30/10/20

Sesións de filmoteca de novembro e decembro 2020

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctanse durante os meses de novembro e decembro os seguintes filmes; na Casa de Cultura, no salón de actos onde estaba a Biblioteca Pública, (rúa Concello 11 de Ourense)

Pregamos atención ás novas e actualizacións que se poidan dar pola evolución da pandemia en Ourense








9 nov. 2020
lun.

«Sois belle et tais-toi»

· (Francia, 1976) 110 min. [ND] VOSG

Delphine Seyrig entrevista a máis de 20 actrices francesas e estadounidenses sobre a súa experiencia profesional como mulleres, os seus papeis e mais as súas relacións cos directores de teatro e cine e os seus equipos técnicos. Unha visión que tende a ser negativa (en 1976) dunha profesión que constrúe papeis estereotipados e alienantes. Delphine Seyrig e o seu equipo entrevistan a Viva, Candy Clark, Barbara Steele, Millie Perkins, Mallory Millet-Jones, Susan Tyrrell, Ellen Burstyn, Jill Clayburgh, Marie Dubois, Telias Salvi, Juliet Berto, Patti D'Arbanville, Mady Norman, Louise Fletcher, Jane Fonda, Cindy Williams, Rita Renoir, Jenny Agutter, Luce Guilbeault, Shirley MacLaine, Anne Wiazemsky, Rose de Gregorio ou Maria Schneider.


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).






16 nov. 2020
lun.

«Einitréð» Cando fumos bruxas

· (Islandia, 1990) 78 min. [ND] VOSE

Ao final da Idade Media, a moza Margit e a súa irmá máis vella Katla foxen ás montañas despois da morte da nai, queimada por bruxaría. Ambas encontran refuxio con Jóhann, un viúvo que vive co fillo pequeno Jónas. Mentres Katla trata de seducir o campesiño, Margit e Jónas fanse bos amigos. Mais o pequeno está convencido de que Katla é unha bruxa e ódiaa profundamente…

Cando fumos bruxas é un conto de fadas sen edulcorantes, protagonizado por Björk antes de se converter nunha estrela do pop. Baseada no conto "The Juniper Tree" dos irmáns Grimm.


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20 h. (CUT+1)
  De balde






23 nov. 2020
lun.

«Liberté »

· (Francia-Portugal-España, 2019) 133 min. [+16] VOSE

1774, uns anos antes da Revolución Francesa, entre Potsdam e Berlín. Madame de Dumeval, o Duque de Tese e o Duc de Wand, libertinos expulsados da corte puritana de Luís XVI, van en busca do lendario duque de Walchen, un sedutor e libre pensador alemán, sós nun país onde reina a hipocrisía e as falsas virtudes. A súa misión: exportar a libertinaxe en, unha filosofía da iluminación baseada no rexeitamento da moral e a autoridade, pero tamén, e sobre todo, atopar un lugar seguro para continuar os seus xogos

(Presentación prevista a cargo do seu director, por cortesía de La plantación)


Premios
2019: Festival de Cannes: premio "Un certain regard"


"Longa vida ao rei do libertinaxe...cine desinhibido, libre de calquera tabú ou complexo"
(Victor Esquirol, FILMAFFINITY)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00  h. (CUT+1)
  De balde






30 nov. 2020
lun.

«El viatge de la Marta » A viaxe de Marta

· (España-Francia, 2019) 82 min. [ND] VOSE

Marta de 17 anos, pasa as vacacións de Nadal en Senegal onda seu pai Manel e seu irmán Bruno. Quizais gozaría da viaxe se non fose porque seu pai non lle deixa nin un chisco de liberdade e lle impón un frenético plan de safaris e folclore senegalés xunta ao grupo de xubilados que enchen o resort. Na viaxe Marta coñece a Khouma, un senegalés algo mais vello ca ela, que traballa no hotel filmando as excursións dos turistas, e a Aissatou, unha moza que limpa cuartos, e que a levará a se introducir no mundo do Staff Only, do persoal do hotel.


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20 h. (CUT+1)
  De balde






7 dec. 2020
lun.

«La strada dei Samouni» A familia Samouni

· (Italia-Francia, 2018) 128 min. [ND] VOSG

Na periferia rural da cidade de Gaza, unha pequena comunidade de agricultores, a familia Samuni, disponse a celebrar unha voda. É a primeira festa desde a última guerra. Amal, Fuad, os seus irmáns e curmáns perderon a seus pais, os seus fogares e as súas oliveiras. O barrio no que viven está a ser reconstruído. Replantan as árbores e aran os campos, pero unha tarefa aínda máis difícil recae sobre estes mozos superviventes: reconstruír a súa propia memoria. A través dos seus recordos, A familia Samuni traza un profundo retrato dunha familia antes, durante e despois dos tráxicos sucesos que mudaron as súas vidas para sempre.


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20 h. (CUT+1)
  De balde






14 dec. 2020
lun.

«Vitalina Varela »

· (Portugal, 2020) 124 min. [ND] VOSG

Vitalina aterra en Lisboa tres días despois do funeral do seu marido Joaquim. Foi campesiña durante toda a súa vida en Cabo Verde e estivo agardando ese billete de avión máis de 25 anos para reunirse con el. No barrio ninguén a coñece, ninguén a conforta, a veciñanza desconfía. Pasa apesarada os días e as noites como un pesadelo, pechada na casa de Joaquim. Alí descobre a súa vida secreta, as cinzas da súa relación e a pobreza dun soño do que só quedan os cimentos.


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20 h. (CUT+1)
  De balde







Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+N] recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendable),... e [SC] Sen calificación dispoñible

ADVERTENZAS: O cineclube conta cun protocolo de medidas anti COVID, que obriga a unha entrada e saída diferentes da sala, aforo reducido, hixienización e ventilación entre sesións e obrigación do uso da máscara en todo momento. Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo o incuprimento das normas citadas, da expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: