Amosando publicacións coa etiqueta Sesións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sesións. Amosar todas as publicacións

02/05/23

Programación maio e xuño de 2023

VIII Ciclo Colexio de médicos

Filmoteca CGAI

Ciclo Esperanzas

Sesións Maxistrais


Contan que os obreiros da Comuna de París percorrían as rúas de maio disparando aos reloxos como símbolo último da parcelación da vida, da explotación, da submisión. En boa medida, hai un cinema cuxo maior empeño é destruír o tempo. Neste tempo de resistencias, non pretendemos esgotarnos con voraces promesas e inífugos resultados. Ofrecemos un ciclo que dota de sentido ao tempo, coa convicción de que algo vai a saír ben, independentemente de cómo resulte o subversivo cronómetro que nos empuxa.

Apelamos á relativización do que nas nosas vidas pode e debe ser relativizado, como así propón tamén Carlâo no «avance da programación» [.mp4 • 20'7 MB] que xa podes asubiar e cantar

Fronte á desfeita vivida nestes últimos catro anos a nivel municipal, necesitamos conciencia e responsabilidade, pero tamén necesitamos lixeireza e esperanza. O noso traballo está feito coa programación que de seguido detallamos. Agardamos da vosa resposta para ter tamén algunha esperanza nas políticas de verdadeiro apoio á cultura de base en Ourense.




«maio-xuño 2023»· cartel realizado por Gael Carballo (CCPF)


Á vosa disposición temos coma sempre, no seguinte enlace as follas de sala. [Abre outra xanela].

Pregamos atención á sesión maxistral, exclusiva para socios/as, co sensacional primeiro filme de Pasolini. ( Se non eres socio/a, aínda estás a tempo. O futuro do cineclube, ao non recibir axudas municipais depende máis ca nunca de ti...e sen esquecer; tamén do que votes! )


23/02/23

Programación marzo 2023

Ciclo Discordancias

Sesións maxistrais

Filmoteca CCPF

VIII Ciclo Colexio de médicos

Sesións extraordinarias [Abre outra xanela]


Antes que a luz asedie á primavera e se proclamen novas fantasías de promesas quiméricas a incumprir, temos que convidar á emoción da escuridade na sala de cine. Baixaremos aos sotos da historia, nunha sesión maxistral que inauguramos exclusivamente para socios/as.

Prometemos non clausurar a xanela de angurias cun filme premonitorio dunha pandemia na nova colaboración co Colexio de médicos. Podemos e debemos prometer un subidón de contos... ou unha tranquila viaxe desde a filmoteca dos luns (na Casa da cultura).

Nos filmes seleccionados do ciclo (no Teatro principal) tomamos como punto de partida a razón humana, a cal inevitablemente cae en discordancia.

O mundo ten un principio (un límite) no tempo e no espazo, aínda que tamén é infinito no tempo e no espazo.
Ese mundo componse do simple (indivisible), mais sabemos que non hai nada simple, todo é complexo.
Existen causas libres ou non existe ningunha liberdade, pois todo é natureza (ou sexa, necesidade).
Na serie das causas universais hai algún ser necesario ou pola contra non hai nada necesario, todo é casual.




«marzo 2023»· cartel realizado por Gael Carballo (CCPF)


Conclúese así que unha tese é tan demostrable loxicamente como a antítese. Kant afirmaba que a razón é contraditoria. Dos 4 filmes que presentamos nos albores desta primavera conformamos evidentes discordancias que fan sospeitar que talvez o inverno nunca nos abandonará ... Pode a verdade ser contraditoria? Pode un actor cómico asustarnos tanto ou un retrato agónico darnos tanta vida repleta de emocións? Pode unha sinple resonancia magnética nuclear (RMN) facer unha radiografía da complexa deriva da Europa actual?
Podemos ver neste ciclo virtudes e miserias? ...como na vida mesma.

Á vosa disposición temos un avance en vídeo na canle de «You Tube» [.mp4 • 20'7 MB] e as oportunas follas de sala [Abre outra xanela].

Pregamos atención á singularidade dalgunhas sesións programadas (en martes e xoves).


15/06/21

Sesións extraordinarias de xuño

A petición da comisión organizadora do Orgulho 2021 e do Colexio de médicos de Ourense, proxectaremos extraordinariamente dous filmes para tratar sobre a Lei de liberdade sexual e sobre a eutanasia (está última, vaise debatir en poucos días no Congreso). Atención aos días e horarios únicos, e diferentes, do acostumado.