05/10/20

Programación de outubro de 2020


Ciclo 50

O documental do mes

Filmoteca CGAI



Rematada a cita inevitable do pasado festival de cine na sala da Casa da cultura, retomamos o programación dos 50 anos, vixiando a evolución da pandemia en Ourense e reiterando a atención ás estrictas medidas de protección adoptadas fronte ao COVID polo cineclube; con aforo limitado ao 36% do total (só 40 butacas)*, espazo entre sesións para ventilación da sala, así como o prego de observar as recomendacións sanitarias. Pode consultarse o protocolo de seguridade adoptado polo cineclube, aquí [Abre outra xanela]


Actualmente (desde o 22/10/2020) o aforo máximo permitido non varia das 30 persoas para Ourense

**ACTUALIZACIÓN (26/10/20)
Diante da declaración do estado de alarma coa obriga do toque de recolla vixente, adiantamos a partir do martes 27 de outubro as sesións nunha hora (serán ás 17 e 20 horas), para así seguir mantendo a marxe de ventilación entre a primeira e segunda sesión da sala, e posibilitar o cumprimento das novas restriccións horarias, que se manterán até novo aviso, mentres dure a citada declaracións. A sesión do domingo será igualmente única, pero as 17 horas. Lamentamos loxicamente o incomodo e agardamos mentres sexa posible manter con seguridade e responsabilidade a programación planificada.






Ciclo 50





7 out. 2020
mér.

«Some like it hot» Con saias e a rachar

· (EUA, 1959) 120 min. [A] VOSE

Época da Lei Seca. Joe e Jerry son dous músicos que se ven obrigados a fuxir tras testemuñar un axuste de contas entre dúas bandas rivais. Como non atopan traballo e a mafia os persegue, deciden vestirse de mulleres, Josephine e Daphne, e tocar nunha orquestra feminina. Para conquistar a Sugar Kane, a cantante do grupo, Joe finxe ser un magnate impotente; mentres tanto, a Jerry faille as beiras un millonario.


Premios
1959: Oscar: Mellor Vestiario
1959: Globos de Ouro: Mellor Película (Comedia), Actor (Jack Lemmon) e Actriz (Marilyn Monroe)
1959: Premios BAFTA: Mellor actor estranxeiro (Lemmon)


"Unha obra mestra imperecedera cuxo delirante diálogo final pon broche a un filme en verdade perfecto."
(Pablo Kurt, FILMAFFINITY.COM)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
  De balde





8 out. 2020
xov.

«Nosferatu,eine symphonie des grauens» Nosferatu

· (Alemaña, 1922) 91 min. [A] VOSE

En 1838, Hutter, un axudante de notario, é enviado até Transilvania para concluír unha venda co dono dun castelo dos Cárpatos. Despois de atoparse con funestos presaxios ao longo do camiño, Hutter é recibido polo estraño conde Orlock. Ao día seguinte, Hutter érguese cunhas marcas no pescozo, que interpreta como picaduras de mosquito. Unha vez asinado o contrato, descobre que o conde é a reencarnación do vampiro Nosferatu. Ao velo partir cara ao seu novo fogar, Hutter teme pola súa esposa Ellen.


"Moitos elementos chave do xénero xurdiron de aquí xa totalmente formados (...) ‘Nosferatu’ mantense profundamente perturbadora"
(Tom Huddleston, TIME OUT)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
  De balde





9 out. 2020
ven.

«Rear window» A ventá indiscreta

· (EUA, 1954) 110 min. [A] VOSE

Un reporteiro fotográfico vese obrigado a permanecer en repouso cunha perna escaiolada. A pesar da compaña da súa noiva e da súa enfermeira, procura escapar ao tedio observando desde a xanela do seu apartamento cuns prismáticos o que ocorre nas vivendas de en fronte. Debido a unha serie de estrañas circunstancias, empeza a sospeitar que un veciño é un asasino que matou á súa muller.


Premios
1954: 4 nominacións ao Oscar: Mellor director, son, fotografía e guión
1954: Premios BAFTA: Nomeada a Mellor película


"A ventá indiscreta' é un espectáculo redondo de suspense, un dos mellores thrillers de Alfred Hitchcock"
(William Brogdon, VARIETY)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
  De balde





11 out. 2020
dom.

«The godfather.» O padriño

· (EUA, 1972) 175 min. [+16] VOSE

Anos 40. Don Vito Corleone é o respectado e temido xefe dunha do cinco familias da mafia de Nova York. Ten catro fillos: Connie, o impulsivo Sonny, o pusilánime Fredo e Michael, que non quere saber nada dos negocios do seu pai. Cando Corleone, en contra dos consellos de Tom Hagen, se nega a participar no negocio das drogas, o xefe doutra banda ordena o seu asasinato. Empeza entón unha violenta e cruenta guerra entre as familias mafiosas.


Premios
1972: 3 Oscars: Mellor película, Actor (Marlon Brando), Guión adaptado
1972: 5 Globos de Ouro: Película (Drama), Director, Actor (Brando), Guión e BSO


"De obrigada visión"
(Peter Bradshaw, THE GUARDIAN)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 h. (CUT+1)
  De balde





13 out. 2020
mar.

«Cléo de 5 à 7» Cleo de 5 a 7

· (Francia, 1962) 90 min. [ND] VOSE

Cleo, unha cantante, decide vagar dúas horas por París á espera dos resultados dunha biopsia. O temor a ter cancro asáltalle a mente unha e outra vez. Tratando de ocupar o seu tempo, crúzase coa súa adiviña, toma café, visita a unha amiga e coñece un soldado a piques de partir para loitar na contenda de Alxeria, ao que confía o seu temor á morte.


Premios
1962: Festival de Cannes: Nomeada á Palma de Ouro (mellor película)


"Obra mestra (...) Exquisita"
(Tim Robey, TELEGRAPH)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
  De balde





14 out. 2020
mér.

«Ta'm e guilass» O sabor das cereixas

· (Irán, 1997) 98 min. [+13] VOSE

Badii é un home canso da vida, quere suicidarse pero non pode porque vive nun país no que está moi mal visto. A súa única preocupación é atopar alguén que lle enterre. Badii ponse a buscar quen o faga a cambio dunha gran suma de diñeiro. O único que se ofrecerá será un taxidermista que necesita os cartos para curar ao seu fillo.


Premios
1997: Festival de Cannes: Palma de Ouro - mellor película (ex-aequo)


"Excepcional"
(Ángel Fernández Santos, EL PAÍS)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
  De balde





15 out. 2020
xov.

«Plácido»

· (España, 1961) 85 min. [A] VOE

Nunha pequena cidade provinciana, a unhas burguesas ociosas ocórreselles a idea de organizar unha campaña do Nadal cuxo lema é: "Sente un pobre á súa mesa". Trátase de que os máis necesitados compartan a cea de Noiteboa con familias acomodadas e gocen da calor e o afecto que non teñen.


Premios
1961: Nomeada ao Oscar: Mellor película de fala non inglesa
1962: Festival de Cannes: Nomeada á Palma de Ouro (mellor película)


"Unha dos mellores xeitos de enviar mensaxes subversivos nunha cultura reprimida foi sempre disfrazándoos de humor (...) Quita o humor e atoparás unha crítica rigorosa á cultura española baixo o mandato de Franco"
(Stephen Holden, THE NEW YORK TIMES)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
  De balde





16 out. 2020
ven.

«Mononoke-hime» A princesa Mononoke

· (Xapón, 1997) 133 min. [+7] VOSE

No século XV, o bosque xaponés, protexido noutro tempo por animais xigantes, está a ser arrasado por culpa dos humanos. Un xabaril transformado nun demo destrutor ataca de súpeto a aldea de Ashitaka, futuro xefe do clan Emishi. Ferido polo xabaril ao que matou, Ashitaka vese obrigado a partir na procura do deus Cervo para que levante a maldición que lle gangrenou o brazo.


Premios
1997: Premios da academia xaponesa: Mellor película e premio especial
1999: Premios Annie: Nomeada a mellor dirección


"Miyazaki recrea a natureza cunha habilidade que corta a respiración"
(Andy Seiler, USA TODAY)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
  De balde





18 out. 2020
dom.

«Il gattopardo» O gatopardo

· (Italia, 1963) 186 min. [A] VOSE

En 1860, na época da unificación de Italia, a vida de Don Fabrizio, Príncipe de Salina, e da súa familia vese alterada tras a invasión de Sicilia polas tropas de Garibaldi. Para afastarse dos disturbios, a familia refúxiase na casa de campo que posúen en Donnafugata en compañía de Tancredi, sobriño predilecto de Don Fabrizio e simpatizante do movemento de Garibaldi.


Premios
1963: Festival de Cannes: Palma de Ouro
1963: Globos de Ouro: Nomeada nova promesa masculina (Delon)
1963: Nomeada ao Oscar: Mellor vestiario


"Obra fundamental do cine europeo dos anos sesenta, e un dos films máis importantes e encomiados do gran Luchino Visconti. Unha película baseada na novela homónima (1958) de Giuseppe Tomasi dei Lampedusa. Como curiosidade é unha das 10 películas favoritas de Martin Scorsese de toda a historia do cine. "Non é só a mellor película de Visconti, senón unha obra que transcende ao seu creador, logrando unha sensibilidade e unha intelixencia que non están nas súas outras películas"
(Dave Kehr, CHICAGO READER)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 h. (CUT+1)
  De balde



O documental do mes






19 out. 2020
lun.

«Tiny Souls» Marwa. Pequena e valente

· (Xordania-Qatar-Líbano-Francia, 2019) 85 min. [ND] VOSE

A pequena Marwa vive nun campo de refuxiados desde que fuxiu coa súa familia siria. O ollo vixiante de Dina Naser segue a vida cotiá de Marwa, un espírito vivo e aberto que non comprende paredes nin barrotes. O paso da infancia á idade adulta levará a enfrontar novos desafíos para sobrevivir nunha contorna onde, a pesar de todo, a vida continúa.

(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde



Ciclo 50





20 out. 2020
mar.

«Ladri di biciclette» Ladrón de bicicletas

· (Italia, 1949) 93 min. [ND] VOSE

Na Roma da posguerra, Antonio, un obreiro en paro, consegue un sinxelo traballo pegando carteis a condición de que posúa unha bicicleta, xa que ten que percorrer grandes distancias. Dese xeito, a duras penas consegue mercar unha, pero no seu primeiro día de traballo róubanlla. Antonio denuncia os feitos ás autoridades pero estas non fan nada por axudalo, de modo que Antonio e o seu fillo Bruno comezan a procura por recuperar a súa bicicleta.


Premios
1949: Oscar: Mellor película estranxeira
1949: Globos de Ouro: Mellor película estranxeira
1949: Premios BAFTA: Mellor película


""Unha película brillante e devastadora"
(Bosley Crowther, THE NEW YORK TIMES)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
  De balde





21 out. 2020
mér.

«Rashômon» Rashomon

· (Xapón, 1950) 88 min. [+13] VOSE

IXapón, século XII. En Kioto, baixo as portas do derruido templo de Rashomon, gorécense da torrencial choiva un leñador, un sacerdote budista e un peregrino. O tres discuten sobre o xuízo a un bandido, acusado de dar morte a un señor feudal e violar á súa esposa. Os detalles do crime son narrados desde o punto de vista do bandido, da muller, do señor feudal (coa axuda dun médium) e do leñador, única testemuña dos feitos.


Premios
1951: Festival de Venecia: León de Ouro
1951: Oscar: Mellor película estranxeira


"A primeira obra mestra de Kurosawa, dun poder sobrecolledor"
(Javier Rioyo, CINEMANÍA)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
  De balde





22 out. 2020
xov.

«The Piano» O piano

· (Nova Zelandia, 1993) 121 min. [ND] VOSE

1851. Ada, que é muda desde nena, acaba de enviuvar. Un matrimonio concertado polo seu pai obrígaa a deixar a súa Escocia natal e viaxar a Nova Zelandia, acompañada da súa filla Flora, coa que se comuncia por lingua de signos, e do seu piano. Alí coñece a Alistair, o seu futuro marido, un próspero granxeiro que a obriga a abandonar o piano na praia e posteriormente llo vende a un veci-o, George Baines. Este establecerá un estraño pacto con Ada: el deixaralle tocar o piano a cambio de que ela se deixe tocar. Entre eles, sen mediar palabra, empeza a xurdir unha conexión especial.


Premios
1993: Festival de Cannes: Palma de Ouro, mellor actriz
1993: Oscar: premios mellor actriz, actriz secundaria, guión orixinal
1993: Globos de Ouro: mellor actriz (drama)
1993: BAFTA: premios mellor actriz, vestiario, deseño de produción
1993: César: premio mellor película estranxeira


"Evocadora, poderosa e extraordinariamente bela (...) a tensión erótica que xera Campion é case insoportable"
(Hal Hinson, THE WASHINGTON POST)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
  De balde





23 out. 2020
ven.

«Fantasia» Fantasía


Colección de interpretacións animadas de grandes obras de música clásica. N'O aprendiz de bruxo (P. Du-kas), Mickey Mouse métese nun gran envurullo, pois os seus coñecementos de maxia son moi limitados. A consagración da primavera (Stravinsky) conta a historia da evolución, desde os seres unicelulares até a extinción dos dinosauros. A danza das horas (Ponchielli) é un fragmento dun ballet cómico interpretado por elefantes, hipopótamos, crocodilos e avestruces. Unha noite no Monte Pelado (Mussorgsky) e Ave Maria (Schubert) describen o enfrontamento entre a escuridade e a luz.


Premios
1941: Oscar: premios honoríficos á música e sonn


"É unha obra atrevida que busca educar á xuventude sobre a música clásica. Mais tamén é xoguetona e marabillosamente imaxinativa "
(Sameer Rahim, TELEGRAPH)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 h. (CUT+1)
  De balde





25 out. 2020
dom.

«Limelight» Luces de escena

· (EUA, 1952) 145 min. [A] VOSE

Londres, Primeira Guerra Mundial. Un vello pallaso ve como a súa carreira está en decadencia por mor da situación que vive o país. Despois de evitar o suicidio dunha moza bailarina con depresión, acóllea na súa casa e ocúpase de ensinarlle todo o que sabe do mundo do teatro para facela triunfar.


Premios
1952: Premios BAFTA: Mellor promesa (Claire Bloom). Nomeada a mellor película
1972: Oscar: Mellor banda sonora


"Hai momentos sublimes e profundamente conmovedores e para os que pensan que Chaplin é unha das principais figuras da cultura popular do século XX"
(Philip French, THE GUARDIAN)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 h. (CUT+1)
  De balde



Filmoteca CGAI






26 out. 2020
lun.

«The Bigamist» O bígamo

· (EUA, 1953) 80 min. [+7] VOSG

Harry vive en San Francisco e como representante comercial debe viaxar moito. Está casado con Eve e ambos están a tentar adoptar un bebé. Mr. Jordan, director da axencia de adopción, comeza a facer unha serie de investigacións e sospeita de Harry, o cal garda un segredo. Pronto descobre que este ten unha segunda esposa e un bebé.

"É unha película complexa, máis que rica en matices e moi adiantada á súa época"
(Diego Lerer, MIPCROSIACINE.COM)



 
 
SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Ciclo 50





27 out. 2020
mar.

«Cabaret»

· (EUA, 1972) 123 min. [+12] VOSE

Berlín, anos 30. O partido nazi domina unha cidade onde o amor, o baile e a música mestúranse na animada vida nocturna do Kit Kat Club. Un refuxio máxico onde a moza Sally Bowles e un divertido mestre de cerimonias fan esquecer as tristezas da vida.


Premios
1972: Oscar: premios mellor dirección, actriz, montaxe, actor secundario, fotografía, deseño de produción, canción orixinal e son
1972: Globos de Ouro: mellor comedia/musical, actriz comedia/musical, actor secundario
1972: BAFTA: premios mellor película, dirección, actriz, fotografía, banda sonora, dirección artística


"É culta, obscena, sofisticada, sensual, cínica, tenra e reflexiva de maneira perturbadora"
(VARIETY)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





28 out. 2020
mér.

«Chelovek s kino-apparatom» O home da cámara

· (Unión Soviética, 1929) 67 min. [A] VOSE

Dziga Vertov amósanos neste filme con ton documental a vida do día a día na cidade de San Petersburgo. A través da súa cámara, que actúa coma o propio ollo, Vertov capta a esencia do escenario, querendo plasmar as relacións sociais dos cidadáns a través dunha análise marxista. Como única trama, o director tenta plasmar a rutina dun operador de cámara soviético que ten que filmar a cidade desde que amence ata que se oculta o sol.


"Do resultado dunha enquisa de críticos, é a oitava mellor película do mundo"
(SIGHT AND SOUND)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





29 out. 2020
xov.

«La historia oficial» A historia oficial

· (Arxentina, 1985) 110 min. [+13] VOE

Bos Aires, 1983. Nos últimos anos da ditadura militar arxentina, Alicia, unha acomodada profesora de historia comeza a tomar conciencia do ocorrido nese período. As súas sospeitas sobre os escuros asuntos do seu marido e unha Avoa de Praza de Maio que busca á súa neta son os motivos que a levan a reformularse "a historia oficial".


Premios
1985: Festival de Cannes: Premios do xurado ecuménico e mellor actriz
1985: Festival de Toronto: premio mellor película (Premio do Público)
1985: Oscar: Mellor película de fala non inglesa
1985: Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa
1986: David di Donatello: Mellor actriz estranxeira
1986: Festival de Berlín: premio Interfilm - Premio Otto Dibelius Film


"Non só é unha obra mestra, unha película modélica, de progresión dramática implacable, de inaudita combatividade e de firme compromiso político. É tamén unha película que desborda emotividade e lirismo..."
(Miguel Ángel Palomo, EL PAÍS)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





30 out. 2020
ven.

«Les triplettes de Belleville» Benvidos a Belleville

· (Francia, 2003) 78 min. [A] VOSPt

A idea xenial da Señora Souza de regalar unha bicicleta ao seu sobriño Champion excedeu as súas expectativas. Cun rigoroso adestramento, Champion está preparado para participar na carreira ciclista máis famosa do mundo: o Tour de Francia. Con todo, durante a competición dous misteriosos homes vestidos de negro o secuestran. A Señora Souza e o seu fiel can Bruno emprenden a súa procura, que os leva á enorme cidade de Belleville, onde as famosas Trixemelgas deciden acollelos baixo a súa protección. Poderán combater os diabólicos plans da mafia francesa?


Premios
2003: Premios Cesar: mellor música. 3 nominacións


"Unha pequena xoia de animación"
(Brigitte Baudin, LE FIGARO)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde






Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+N] recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendable),... e [SC] Sen calificación dispoñible

ADVERTENZAS: O cineclube conta cun protocolo de medidas anti COVID, que obriga a unha entrada e saída diferentes da sala, aforo reducido, hixienización e ventilación entre sesións e obrigación do uso da máscara en todo momento. Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo o incuprimento das normas citadas, da expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: