22/02/15

«Love is Strange» · O Amor é Estraño

mércores 25 de febreiro, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4  (non socios/as: 5  + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 21'8 MB] VOS

Título: «Love is Stranger» · El amor es extraño
(O Amor é Estraño)

Ano:
País:
Director:
Guión: Ira Sachs e
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 94 min.
Produtora: Parts & Labor Films | Charlie Guidance | Mm…Buttered Panini Productions | Sony Pictures Classics
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital
Idioma: inglés e ruso · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)

Sipnose:
Cando no 2011 legalízase en New York o matrimonio homosexual, Ben e George, que levan 39 anos xuntos, deciden casar. Pouco despois, despiden a George sen explicación ningunha da escola católica onde ensinaba música e perden o seu piso en Chelsea. Unha parella gai de policías acolle a George, e Ben vaise vivir á casa do seu sobriño en Brooklyn. Verse obrigados a vivir na casa allea, o esforzo por ser amables máis a preocupación por un futuro incerto son motivos de estrés para todos.

Premios e mencións:
2014 · Premios Gotham: nominada ao mellor filme :: Independent Spirit Awards: 4 nominacións incluíndo mellor filme :: Satellite Awards: 2 nominacións incluíndo mellor filme.

Crítica:
"Moitos, sospeito, emocionaranse até chorar con «O amor é estraño» (…) Non porque esaxere as situacións dramáticas, senón polas súas notas de graza e os silenciosos feitizos emitidos por un grupo de actores en estado de graza"
Michael Phillips (Chicago Tribune)



Folla de sala: Love is Stranger [.pdf • 165 kB]


Filme non recomendable para menores de dezaseis anos.



luns 23 de febreiro, na «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h.  
Luns de Filmoteca

A cota xeral de acceso para socios e socias é de 2 , co resgardo da «sesión filmoteca» deste luns, tes 1  de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións de balde, deste xeito tes dous filmes por 5 .
Para os non asociados/as, a cota de acceso xeral é de 2'5  (+ IVE) e non se aplican descontos; xa tardas en facerte socio/a.

Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.

(horarios CUT+1)

Ningún comentario: