenario para facer fronte a 80.000 persoas. Ofrecen un concerto considerado, como un dos mellores da historia do festival, culminando coa tema dese momento… «», [.mp4 · 38'6 MB]  e catapultanse á vangarda do movemento «Britpop», un logro que 10 anos atrás parecía un soño imposible.
Eles son o punto de partida e eixo deste documental pero, máis aló de , «The Beat Is the Law» é, en realidade un documental sobre unha época nun lugar determinado: Sheffield (Yorkshire, Inglaterra). Unha cidade que, durante un tempo, foi un auténtico motor musical consecuencia dunha época, unha economía e un xeito de facer política moi concretos, tristemente semellante aos nosos días. Polo menos eles tiveron un ciclo musical fantástico.

Premios e mencións:
2012 · Festival In-Edit: sección oficial

Crítica:
"Excelente (…) convicente… "
David Buckley (Mojo)



cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 38'2 MB] VO

Título: «Venid a las cloacas: La historia de la Banda Trapera del Río» · (Vide ás cloacas: A Historia da Banda Trapeira do Río)
Ano:
País:
Director:
Guión: Daniel Arasanz e .
Música:
Fotografía: e
Reparto: , , ,
Duración: 90 min.
Produtora: Magoproduction
Distribuidora: Inedit producciones
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: castelán e catalán · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Unha homenaxe celebrada en Madrid abre a porta á «», un dos grupos máis salvaxes do rock español. Estos supervivintes da transición en Cornellà narran a súa turbulenta historia e cavilan sobre o que podría ter sido e o quedou de todo aquelo.

Premios e mencións:
2010 · In-Edit Beefeater: premios ao mellor documental e do público.

Crítica:
"Ofrece un retrato veraz, en ocasións divertido, outras absurdo e a intres patético e doloroso, dun dos mellores grupos de Rock que deu España e o mellor, sen dúbida, que deu unha Cataluña que sigue a criar pombas, rendida aos pes de calquera mediocridade inchada desde os despachos oficiais mentras ignora aos creadores de «Ciutat podrida». Será que a nadie lle gusta que lle lembren que as cloacas existen, ainda que algunhas non corran baixo a terra e as súas ratas carguen o Moët Chandon a nosa conta… "
Normelvis Bates ()


mércores 29 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 19'9 MB] VO

Título: «Frank»
Ano:
País:
Director:
Guión: e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 95 min.
Produtora: Element Pictures | Film4 | Runaway Fridge Productions
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Jon (), un novo aspirante a músico, únese a un grupo de excéntricos músicos pop liderado polo enigmático Frank () e a súa neurótica compañeira Clara ()

Premios e mencións:
2014 · British Independent Film Award: 5 nominacións, 2 premios :: Dublin Film Critics Circle Awards: mellor filme irlandés.

Crítica:
"Historia de momentos tolos, graciosos todos. Cimentada con todo por un innegable ton morriñento… "
Salvador Llopart (La Vanguardia)


xoves 30 de abril do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 22'9 MB] VO

Título: «American Interior»
Ano:
País:
Director: e
Guión: Gruff Rhys
Música: Gruff Rhys
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 88 min.
Produtora: Ie Ie Productions
Distribuidora: Inedit producciones
Exhibición: Dixital BD · B/N · Ratio 1.78:1 · Dolby dixital
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
() busca a John Evans, un devanceiro seu que abandonou Gales en 1972 para procurar unha tribo de indios que falaban galés. refai a súa aventura ao longo e ancho do interior americano por medio da mofa, a fantasía, «Power Points e pop.

Premios e mencións:
2014 · IFFLA, Los Angeles (California, Estados Unidos): sección oficial :: Festival In-Edit: mellor filme internacional :: «HotDocs» Canadian International Documentary Festival, Toronto (Canadá): sección oficial :: CPH:DOX, København (Dinamarca): sección oficial :: SXSW (Austin, Texas): Beats Per Second

Crítica:
"Si, é un traballo divertido e ás veces irreverente… "
David Jenkins (Little White Lies)



cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 21'5 MB] VO

Título: «Petey & Ginger »
Ano:
País:
Director:
Guión: Ada Bligaard Søby
Música:
Fotografía:
Reparto: ,
Duración: 58 min.
Produtora: Beofilm | Silverosa Film
Distribuidora: Inedit producciones
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idioma: noruego · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Petey (traballa nun sex-shop, toca no grupo de garaxe «») e Ginger (ex-moza de compañía, bota o tarot), son pobres como ratas nun país arruinado. Un belo canto á condición humana en pleno apocalipse post-crash. Esta é unha historia de redención e supervivencia vista a través dos seus protagonistas. Ámbolos dous viven nunha Gomorra moderna, arrodeados de tristeza, locura, violencia e perdición. Porén hai esperanza no pesadelo americano. Ainda así, nunha sociedade dividida entre millonarios e servos, nun país en bancarrota cheo de xente sóa e desesperada, arranxan para manter a esperanza, verlle o lado bo á vida, conservar os seus soños e querer aos seus amigos. E todo elo seguindo o seu propio camiño.

Premios e mencións:
2012 · CPH:DOX, København (Dinamarca): nominación directora :: Beefeater In-Edit Film Festival: selección oficial.

Crítica:
"O seu maior defecto é a súa curta duración. Moi ben escollidos aos dous protagonistas: ambos levan vidas curiosas… Honesta, divertida, che deixa gañas de facerte amiga dos protagonistas. Fantástica banda sonora…"
Gorkapv | yavalabala (filmin.es)


luns 4 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 17'8 MB] VOS

Título: «Mr. Turner »
Ano:
País:
Director:
Guión: Mike Leigh
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 149 min.
Produtora: Focus Features International | Film4 | Thin Man Films | Xofa Productions
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Biografía sobre o pintor británico Joseph Mallord William Turner, artista recoñecido, ilustre membro da «Royal Academy of Arts», vive co seu pai e a súa leal ama de chaves. É amigo de aristócratas, visita bordeis e viaxa frecuentemente na procura de inspiración. A pesares da súa fama, tamén é vítima das burlas do público e do sarcasmo da sociedade. Profundamente afectado pola morte do seu pai, decide aillarse. A súa vida muda cando coñece á señora Booth, propietaria dunha pensión familiar ás beiras do mar.

Premios e mencións:
2014 · Premios Oscar:: 4 nominacións incluindo mellor fotografía :: Festival de Cannes: mejor actor () :: Premios BAFTA: 4 nominacións incluíndo mellor fotografía :: Festival de Sevilla: mellor director, mellor actor :: NBR: mellores filmes independentes do ano :: Círculo de Críticos de New York, Premios do Cinema Europeo: mellor actor :: Satellite Awards: mellor fotografía :: Critics Choice Awards: 2 nominacións incluíndo mellor fotografía.

Crítica:
"…Realizáronse moitos filmes sobre pintores, esquecibles algunhos deles (…) Mr. Turner é unha das mellores… "
Carlos Boyero (El País)





Resumo da programación: abril 2015 [.pdf • 221 kB]
Engade a nosa programación ao teu calendario [.ics · 397 kB] .iCal




Sesións na Biblioteca Pública:
Os luns ás 20:30 e 23 h.* — Cota de sostenemento de actividade, no acceso para socios/as: 2 ; non asociados/as: 2'5  (+ IVE)
Os martes e xoves ás 20:30 e 23 h. — Cota de sostenemento no acceso para socias/os: 2 ; non asociados/as: 2'5  (+ IVE)
Os mércores ás 18, 20:30 e 23 h — Cota de sostenemento no acceso para socios/as: 4 ; non asociados/as: 5  (+ IVE)

* Agás o luns 20 de abril, unha única sesión ás 20:30 h.
Bonificacións: os teñen reducción dun euro na cota de sostenemento no acceso dos mércores, se asistiron nesa mesma semana, ao luns de filmoteca

Lugares:
(casa da Cultura), rúa Concello 11

Café cultural Auriense, praza do Correxedor 11.
Sesións os días 9 e 23 de abril ás 20:30 h — acceso de balde.
Café cultural «El Pueblo», rúa Samuel Eiján 1.
Sesións os días 7, 14 e 21 de abril ás 20:30 h — acceso de balde.
Café pop Torgal, rúa Celso Emilio Ferreiro 20.
Sesións os días 16, 17 e 24 de abril ás 20:30 h — acceso de balde.


Proxeccións en VOS (agás cando se indique o contrario) ao castelán e galego; os filmes, polo xeral, non son recomendados para menores de 13 anos. Non se permite o acceso ao salón de actos da Biblioteca, unha vez comezada a proxección.




Lembrade que, temos propostas e liñas abertas á vosa colaboración e participación:
  1. Animádevos a presentar algún dos filmes programados (lígase despois, bbfff…unha barbaridade…,hai unha chea de recoñecemento social, fanche descontos, entras gratis á sesión, invitamos a unha caña… etc.)
  2. Queremos por en marcha o Ambigú do cineclube na biblioteca (un espazo de reflexión e debate sobre as películas programadas ou as que hai en depósito na biblioteca)
  3. Tes ao seguir estas liñas, todo o espazo do mundo, para comentar, suxerir ou espallar polas redes sociais, aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.


Horarios CUT+1


Ningún comentario: