mércores 8 de abril, na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme
Título: «20,000 Days on Earth» · 20.000 días en la tierra
(20.000 Días na Terra) Ano: 2014 País: Reino Unido Director: Iain Forsyth e Jane Pollard Guión: Iain Forsyth e Jane Pollard Música: Nick Cave e Warren EllisFotografía: Erik Wilson Reparto: Nick Cave, Susie Cave, Warren Ellis, Darian Leader, Kylie Minogue… Duración: 95 min. Produtora: BFI | Film4 | Pulse Films Distribuidora: Avalon Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby Dixital Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)
Sipnose:
Drama e realidade combínanse en 24 horas ficticias na vida do músico e icona cultural internacional Nick Cave. Con ideas sorprendentes e un íntimo retrato do proceso artístico, o filme examina o que nos fai ser, o que somos e celebra o poder transformador do espírito creativo.
Premios e mencións: 2014 · Sundance: mellor dirección e montaxe :: Festival Internacional de Istanbul, Turquía: premio FIPRESCI :: San Sebastián: sección Perlas :: In-Edit: filme de clasura.
Crítica:
"É tan distinta que nin debería considerarse un documental. (…) Cautivadora visita ao interior dun músico que medita sobre a súa vida e o sentido da súa obra…"
Nando Salvá (Cinemanía)
Temos máis días e lugares con proxeccións, velaquí tes, a programación completa desta intensa «Primavera de música».
A cota xeral para socios e socias é de 2 €, co resgardo da «sesión filmoteca» deste luns, tes 1 € de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións de balde, deste xeito tes dous filmes por 5 €.
Para os non asociados/as, a cota xeral é de 2'5 € (+ IVE) e non se aplican descontos; xa tardas en facerte socio/a.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario