03/04/23

Primavera musical 2023


Chega a sétima edición da Primavera musical aos bares habituais nos que programan concertos. Aparte da proxección na casa da cultura de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural Auriense, Café Pop Torgal e El Pueblo café cultural.


(Aquí, podes ver o avance en vídeo da programación musical)


  17 Abr. 2023
Lun

«Lisbon beat»

e · (2019) 75 min. Cor, RA 1.78:1 [ND] VOSE

Retrato coral da música das comunidades afrodescendentes do arrabalde de Lisboa. Unha vigorosa mestura de kuduro, funaná, afrohouse, batida, trap e orgullo de barrio que reinvindica a achega cultural das persoas con raíces nas ex colonias lusas.

O documental lévanos aos barrios periféricos para coñecer as músicas de raíz africana, da máis folclórica á máis electrónica e urbana, que fan varias xeracións con raíces en Angola, San Tomé e Príncipe, Cabo Verde, Mozambique ou Guinea-Bisáu.

Coa mirada posta no social (racismo institucional, problemas de identidade dos nados en chan portugués), visítanse festas rueiras, estudos e salas de concertos da man de colectivos electrónicos.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Cultural «Auriense», Ourense
 De balde



  18 Abr. 2023
Mar

«Bunch of Kunst. A film About Sleaford Mods»

· (Alemaña, 2018) 102 min. Cor. RA 1.85:1 [+13] VOSE

De como non perder a cabeza cando a un empézanlle a proclamar que eres “a voz do pobo”. O fastío e o descreímento asaltan os oídos coa música deste dúo de electrónica-punk nacido en Nottingham, Inglaterra, ao cal o éxito os toma de verdade por sorpresa. Esta é a crónica do envorco que dan as súas vidas proletarias ao pasar de cuspir rabia nos pubs para ser a nova sensación na Gran Bretaña da austeridade (eloxios en cámara de Iggy Pop incluídos). Dúas antiestrelas a quen a conquista das masas no festival de Glastonbury non lles quita a carraxe.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Pop«Torgal», Ourense
 De balde



  19 Abr. 2023
Mer.

«A Symphony Of Noise: Matthew Herbert’s Revolution»

·(Alemaña, 2021) 101 min. Cor. RA 1.85:1 [ND] VOSE

Viaxe sensorial e cargada de humor á mente do DJ, produtor e compositor británico Matthew Herbert que expón a súa continua procura de sons, cotiáns ou inauditos, cos que facer música así como o transfondo político do seu traballo


Premios
2021: Premio mellor son do cine alemán
2021: SEMINCI; Premio mellor documental

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no CCPF - Casa da cultura, Ourense
  5  - De balde para socios ( Faite socio/a ).



  20 Abr. 2023
Xov.

«Queercore: How to Punk a Revolution»

· (Alemaña, 2017) 87 min. B/N - Cor, RA 1.85:1 [ND] VOSE

Que pasa cando a comunidade que necesitas non é a comunidade que tes? Dime que existe unha e outra vez, fai fanzines que fabriquen hordas de revolucionarios queer punk, crean películas subversivas e distribúen esas películas amplamente e, aos poucos, a comunidade que fabricaches pode converterse nun latido real e radical que se estenda internacionalmente. Esta é a historia que conta Queercore, desde o inicio dun pseudo-movemento a mediados dos 80, destinado ao punk na escena punk, ata o xeneralizado auxe de artistas que utilizaron a identidade queer radical para retroceder igualmente contra a asimilación homosexual e o punk homófobo. Os entrevistados discuten sobre homofobia, xénero, feminismo, sida, asimilación, sexo e, por suposto, arte.

Premios
2017: Premio Felix ao Mellor Documental - Festival Internacional de Cine de Río
2017: Premio do Público SOUNDWATCH Festival de Cine de Música de Berlín
2017: Premio do Público homochrom Colonia LGBT
2017: Mellor Documental Queer - Festival de Melinka en Serbia
2018: Mellor filme - Festival Outview de Atenas



SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Cultural «El Pueblo», Ourense
 De balde







Pregamos atención aos días e lugares de proxección.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].


----------
A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: