28/02/15

«Loreak» · Flores

mércores 4 de marzo, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4  (non socios/as: 5  + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 12'2 MB] VOS

Título: «Loreak» · Flores

Ano:
País:
Director: e
Guión: José Mari Goenaga, Jon Garaño e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 99 min.
Produtora: Irusoin | Moriarti Produkzioak
Distribuidora:
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: eúscaro · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
A vida de Ane dá un xiro cando semanalmente comeza a recibir de forma anónima un ramo de flores na súa casa. Pola súa banda as vidas de Lourdes e Tere tamén se ven afectadas por unhas misteriosas flores. Un descoñecido deposita cada semana un ramo en memoria de alguén que foi importante nas súas vidas. Esta é a historia de tres mulleres, tres vidas alteradas pola mera presenza dunhas flores. Flores que farán xermolar nelas sentimentos que parecían esquecidos… Pero á fin e ao cabo, non son máis que flores.

Premios e mencións:
2014 · Premios Goya®: 2 nominacións incluíndo mellor filme.

Crítica:
"Tan encantadora e belamente construída como as frores do seu título (…) unha dos mellores filmes en éuscaro que xamais se fixesen nunca"
Jonathan Holland (The Hollywood Reporter)




Folla de sala: Loreak [.pdf • 156 kB]


Filme non recomendable para menores de trece anos.



luns 2 de marzo, na «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h.  
Luns de Filmoteca

A cota xeral de acceso para socios e socias é de 2 , co resgardo da «sesión filmoteca» deste luns, tes 1  de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións de balde, deste xeito tes dous filmes por 5 .
Para os non asociados/as, a cota de acceso xeral é de 2'5  (+ IVE) e non se aplican descontos; xa tardas en facerte socio/a.

Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.

(horarios CUT+1)

Ningún comentario: