Dadas as restriccións impostas a Ourense e Ribadavia co número de asistentes en espazos culturais, retrasamos a habitual cita de novembro no Museo etnolóxico de Ribadavia, para este mes de decembro e nun lugar e formato distinto.
Será en dous fins de semana na igrexa da Madalena, cun horario tamén alternativo para permitir cumprir outra das obrigas impostas, como é o toque de recolla.
Nesta caso o ciclo proposto é unha radiografia galega de cine que consideramos xa, uns clásicos. Pregamos atención ás medidas sanitarias para previr a expasión do COVID. As sesións teñen un aforo limitado, con profilaxis de mans no acceso, distancia de seguridade e obriga de máscara en todo momento.
O acceso é de balde e de seguido o detalle da programación.
«Estruturas. Pel contra pel»
O documental amosa un conxunto de actuacións de responsabilidade colectiva que repercuten no urbanismo e na paisaxe: a explotación forestal, os tendidos eléctricos de proporcións desmedidas, a actuación humana ante o crecemento pobacional, o abandono do patrimonio, as obras inacabadas, a especulación, etc.
(Prevemos a asistencia dos directores)
«El bosque animado» O bosque animado
Nun bosque fantástico dunha aldea galega do rural "naqueles anos nos que unha galiña custaba dúas pesetas e o bosque de Cecebre era máis extenso e máis frondoso" transcorre a vida, cun bandido que tenta asaltar algo, un poceiro coxo, unha ánima en pena, unha muller farta da explotación laboral á que a súa tía a somete e que decide buscar a vida na cidade, un meniño rebuldeiro cunha irmá tamén cativa que traballa máis que dorme, unhas solteiras da capital (Amparo Baró e Alicia Hermida) que foron á aldea para relaxarse, o cura, o garda civil e o señor do pazo chamado o D'Abondo.
Premios:
1987: Goya mellor película, actor e guión
«O apóstolo»
Un preso foxe do cárcere para tentar atopar un tesouro agochado hai anos nunha aldea do Camiño de Santiago, pero o que atopa suporalle unha condena maior da que fuxiu. Vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño e o arcipreste de Santiago xúntanse no Camiño. Un filme de misterio, humor, animación e invención.
Premios:
2013: Festival de Annecy: Premio do público
2013: Fantasporto: Premio especial do xurado
2014: Animamundi; Mellor película de animación
«O que arde»
Nos Ancares lucenses, Amador Coro (interpretado por Amador Arias) é un veciño pirómano que sae do cárcere e regresa á súa casa, coa súa nai Benedicta (intepretada por Benedicta Sánchez), a súa cadela Luna e as súas vacas. As súas vidas transcorren con normalidade no medio da natureza até que un día un lume arrasa a rexión.
Premios:
2019: Festival de Cannes; Un certain regard
2019: Goya: Mellor actriz revelación e fotografía
2019: Festival Mar de plata; mellor película e guión
Todas as proxeccións son en VO/VOS, nesta ocasión trasladamos o lugar habitual do Museo Etnolóxico de Ribadavia á
Igrexa da Madalena (Praza da Madalena núm. 2)
Pregamos puntualidade e seguir o protocolo de seguridade diante da pandemia, establecido para o espazo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario