30/10/20

Programación novembro de 2020


Ciclo 50

O documental do mes

Filmoteca CGAI



Comezamos un novo mes, engadindo novas citas ás celebracións do 50 aniversario. Pregamos atención ás posibles actualizacións que se poidan dar debido á evolución da pandemia en Ourense






Ciclo 50





1 nov. 2020
dom.

«Da hong Deng long Gao gao Gua» A lanterna vermella

· (China, 1991) 125 min. [+13] VOSE

China, anos 20. Tras a morte do seu pai, a moza de 19 anos Songlian vese forzada a casar con Chen Zouqian, o señor dunha poderosa familia. El é un home de 50 anos e ten xa tres esposas, cada unha das cales vive nunha casa independente dentro dun gran castelo. Songlian deberá facerse forte para conseguir competir contra elas. Todas as noites, o vello Zuoqian elixe con cal vai pasar a noite. A elixida sabe que é ela cando ve na súa casa unha vella lanterna vermella acesa.


Premios
1991: Festival de Venecia: León de Prata - Mellor Dirección
1991: David di Donatello: Mellor película estranxeira
1992: BAFTA: Mellor película de fala non inglesa


"Yimou gravou o filme para que a riqueza das súas cores e a atmosfera claustrofóbica encaixasen á perfección coa historia (...) Unha obra marabillosamente estruturada, moi imaxinativa e ben interpretada""
(Derek Malcom, THE GUARDIAN)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 h. (CUT+1)
  De balde



O documental do mes






2 nov. 2020
lun.

«Hi, A.I. – Liebesgeschichten aus der Zukunft » Robots. As historias de amor do futuro

· (Alemaña, 2019) 90 min. [ND] VOSE

“Coa Intelixencia Artificial debes realizar frases curtas, claras e concisas“. Este é o consello que recibe Chuck mentres recolle o seu novo robot-compañeiro Harmony recentemente saído da fábrica. Alén do mundo, en Tokyo, o adorable robot Pepper interactúa coa avoa Sakurai, un agasallo feito polo seu fillo para que non sentise soa. Con todo, Pepper non tarda en empezar a dar problemas polo seu peculiar carácter. Como será capaz o ser humano de convivir coa intelixencia artificial? Gañará ou perderá? Este documental trata de ilustrar como será o mundo do mañá.

(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde



Ciclo 50





3 nov. 2020
mar.

«Persona»

· (Suecia, 1966) 81 min. [+12] VOSE

Elisabeth, unha importante actriz teatral, é hospitalizada tras perder a voz durante unha representación de Electra. Despois de someterse a unha serie de probas, o diagnóstico é bo. Con todo, como segue sen falar, debe permanecer na clínica. Alma, a enfermeira encargada de coidala, tenta romper o seu mutismo falándolle sen parar. A irrupción do marido de Elisabeth complicará a relación das dúas mulleres.


Premios
1967: Premios Guldbagge (Suecia): mellor película e actriz (Bibi Andersson)


"Expandiu as posibilidades do cine en termos de montaxe abstracto e xuxtaposición de rostros humanos"
(Mike D'Angelo, AV CLUB)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





4 nov. 2020
mér.

«Trois couleurs: Bleu» Tres cores: Azul

· (Francia, 1993) 100 min. [+12] VOSE

Nun accidente de coche, Julie perde ao seu marido Patrice, un prestixioso compositor, e á súa filla Anna. Ao recuperarse das súas lesións, decide comezar unha nova vida, independente, solitaria e anónima, afastada dos privilexios que antes gozaba. Olivier, o axudante de Patrice, namorado dela desde hai moitos anos, tenta sacala do seu illamento, e acaba convencéndoa para que remate o «Concerto para Europa», unha ambiciosa obra inacabada de Patrice.


Premios
1993: Festival de Venecia: León de Ouro (mellor película), mellor actriz (Binoche) e fotografía
1993: Premios César: 3 Premios.


"A triloxía das cores de Kieslowski é un fascinante, pesimista e á vez esperanzado tratado metafísico sobre a banalidade de tres grandes conceptos: Liberdade, Igualdade e Fraternidade"
(Luís Martínez, EL MUNDO)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





5 nov. 2020
xov.

«El ángel exterminador» O anxo exterminador

· (México, 1962) 90 min. [ND] VOE

Despois dunha cea na mansión dos Nóbile, os convidados descobren que, por razóns inexplicables, non poden saír do lugar. Ao prolongarse a situación durante varios días, a cortesía no trato deixa paso ao máis primitivo e brutal instinto de supervivencia. Unha parábola sobre a descomposición dunha clase social encerrada en si mesma.


"Absolutamente inesquecible (...) Unha película magnífica"
(Joseph Morgenstern, NEWSWEEK)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





6 nov. 2020
ven.

«The Man Who Shot Liberty Valance» O home que matou a Liberty Valance

· (EUA, 1962) 119 min. [A] VOSE

Ransom Stoddard, un ancián senador do Congreso dos Estados Unidos, explica a un xornalista por que viaxou coa súa muller para asistir ao funeral do seu vello amigo Tom Doniphon. A historia comeza moitos anos antes, cando Ransom era un novo avogado do Leste que se dirixía en dilixencia a Shinbone, unha vila do Oeste, para exercer a avogacía e impor a lei. Pouco antes de chegar, foi atracado e golpeado brutalmente polo temido pistoleiro Liberty Valance.


"É, ao mesmo tempo, o western máis romántico e a máis grandiosa película política americana"
(Richard Brody, THE NEW YORKER)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





8 nov. 2020
dom.

«O Thiassos» A viaxe dos comediantes

· (Grecia, 1975. Cor, 230, 1975) 230 min. [+13] VOSE

Durante a Segunda Guerra Mundial, Grecia sofre a ocupación das tropas nazis. Nesas circunstancias, unha compañía teatral realiza unha xira polo país, aínda que as súas representacións se ven continuamente interrompidas polos conflitos políticos. Por outra banda, unha das actrices tenta vingarse da súa nai á que responsabiliza da morte do seu pai. O seu irmán, un partisano, axudaraa a satisfacer os seus propósitos.


Premios
1975: Festival de Cannes: Premio FIPRESCI


"A viaxe dos comediantes é unha obra monumental que fascina cando entendemos todo o alcance da súa proposta, contada en varios niveis, cunha maneira próxima, bela e emotiva."
(Mario Salazar, NENUFARESEFERVESCENTES.BLOGSPOT.COM)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 h. (CUT+1)
  De balde



Filmoteca CGAI






9 nov. 2020
lun.

«Sois belle et tais-toi»

· (Francia, 1976) 110 min. [ND] VOSG

Delphine Seyrig entrevista a máis de 20 actrices francesas e estadounidenses sobre a súa experiencia profesional como mulleres, os seus papeis e mais as súas relacións cos directores de teatro e cine e os seus equipos técnicos. Unha visión que tende a ser negativa (en 1976) dunha profesión que constrúe papeis estereotipados e alienantes. Delphine Seyrig e o seu equipo entrevistan a Viva, Candy Clark, Barbara Steele, Millie Perkins, Mallory Millet-Jones, Susan Tyrrell, Ellen Burstyn, Jill Clayburgh, Marie Dubois, Telias Salvi, Juliet Berto, Patti D'Arbanville, Mady Norman, Louise Fletcher, Jane Fonda, Cindy Williams, Rita Renoir, Jenny Agutter, Luce Guilbeault, Shirley MacLaine, Anne Wiazemsky, Rose de Gregorio ou Maria Schneider.


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Ciclo 50





10 nov. 2020
mar.

«En construcción»

· (España, 2001) 125 min. [A] VOSE

Documental que plasma o cambio producido nun emblemático barrio popular de Barcelona tras aprobarse un novo plan urbanístico. A película fai un paralelismo entre a transformación física do lugar e os cambios que se producen en varias persoas que viven alí: un vello mariñeiro que anda dun lado para outro buscando pensión para durmir, unha prostituta que vive co seu noivo neste barrio e un grupo de marroquís que traballan no distrito e que seguen fielmente o Islam.


Premios
2001: Festival de San Sebastián: premio especial do xurado. premio FIPRESCI
2001: Premios Goya: mellor documental


"Admirable película"
(Carlos Boyero, EL MUNDO)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





11 nov. 2020
mér.

«La nuit américaine» A noite americana

· (Francia, 1973) 115 min. [+18] VOSE

Un director de cinema loita para completar a súa película mentres fai fronte a unha infinidade de dificultades, persoais e profesionais, dos actores e os membros do equipo técnico.


Premios
1973: Oscar: premio mellor película de fala non inglesa
1973: BAFTA: premio mellor película, dirección e actriz secundaria


"Marabilloso homenaxe ao cine e á fascinación por crear historias (...) Unha obra inesquecible"
(Miguel Ángel Palomo, EL PAÍS)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





12 nov. 2020
xov.

«Ordet» Ordet (A palabra)

· (Dinamarca, 1955) 125 min. [+13] VOSE

Cara a 1930, nunha aldea de Iutlandia, vive o vello granxeiro Morten Borgen. Ten tres fillos: Mikkel, Johannes e Anders. Mikkel está casado con Inger, ten dúas fillas e espera o nacemento do seu terceiro fillo. Johannnes estudou Teoloxía e, por imbuírse das ideas de Kierkegaard e identificarse con Xesucristo, é tomado por un tolo. Anders está namorado da filla do xastre, líder intransixente dun sector relixioso rival. Tal circunstancia revitaliza a discordia que sempre existiu entre as dúas familias, xa que ningunha ve con moi bos ollos que os seus fillos contraian matrimonio.


Premios
1955: Festival de Venecia: León de ouro (mellor película)
1955: Globos de Ouro: premio mellor película estranxeira


"É simplemente unha obra mestra"
(David Parkinson, RADIO TIMES)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





13 nov. 2020
ven.

«Grey gardens»

, , , · (EUA, 1975) 100 min. [ND] VOSE

Grey Gardens é unha mansión mercada en 1923 por Phelan e Edith Bouvier Beale, tios da famosa Jackie Kennedy. Tras unha serie de circunstancias, Edith foi desherdada e abandonada polo seu marido. Nos anos 70, Edith nai ten 80 anos e Edith filla 60, e levan décadas vivindo na mansión destruída, na máis secreta reclusión e na marxinalidade social, ata que uns xornais amosan a vida decadente destas dúas mulleres.


"Extraordinario documental onde amósase a patolóxica dependenza emocional da parella"
(Elvira Lindo, EL PAÍS)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





15 nov. 2020
dom.

«2001: A Space Odyssey» 2001: Unha odisea no espazo

· (Reino Unido, 1968) 139 min. [A] VOSE

Hai millóns de anos, antes da aparición do "homo sapiens", uns primates descobren un monólito que os conduce a un estadio de intelixencia superior. Millóns de anos despois, outro monólito, enterrado nunha lúa, esperta o interese dos científicos. Por último, durante unha misión da NASA, HAL 9000, unha máquina dotada de intelixencia artificial, encárgase de controlar todos os sistemas dunha nave espacial tripulada.


Premios
1968: Oscar: mellores efectos visuais
1968: Premios David di Donatello: mellor produción estranxeira
1968: Premios BAFTA: mellor banda sonora, fotografía e dirección artística


"Sigue a ser visionaria despois de todos estos anos (...) [Un] clásico que influenciou a unha xeración de películas de ciencia ficción"
(Peter Bradshaw, THE GUARDIAN)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 h. (CUT+1)
  De balde



Filmoteca CGAI






16 nov. 2020
lun.

«Einitréð» Cando fumos bruxas

· (Islandia, 1990) 78 min. [ND] VOSE

Ao final da Idade Media, a moza Margit e a súa irmá máis vella Katla foxen ás montañas despois da morte da nai, queimada por bruxaría. Ambas encontran refuxio con Jóhann, un viúvo que vive co fillo pequeno Jónas. Mentres Katla trata de seducir o campesiño, Margit e Jónas fanse bos amigos. Mais o pequeno está convencido de que Katla é unha bruxa e ódiaa profundamente…

Cando fumos bruxas é un conto de fadas sen edulcorantes, protagonizado por Björk antes de se converter nunha estrela do pop. Baseada no conto "The Juniper Tree" dos irmáns Grimm.


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20 h. (CUT+1)
  De balde



Ciclo 50





17 nov. 2020
mar.

«Aguirre der Zorn Gottes» Aguirre, a cólera de Deus

· (Alemaña, 1972) 94 min. [+18] VOSE

En 1560, unha tropa de conquistadores españois descende da montaña en busca de El Dorado. Pero parte do equipo sepárase nos pantanos. Constitúen unha expedición máis pequena, baixo o control de Pedro de Ursua e do seu segundo, Lope de Aguirre. Aguirre, aventureiro ambicioso e brutal, manipularao todo habilmente para proporlles aos seus compañeiros un novo xefe, Fernando de Guzmán.


Premios
1972: Premios do Cinema Alemán: mellor fotografía


"Si é verdade que hai que estar un pouco tolo para facer películas, Werner Herzog é todo un exemplo (...) Mestura paisaxes e persoaxes con tal forza que, unha vez vista, nunca a esquecerás"
(Derek Malcolm,LONDON EVENING STANDARD)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





18 nov. 2020
mér.

«Blue Velvet» Veludo azul

· (EUA, 1986) 120 min. [+18] VOSE

Unha mañá despois de visitar ao seu pai no hospital, Jeffrey Beaumont atopa entre uns arbustos unha orella humana. Gárdaa nunha bolsa de papel e lévaa á comisaría. A súa amiga Sandy, filla do detective Williams, cóntalle detalles sobre unha muller sospeitosa chamada Dorothy que pode estar conectada co caso. Curioso, Jeffrey inicia a súa propia investigación.


Premios
1986: Festival de Sitges: mellor película e fotografía
1986: Festival de Montreal: mellor actor


"Un clásico de culto de forma instantánea (...) tan fascinante como extraña"
(Janet Maslin, THE NEW YORK TIMES)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





19 nov. 2020
xov.

«Saturday night and sunday morning» Sábado noite, domingo mañá

· (Reino Unido, 1960) 89 min. [+13] VOSE

Arthur Seaton é un mozo inglés de carácter rebelde que traballa nunha fábrica de Nottingham. Trata de fuxir da súa rutineira e aburrida vida bebendo e divertíndose canto pode as fins de semana. Esa é a única meta da súa vida: pasalo o mellor posible. Ten un romance con Brenda, a muller dun compañeiro de traballo, e simultaneamente comeza unha relación con Doreen, unha muller solteira máis da súa quinta. Todo se complica cando queda embarazada.


Premios
1960: BAFTA: mellor filme británico, actriz británica e promesa
1961: Festival de Mar de Prata: mellor película


" O maior éxito do cine británico dos anos 60."
(FILMAFFINITY)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





20 nov. 2020
ven.

«La ley del deseo» A lei do desexo

· (España, 1987) 100 min. [+18] VOSE

Pablo e Tina son dous irmáns, dedicados ao mundo do espectáculo, que están marcados para sempre pola separación dos seus pais e, sobre todo, por un escuro segredo de Tina. A vida dos irmáns vivirá un cambio abrupto, e mesmo violento, cando Pablo coñeza a Antonio, un mozo atractivo e intenso con graves problemas psicolóxicos.


"A película é festiva. Non disfraza o seu narcisismo; o convirte nunha traxicomedia de cores brillantes"
(Pauline Kael, THE NEW YORKER)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





22 nov. 2020
dom.

«Per qualche dollaro in più» A morte tiña un prezo

· (Italia, 1965) 132 min. [+12] VOSE

O Manco e o Coronel Mortimer son dous cazadores de recompensas que buscan ao mesmo home, un malfeitor alcumado o Indio. Deciden unir as súas forzas para atopalo e repartir a recompensa a partes iguais, aínda que as razóns que os moven son completamente diferentes.


"Unha obra de acción de primeiro nivel"
(VARIETY)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 h. (CUT+1)
  De balde



Filmoteca CGAI






23 nov. 2020
lun.

«Liberté »

· (Francia-Portugal-España, 2019) 133 min. [+16] VOSE

1774, uns anos antes da Revolución Francesa, entre Potsdam e Berlín. Madame de Dumeval, o Duque de Tese e o Duc de Wand, libertinos expulsados da corte puritana de Luís XVI, van en busca do lendario duque de Walchen, un sedutor e libre pensador alemán, sós nun país onde reina a hipocrisía e as falsas virtudes. A súa misión: exportar a libertinaxe en, unha filosofía da iluminación baseada no rexeitamento da moral e a autoridade, pero tamén, e sobre todo, atopar un lugar seguro para continuar os seus xogos

(Presentación prevista a cargo do seu director, por cortesía de La plantación)


Premios
2019: Festival de Cannes: premio "Un certain regard"


"Longa vida ao rei do libertinaxe...cine desinhibido, libre de calquera tabú ou complexo"
(Victor Esquirol, FILMAFFINITY)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00  h. (CUT+1)
  De balde



Ciclo 50





24 nov. 2020
mar.

«Triumph des Willens» O triunfo da vontade

· (Alemaña, 1935) 110 min. [A] VOSE

Alemaña, 1934. Adolf Hitler acababa de chegar ao poder un ano antes. En Nuremberg, o partido nacionalsocialista celebra un triunfalista e patriótico congreso no que se exaltan os valores do pobo alemán e a raza aria.


"Velo hoxe sabendo o que supuxo o nacionalsocialismo na década seguinte xea o sangue. Repudiable pola ominosa mensaxe que escondía tanta orde e harmonía, pode afirmarse con todo que é o mellor documental de propaganda xamais rodado."
(Pablo Kurt, FILMAFFINITY)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





25 nov. 2020
mér.

«Fresa y chocolate» Amorodo e chocolate

, · (Cuba, 1993) 111 min. [+13] VOSE

David é un comunista convencido que estuda Socioloxía na Universidade da Habana. Diego é un artista homosexual acosado pola homofobia do réxime castrista. A pesar das abismais diferenzas que os separan, entre eles xorde unha profunda amizade.


Premios
1994: Goya: mellor película estranxeira de fala hispana
1994: Festival de Berlín: Oso de prata - Premio especial do xurado
1994: Festival de Chicago: Hugo de prata - mellor actor (Perugorría)
1995: Sundance: Premio especial do xurado (Mención especial: Gutiérrez Alea)
1993: Festival de La Habana: mellor película


"Sorprendente, honesta, deliciosa, triste e necesaria"
(Carlos Boyero, EL MUNDO)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





26 nov. 2020
xov.

«Dancer in the Dark» Bailar na escuridade

· (Dinamarca, 2000) 140 min. [+13] VOSE

Selma Jezkova, inmigrante checa e nai solteira, traballa nunha fábrica da América rural e só atopa consolo na súa paixón pola música, especialmente nas cancións e coreografías dos musicais clásicos de Hollywood. Selma oculta un terrible segredo: está a perder a vista, e o seu fillo Gene correrá a mesma sorte se ela non consegue, a tempo, o diñeiro suficiente para pagarlle unha operación. Por riba, un veciño desesperado acusa falsamente a Selma de roubarlle os seus aforros.


Premios
2000: Festival de Cannes: Palma de ouro, mellor actriz (Björk)
2000: 2 Premios do Cine Europeo: Mellor película europea e actriz (Björk)


"Cautivadora e fermosa"
(Kim Newman, EMPIRE)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





27 nov. 2020
ven.

«Trainspotting»

· (Reino Unido, 1996) 90 min. [+18] VOSE

Mark Renton, un mozo de Edimburgo, e os seus amigos son adictos á heroína, o que significa que viven fóra da realidade, nun mundo aparte. Todos eles teñen a intención de loitar na vida contra os terribles efectos das drogas, pero as tentacións son moi grandes e a súa forza de vontade un tanto escasa.


Premios
1995: BAFTA: premio mellor guión adaptado


"Un cóctel de encanto cutre, nervio e desesperanza que seduce e repugna en igual medida"
(Hal Hinson, THE WASHINGTON POST)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





29 nov. 2020
dom.

«The Thin Red Line» A delgada liña vermella

· (EUA, 1998) 163 min. [+13] VOSE

1942. Na Segunda Guerra Mundial, os homes que compoñen a compañía Charlie deben participar na batalla de Guadalcanal, no Pacífico. Un exército xaponés combaterá cos Charlie para quedar cun estratéxico outeiro. Conseguirán derrotar os americanos ás tropas xaponesas?


Premios
1999: Festival de Berlín: Oso de ouro e mención de honra (John Toll)


"Unha obra mestra do cinema bélico, ou antibélico"
(Oti Rodríguez Marchante, ABC)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 h. (CUT+1)
  De balde



Filmoteca CGAI






30 nov. 2020
lun.

«El viatge de la Marta » A viaxe de Marta

· (España-Francia, 2019) 82 min. [ND] VOSE

Marta de 17 anos, pasa as vacacións de Nadal en Senegal onda seu pai Manel e seu irmán Bruno. Quizais gozaría da viaxe se non fose porque seu pai non lle deixa nin un chisco de liberdade e lle impón un frenético plan de safaris e folclore senegalés xunta ao grupo de xubilados que enchen o resort. Na viaxe Marta coñece a Khouma, un senegalés algo mais vello ca ela, que traballa no hotel filmando as excursións dos turistas, e a Aissatou, unha moza que limpa cuartos, e que a levará a se introducir no mundo do Staff Only, do persoal do hotel.


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20 h. (CUT+1)
  De balde






Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+N] recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendable),... e [SC] Sen calificación dispoñible

ADVERTENZAS: O cineclube conta cun protocolo de medidas anti COVID, que obriga a unha entrada e saída diferentes da sala, aforo reducido, hixienización e ventilación entre sesións e obrigación do uso da máscara en todo momento. Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo o incuprimento das normas citadas, da expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: