02/05/23

Programación maio e xuño de 2023

VIII Ciclo Colexio de médicos

Filmoteca CGAI

Ciclo Esperanzas

Sesións Maxistrais


Contan que os obreiros da Comuna de París percorrían as rúas de maio disparando aos reloxos como símbolo último da parcelación da vida, da explotación, da submisión. En boa medida, hai un cinema cuxo maior empeño é destruír o tempo. Neste tempo de resistencias, non pretendemos esgotarnos con voraces promesas e inífugos resultados. Ofrecemos un ciclo que dota de sentido ao tempo, coa convicción de que algo vai a saír ben, independentemente de cómo resulte o subversivo cronómetro que nos empuxa.

Apelamos á relativización do que nas nosas vidas pode e debe ser relativizado, como así propón tamén Carlâo no «avance da programación» [.mp4 • 20'7 MB] que xa podes asubiar e cantar

Fronte á desfeita vivida nestes últimos catro anos a nivel municipal, necesitamos conciencia e responsabilidade, pero tamén necesitamos lixeireza e esperanza. O noso traballo está feito coa programación que de seguido detallamos. Agardamos da vosa resposta para ter tamén algunha esperanza nas políticas de verdadeiro apoio á cultura de base en Ourense.




«maio-xuño 2023»· cartel realizado por Gael Carballo (CCPF)


Á vosa disposición temos coma sempre, no seguinte enlace as follas de sala. [Abre outra xanela].

Pregamos atención á sesión maxistral, exclusiva para socios/as, co sensacional primeiro filme de Pasolini. ( Se non eres socio/a, aínda estás a tempo. O futuro do cineclube, ao non recibir axudas municipais depende máis ca nunca de ti...e sen esquecer; tamén do que votes! )




VIII Ciclo Colexio de médicos




  2 Mai. 2023
mar.

«Hors normes» Especiais

e · (Francia-Bélxica, 2019) 108 min. Cor. RA 2,35:1 [+7] VOSE

Bruno e Malik son dous amigos que durante vinte anos viviron nun mundo diferente: o dos nenos e adolescentes autistas. A cargo de dúas organizacións sen ánimo de lucro, forman a mozos para que sexan coidadores de casos extremos. Desta forma crean unha asociación excepcional, fóra das contornas tradicionais, para unhas persoas extraordinarias.

Premios
2019: Festival de San Sebastián: Premio do público

Olivier Nakache e Eric Toledano narran moi ben en ‘Especiais’ o drama do autismo máis severo e menos pacífico (…) un universo moi duro que Toledano e Nakache abordan con realismo, con sentimento, sen adozalo
(Carlos Boyero, El País)

+ [ INFO. do resto do ciclo / Abre outra xanela]


SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense


Filmoteca CGAI




  8 Mai. 2023
Lun.

«Menschen am sonntag» Xente en domingo

e · (Alemaña, 1930) 75 min. B&N. Silente. RA 1,20:1 [ND] VOSG

No Berlín de entreguerras, os cidadáns aturan a semana á espera do descanso dominical. Un grupo de amigos planea unha escapada ao campo, pero as cousas complícanse entre eles.

Esta "película sen actores", como se autodenomina nos seus primeiros minutos, contou tras a cámara co talento colectivo de Robert Siodmak, Edgar G. Ulmer, Curt Siodmak e Fred Zinnemann, así como cun mozo Billy Wilder ao guión. Con vocación de retrato documental, o filme empregou actores non profesionais nunha historia que, non obstante, se move en todo momento entre a mirada puramente observacional (e improvisada) e a dramatización meticulosamente escrita.

"É unha curiosidade encantadora do pasado do cinema, con orixes turbias, pezas que faltan e unha historia de fondo tan fascinante como o que realmente chegou á pantalla"
(Jamie S. Rich, CriterionConfessions.com)



SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).



Ciclo Esperanzas




  10 Mai. 2023
mér.

«An Cailín Ciúin» The quiet girl

· (Irlanda, 2022) 95 min. Cor. RA 1,37:1 [A] VOSE

No rural de Irlanda en 1981, Cáit, unha nena de nove anos, vive retirada entre a súa numerosa e hostil familia. Os seus pais mándana pasar o verán á casa de familiares máis adiñeirados, onde o misterioso silencio de Cáit atoparase coa calor dun fogar e paisaxes idílicas. Alí, a nena farase eco do segredo que esta familia adoptiva garda silencio.


Unha xoia. Esta historia profundamente conmovedora, do rural irlandés, xa é un clásico
(Peter Bradshaw, The Guardian)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).


Sesións maxistrais




  14 Mai. 2023
Dom.

«Accattone»

· (Italia, 1961) 120 min. B&N. RA 1.37:1 [+14] VOSE

Mentres Accattone pasa o día nas tabernas, Maddalena, a muller coa que vive, debe traballar como prostituta para apoialo. Cando Maddalena é arrestada e encarcerada, Accatone, privado do seu sustento, vese condenado a levar unha vida miserable. Mesmo ten que pedir axuda á súa lexítima esposa, Ascenza, á que abandonou hai anos.


Premios
1962 : Festival Internacional de Karlovy Vary: Mellor director

"Película sobresaínte(...) Unha visión especialmente dura dos suburbios romanos"
(Fernando Morales, El País)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  Exclusivamente para socios/as, de balde (Faite socio/a).


Filmoteca CGAI




  15 Mai. 2023
Lun.

«Eltávozott nap» A rapariga

· (Hungría, 1968) 80 min. B&N. Mono. RA 1,37:1 [ND] VOSG

A rapariga traballa nunha fábrica téxtil. A rapariga, educada nun orfanato, busca desesperadamente aos seus pais. A rapariga atopa a súa nai nunha pequena aldea e esta pídelle que agoche a súa identidade ante a súa nova familia. A rapariga síntase terriblemente soa, inicia curtas relacións con homes que non a enchen. A rapariga decide axudar a un home que parece saber algo sobre a morte de seu pai, mais acaso lle está a contar a verdade?

Premios
1969: SEMINCI: Premio especial

"Aínda que Mészáros xa estaba curtida como realizadora tras haber ter traballado durante quince anos de documentalista no NODO húngaro, esta é a súa primeira longo de ficción. Todas as súas inquietudes temáticas e a sosegada experimentación nas formas xa están aquí. Criada nunha institución tras o falecemento de seus pais, este elemento vai marcar moitas das súas tramas. Na súa primeira etapa abundan as rapazas rebeldes contra o sistema de valores sociais do momento, como acontece en toda Europa tras maio do 68, sentimento a miúdo expresado a través da música popular. Neste caso contou como protagonista con Kati Kovács, cantante rock que era toda una celebridade cando filmou esta película."
(cgai.org)



SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).





  22 Mai. 2023
Lun.

«Selección de curtas galegas»

· · , e · (España, 1998 - 2022) Total sesión 61 min. [ND] VO

A revolución (é) probable
María Ruído, Lee Douglas, Paula Barreiro (España, 2022) 30 min.

Para que serve unha revolución? Unha revolución crea outras posibilidades de vida. Esa é a premisa da que parte este filme, que toma como caso de estudo a última das grandes revolucións europeas, a que tivo o seu comezo o 25 de abril de 1974 en Portugal, profunda nas súas raíces coloniais, e reflexiona sobre o seu final o 25 de novembro de 1975. Que podemos aprender dese período de 19 meses, do denominado PREC (Proceso Revolucionario en Curso)? Que imaxes deixa esta revolución popular que empezou como un golpe de estado militar?

Este ensaio audiovisual, construído con algúns dos traballos cinematográficos máis importantes do período e con materiais de arquivo televisivo e das cooperativas cinematográficas xurdidas á calor do proceso, é unha reflexión sobre a forza política destas imaxes, sobre o legado que nos deixan, e sobre o papel dos arquivos, o cinema, os medios de comunicación e a representación en xeral nas nosas loitas contemporáneas.

Parolar cun eu
Xisela Franco (España, 2021) 20 min.

Unha muller desprázase por unha cidade, Vigo. Cineasta, escritora, camiñante entre ruínas. Margarita Ledo. Busca un sinal que a leva á fábrica de cerámica Álvarez. Pasos perdidos sobre cascallos e, a súa vez, unha experiencia plagada de interrogantes, do paso do tiempo, dos distintos estados da desaparición que levan á morte pero que, paradoxicamente, aparecen como memoria viva dunha ruptura traumática.

A menina que vía homes encadenados
Alicia López Méndez (España,2022) 11 min.

Nos primeiros anos 40, cando a Guerra Civil acababa de rematar, os presos políticos contábanse por milleiros. Moitos foron traballadores forzados nas obras públicas. Case 300 presos políticos traballaron no chamado túnel 19, entre Lubián e Padornelo, presos que durmían nos barracóns levantados por eles mesmos. Alí os viu, cos pés encadeados, Baldomina Montesinos Álvarez (Lubián, 1938). Aínda os ve, "coma se fora hoxe


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 De balde. Apoia ao cineclube. (consultar cotas).



Ciclo Esperanzas




  24 Mai. 2023
mér.

«L'envol» Scarlet

· (Francia-Italia-Alemaña, 2022) 100 min. Cor. RA 2,39:1 [+12] VOSE

Juliette medra soa co seu pai Raphaël nalgún lugar do norte de Francia. Alí son marxinados polo resto da vila pero, entre eles, viven en cariñosa harmonía. El é un veterano da Primeira Guerra Mundial que agora se dedica a traballar a madeira con enorme talento. A nena, apaixonada polo canto e a música, coñece un verán a unha feiticeira que lle promete que, algún día, verá no ceo unhas velas escarlatas que a sacarán da súa vila. Juliette nunca deixa de crer nesta profecía.

Premios
2022: Festival de Sevilla: Mellor director

Un riquísimo lenzo sobre o poder da imaxinación, que toca o humano, o social, o amor, a arte, a emancipación feminina, o tempo e as súas feridas e as esperanzas de escapar da roda dun destino condenado a repetirse
(Fabien Lemercier, Cineuropa)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).


Filmoteca CGAI




  29 Mai. 2023
Lun.

«O río do ouro»

(Brasil-Francia-Portugal, 1998) 101 min. RA 1,85:1 [+12] VOSG

Nunha aldea na beira do río Douro, Carolina e Antonio, acabados de casar, conviven con Melita, a sobriña nova do home. Durante unha xornada de picnic, Antonio arrisca a vida para salvar a sobriña de morrer afogada nas augas do río. Mortificada polos celos, Carolina non pode evitar sentir envexa da beleza e a mocidade de Melita, e procura consolo onda o Zé dos Ouros, un xitano vidente.

"Aclamada pola crítica despois da súa estrea mundial en Cannes, Paulo Rocha constrúe un intenso exercicio de cultura popular que bascula entre a comedia, a traxedia e o surrealismo nunha hipnótica obra mestra."
(CGAI.org)



SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).



Ciclo Esperanzas




  31 Mai. 2023
mér.

«Boy from heaven» A conspiración do Cairo

· (Suecia-Francia-Finlandia-Dinamarca, 2022) 120 min. Cor. RA 2,39:1 [ND] VOSE

Adam, fillo dun humilde mariñeiro, ingresa na prestixiosa universidade da Al-Azhar do Cairo, epicentro do poder do islam sunnita. O día no que comezan as clases, o Grande Imán que dirixe a institución morre de súpeto. Sen se decatar, Adam atópase no medio dunha loita de poder implacable entre as elites relixiosas e políticas do país.

Premios
2022: Festival de Cannes: mellor guión

Tarik Saleh crea un thriller atemporal e impresionante
(Libération)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).


Filmoteca CGAI




  5 Xuñ. 2023
Lun.

«Avaliha» Párvulos

(Irán, 1985) 84 min. Cor. Mono. RA 1,33:1 [ND] VOSE

O filme recolle o primeiro día de escola nunha clase de párvulos, atendendo particularmente ao paso dos alumnos máis trastes polo despacho do director para ser reprendidos.

"É unha obra de transición fascinante na carreira de Abbas Kiarostami. Aínda que é, en moitos sentidos, un precursor tanto de Khane-ye doust kodjast? ( Onde está a casa do amigo? , 1987) e Mashgh-e shab ( Deberes , 1989), tamén está fortemente vinculada á serie de curtametraxes documentais que o director realizou a raíz da Revolución...Kiarostami é tanto un documentalista social como un modernista"
(Adrian Danks, senseofcinema.com)



SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).



Ciclo Esperanzas




  7 Xuñ. 2023
mér.

«Los reyes del mundo»

· (Colombia-Luxemburgo-Francia-México-Noruega, 2022) 103 min. Cor. Dolby dixital. RA 1,85:1 [+7] VOSE

«Un día todos os homes quedaron durmidos… E os cercos da terra, arderon». Unha historia sobre a desobediencia, a amizade e a dignidade que existe na resistencia. Rá, Culebro, Sere, Winny e Nano. Cinco rapaces da rúa de Medellín. Cinco reis sen reino, sen lei, sen familia, emprenden unha viaxe na procura da terra prometida. Un conto subversivo dun clan salvaxe e entrañable, que transita entre realidade e delirio. Unha viaxe cara á nada, onde pasa de todo.

Premios
2022: Festival de San Sebastián: Cuncha de ouro

Alcanza impresionantes momentos dunha beleza non esteticista, transida de cor e de amargura
(Carlos F. Heredero, Caimán)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).







Todas as proxeccións de Filmoteca dos luns, ciclo do colexio de médicos e sesións extraordinarias son na Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11).

As proxeccións de Ciclo, habitual dos mércores, son no Teatro principal de Ourense (rúa da Paz 9)

Pregamos puntualidade.


Dado que persiste a ameaza da COVID, recomendamos o uso de máscara de protección dentro da sala para así previr o contaxio.


Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: