Sesión especial
VIII Ciclo do colexio de médicos
Primavera Musical
Filmoteca CGAI
Días incertos e noites frescas anúncianse para unha nova primavera. Abrigamos no solpor dos días cinco propostas coa música de fondo, onde recuperamos a programación da Filmoteca de Galicia - CGAI con Márta Mészáros a ritmo Beat, os ritmos urbanos de Lisboa, o punk; coas variantes electrónicas e rebeldes dos Sleaford Mods ou das influenzas Queer, mesturando todo ademais cunha viaxe sensorial e humorística de Matthew Herbert. Cremos provocar así o suficiente contraste como do calor do mediodía ás noites de chaqueta. Este é o tempo da primavera...e da música, do que agardamos gocedes co adianto en vídeo [.mp4 • 15'3 MB] que preparamos.
Pregamos unha atención particular á Sesión especial coa que colaboramos nos actos dos Amigos da república e como sempre coa programación do Colexio de médicos.
Sesión especial
«L´espoir» Serra de Teruel
O filme relata un episodio da guerra civil española, na que o escritor André Malraux combateu como aviador no exército republicano.
A maior parte da rodaxe fíxose en Cataluña, nas localidades de Barcelona, Tarragona e Collbató, entre outras. O escritor Max Aub, que era axudante de dirección, foi o encargado de traducir o guión ao español. A rodaxe viuse interrompida polo avance das tropas franquistas cara a Cataluña. O equipo tivo que saír do país pola fronteira de Portbou e terminar a película en Francia.
Proxectouse dúas veces en París e en pases privados, pero o Goberno de Franco presionou á diplomacia francesa en Madrid ata que a censura prohibiu a súa exhibición pública. Durante a Segunda Guerra Mundial destruíronse todas as copias que se atoparon, polo que se chegou a pensar que a película perdérase para sempre, ata que se descubriu unha bobina etiquetada cun nome que non correspondía ao título. Fixéronse copias e estreouse o ano 1945, presentándoa como un filme francés. En España non se proxectou ata 1978.
Malraux, ademais de ser un dos grandes personaxes da cultura europea do pasado século (o primeiro ministro de cultura que tivo Francia), foi tamén un intelectual inquieto e activo que, entre outras, participou coas Brigadas Internacionais na Guerra Civil española, organizando unha escuadrilla de aviadores chegados de todo o mundo para defender o goberno da República; unha época dourada e perigosa na que a fraternidade era algo máis que un eufemismo.
"O filme é unha «orixinal» síntese entre documental e ficción: «anticípase aos rasgos do neorrealismo italiano, con actores profesionais e outros que non o son»"
(Victor Erice)
VIII Ciclo do colexio de médicos
«Solas» Soas
María (Ana Fernández) malvive nun escuro apartamento dun barrio miserable, traballa eventualmente como moza da limpeza e, case con corenta anos, descobre que está embarazada dun home que non a ama. A súa soidade é tan grande que só atopa consolo na bebida. A súa nai (María Galiana), que consumiu a súa vida á beira dun home violento e intolerante, non ten nin sequera o consolo de tela preto. Con motivo do ingreso do seu marido nun hospital, a nai visita a María no seu apartamento e coñece a un veciño viúvo (Carlos Álvarez) que vive co seu can. A relación que se establece entre estes tres náufragos alivia as súas soidades e deixa unha porta aberta á esperanza.
Premios
1999: Festival de Berlín: Premio do Público.
1999: 5 Goyas: incluíndo mellor dirección novel e guión orixinal.
2000: Premios Ariel: Mellor película iberoamericana
"Sobrio, duro e cativador drama sobre a soidade, a pobreza e os soños afogados en alcol. Zambrano, no seu barato e humilde debut, conquista a crítica e público cunha mostra excelente do cinema español de final de século que foi, ademais, o paradigma do éxito “boca a boca”, axudado co respaldo do premio do público na Berlinale "
(Pablo Kurt, FilmAffinity)
+ [ INFO. do resto do ciclo / Abre outra xanela]
Primavera musical
«Lisbon beat»
O documental lévanos aos barrios periféricos para coñecer as músicas de raíz africana, da máis folclórica á máis electrónica e urbana, que fan varias xeracións con raíces en Angola, San Tomé e Príncipe, Cabo Verde, Mozambique ou Guinea-Bisáu.
Coa mirada posta no social (racismo institucional, problemas de identidade dos nados en chan portugués), visítanse festas rueiras, estudos e salas de concertos da man de colectivos electrónicos.
«Bunch of Kunst. A film About Sleaford Mods»
«A Symphony Of Noise: Matthew Herbert’s Revolution»
Premios
2021: Premio mellor son do cine alemán
2021: SEMINCI; Premio mellor documental
«Queercore: How to Punk a Revolution»
Premios
2017: Premio Felix ao Mellor Documental - Festival Internacional de Cine de Río
2017: Premio do Público SOUNDWATCH Festival de Cine de Música de Berlín
2017: Premio do Público homochrom Colonia LGBT
2017: Mellor Documental Queer - Festival de Melinka en Serbia
2018: Mellor filme - Festival Outview de Atenas
Filmoteca CGAI
«Szép lányok, ne sírjatok!» Non choredes, preciosas!
Juli e a súa panda son fans de bandas beat e non perden un concerto. A rapaza síntese atraída polo líder dun dos grupos e acompáñao a un bolo fóra da cidade. O irmán de Juli, amigo do prometido, monta en cólera cando se decata e convence aos demais mozos para ir tras ela. Juli verase obrigada a elixir.
Fiel á súa vontade de retratar a época na que filma, Mészáros roda con verdadeiras bandas beat do momento, claramente influenciadas polos Beatles. Capta a escena musical e recolle a rebeldía dunha xeración que soña con romper as constricións sociais, en contra da tradición e o poder político. O aspecto documental é moi forte neste filme enérxico, que usa os temas musicais da súa notable banda sonora para apuntalar esta idea de constante movemento e efervescencia da mocidade. A un nivel máis persoal, volve ser a historia dunha muller que aprende a tomar as súas propias decisións.
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación
Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección (*)
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD)))
----------
A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Ningún comentario:
Publicar un comentario