Amosando publicacións coa etiqueta Rolling Stones. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rolling Stones. Amosar todas as publicacións

28/03/15

programación abril 2015

A programación deste abril ven cargada de simbolismos, indefinidos e embriagados (despois de recuperar felizmente o convenio co «CGAI») deste xeito, vos presentamos nos «luns de filmoteca», filmes relacionados coa bela arte de pintar; Para o resto deste mes, establecendo certa analoxía ca pintura de Botticelli «A primavera» e as regras musicais, vos propoñemos unha inxente harmonía de estilos musicais dispares, un concerto co espírito da natureza, con abundancia de elementos, persoaxes e posturas a retratar.

Existe unha convicción xeral sobre a música, sobre o seu poder para aliviar as melancolías dos deprimidos e deter a furia dos violentos. A piques de estrear esta primavera, que ben puidera vir recortarda (neste caso, non polo goberno, senon polas influenzas estacionais e caprichosas do tempo), tentaremos reconducir a mobilización hormonal que nos asexa, ao ritmo duns sons e imaxes incandescentes, un bulebule entre o noso espazo habitual da , e outros espazos (recoñecidos pola súa programación musical) como son, o , e no (aos cales agradecésmoslle a súa colaboración).
Poderás ollar nestes locais, os avances dun fin de festa espectacular!, que programamos na última semana de abril (na Biblioteca pública, proxeccións todos os día da semana). Atentos pois, porque algún destes filmes inesquecíbeis, só podéranse ver nun único pase.
Aventura o teu corazón a ritmos efervescentes, libera as túas endorfinas co sentido de humor dalgún dos filmes, e que florezan as túas emocións con inéditas imaxes, para dar a benvida a esta «Primavera de música» como se merece e combater -si así fora- o sentimento de impotencia.


programación abril 2015
Cartaz da programación de abril 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Este programación está libre de hipersensibilidades, mais se tes algunha dúbida, consulta co… farnacéutico; porén, tamén podes seguir as túas propias intuicións, xa deberías saber que, o cineclube, poucas veces defrauda, non si?
Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 7'2 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.


ciclo «Primavera de Música» * extra

Proxectaremos no ciclo «Primavera de Música» aparte do noso lugar habitual, noutros espazos (recoñecidos pola súa programación musical) como son o café cultural Auriense, «El Pueblo» e café pop Torgal. Neles terás avances dos filmes que proxectamos na así como filmes inesquecíbeis, nunha sóa sesión única e con acceso de balde, ás 20:30 h. os martes, xoves e venres do mes de abril de 2015