Durante os luns de maio e xuño de 2023, proxectaremos os seguintes filmes na Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí
[Abre outra xanela]
8
Mai.
2023
Lun.
«Menschen am sonntag» Xente en domingo
No Berlín de entreguerras, os cidadáns aturan a semana á espera do descanso dominical. Un grupo de amigos planea unha escapada ao campo, pero as cousas complícanse entre eles.
Esta "película sen actores", como se autodenomina nos seus primeiros minutos, contou tras a cámara co talento colectivo de Robert Siodmak, Edgar G. Ulmer, Curt Siodmak e Fred Zinnemann, así como cun mozo Billy Wilder ao guión. Con vocación de retrato documental, o filme empregou actores non profesionais nunha historia que, non obstante, se move en todo momento entre a mirada puramente observacional (e improvisada) e a dramatización meticulosamente escrita.
"É unha curiosidade encantadora do pasado do cinema, con orixes turbias, pezas que faltan e unha historia de fondo tan fascinante como o que realmente chegou á pantalla"
(Jamie S. Rich, CriterionConfessions.com)
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
15
Mai.
2023
Lun.
«Eltávozott nap» A rapariga
Márta Mészáros · (Hungría, 1968) 80 min. B&N. Mono. RA 1,37:1 [ND] VOSG
A rapariga traballa nunha fábrica téxtil. A rapariga, educada nun orfanato, busca desesperadamente aos seus pais. A rapariga atopa a súa nai nunha pequena aldea e esta pídelle que agoche a súa identidade ante a súa nova familia. A rapariga síntase terriblemente soa, inicia curtas relacións con homes que non a enchen. A rapariga decide axudar a un home que parece saber algo sobre a morte de seu pai, mais acaso lle está a contar a verdade?
Premios
1969: SEMINCI: Premio especial
"Aínda que Mészáros xa estaba curtida como realizadora tras haber ter traballado durante quince anos de documentalista no NODO húngaro, esta é a súa primeira longo de ficción. Todas as súas inquietudes temáticas e a sosegada experimentación nas formas xa están aquí. Criada nunha institución tras o falecemento de seus pais, este elemento vai marcar moitas das súas tramas. Na súa primeira etapa abundan as rapazas rebeldes contra o sistema de valores sociais do momento, como acontece en toda Europa tras maio do 68, sentimento a miúdo expresado a través da música popular. Neste caso contou como protagonista con Kati Kovács, cantante rock que era toda una celebridade cando filmou esta película."
(cgai.org)
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
22
Mai.
2023
Lun.
«Selección de curtas galegas»
María Ruído · Lee Douglas · Paula Barreiro, Xisela Franco e · Alicia López Méndez (España, 1998 - 2022) Total sesión 61 min. [ND] VO
A revolución (é) probable
María Ruído, Lee Douglas, Paula Barreiro (España, 2022) 30 min.
Para que serve unha revolución? Unha revolución crea outras posibilidades de vida. Esa é a premisa da que parte este filme, que toma como caso de estudo a última das grandes revolucións europeas, a que tivo o seu comezo o 25 de abril de 1974 en Portugal, profunda nas súas raíces coloniais, e reflexiona sobre o seu final o 25 de novembro de 1975. Que podemos aprender dese período de 19 meses, do denominado PREC (Proceso Revolucionario en Curso)? Que imaxes deixa esta revolución popular que empezou como un golpe de estado militar?
Este ensaio audiovisual, construído con algúns dos traballos cinematográficos máis importantes do período e con materiais de arquivo televisivo e das cooperativas cinematográficas xurdidas á calor do proceso, é unha reflexión sobre a forza política destas imaxes, sobre o legado que nos deixan, e sobre o papel dos arquivos, o cinema, os medios de comunicación e a representación en xeral nas nosas loitas contemporáneas.
Parolar cun eu
Xisela Franco (España, 2021) 20 min.
Unha muller desprázase por unha cidade, Vigo. Cineasta, escritora, camiñante entre ruínas. Margarita Ledo. Busca un sinal que a leva á fábrica de cerámica Álvarez. Pasos perdidos sobre cascallos e, a súa vez, unha experiencia plagada de interrogantes, do paso do tiempo, dos distintos estados da desaparición que levan á morte pero que, paradoxicamente, aparecen como memoria viva dunha ruptura traumática.
A menina que vía homes encadenados
Alicia López Méndez (España,2022) 11 min.
Nos primeiros anos 40, cando a Guerra Civil acababa de rematar, os presos políticos contábanse por milleiros. Moitos foron traballadores forzados nas obras públicas. Case 300 presos políticos traballaron no chamado túnel 19, entre Lubián e Padornelo, presos que durmían nos barracóns levantados por eles mesmos. Alí os viu, cos pés encadeados, Baldomina Montesinos Álvarez (Lubián, 1938). Aínda os ve, "coma se fora hoxe”
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde. Apoia ao cineclube. (consultar cotas).
29
Mai.
2023
Lun.
«O río do ouro»
Paulo Rocha (Brasil-Francia-Portugal, 1998) 101 min. RA 1,85:1 [+12] VOSG
Nunha aldea na beira do río Douro, Carolina e Antonio, acabados de casar, conviven con Melita, a sobriña nova do home. Durante unha xornada de picnic, Antonio arrisca a vida para salvar a sobriña de morrer afogada nas augas do río. Mortificada polos celos, Carolina non pode evitar sentir envexa da beleza e a mocidade de Melita, e procura consolo onda o Zé dos Ouros, un xitano vidente.
"Aclamada pola crítica despois da súa estrea mundial en Cannes, Paulo Rocha constrúe un intenso exercicio de cultura popular que bascula entre a comedia, a traxedia e o surrealismo nunha hipnótica obra mestra."
(CGAI.org)
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
5
Xuñ.
2023
Lun.
«Avaliha» Párvulos
Abbas Kiarostami (Irán, 1985) 84 min. Cor. Mono. RA 1,33:1 [ND] VOSE
O filme recolle o primeiro día de escola nunha clase de párvulos, atendendo particularmente ao paso dos alumnos máis trastes polo despacho do director para ser reprendidos.
"É unha obra de transición fascinante na carreira de Abbas Kiarostami. Aínda que é, en moitos sentidos, un precursor tanto de Khane-ye doust kodjast? ( Onde está a casa do amigo? , 1987) e Mashgh-e shab ( Deberes , 1989), tamén está fortemente vinculada á serie de curtametraxes documentais que o director realizou a raíz da Revolución...Kiarostami é tanto un documentalista social como un modernista"
(Adrian Danks, senseofcinema.com)
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS: Non é obrigatoria o uso da máscara dentro da sala, mais si recomendable. Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario