Ciclo Discordancias
Sesións maxistrais
Filmoteca CCPF
VIII Ciclo Colexio de médicos
Sesións extraordinarias [Abre outra xanela]
Antes que a luz asedie á primavera e se proclamen novas fantasías de promesas quiméricas a incumprir, temos que convidar á emoción da escuridade na sala de cine. Baixaremos aos sotos da historia, nunha sesión maxistral que inauguramos exclusivamente para socios/as.
Prometemos non clausurar a xanela de angurias cun filme premonitorio dunha pandemia na nova colaboración co Colexio de médicos. Podemos e debemos prometer un subidón de contos... ou unha tranquila viaxe desde a filmoteca dos luns (na Casa da cultura).
Nos filmes seleccionados do ciclo (no Teatro principal) tomamos como punto de partida a razón humana, a cal inevitablemente cae en discordancia.
O mundo ten un principio (un límite) no tempo e no espazo, aínda que tamén é infinito no tempo e no espazo.
Ese mundo componse do simple (indivisible), mais sabemos que non hai nada simple, todo é complexo.
Existen causas libres ou non existe ningunha liberdade, pois todo é natureza (ou sexa, necesidade).
Na serie das causas universais hai algún ser necesario ou pola contra non hai nada necesario, todo é casual.
Conclúese así que unha tese é tan demostrable loxicamente como a antítese. Kant afirmaba que a razón é contraditoria. Dos 4 filmes que presentamos nos albores desta primavera conformamos evidentes discordancias que fan sospeitar que talvez o inverno nunca nos abandonará ... Pode a verdade ser contraditoria? Pode un actor cómico asustarnos tanto ou un retrato agónico darnos tanta vida repleta de emocións? Pode unha sinple resonancia magnética nuclear (RMN) facer unha radiografía da complexa deriva da Europa actual?
Podemos ver neste ciclo virtudes e miserias? ...como na vida mesma.
Á vosa disposición temos un avance en vídeo na canle de «You Tube» [.mp4 • 20'7 MB] e as oportunas follas de sala [Abre outra xanela].
Pregamos atención á singularidade dalgunhas sesións programadas (en martes e xoves).
Ciclo Discordancias
«Les choses humaines» O acusado
Os Farel son unha parella poderosa: Jean é un destacado estudoso francés e a súa esposa Claire unha ensaísta coñecida polo seu feminismo radical. Xuntos teñen un fillo exemplar, Alexandre, que estuda nunha prestixiosa universidade estadounidense. Durante unha breve visita a París, Alexandre coñece a Mila, a filla da nova parella da súa nai, e convídaa a unha festa. Ao día seguinte, Mila presenta unha denuncia contra Alexandre por violación, que destrúe a harmonía familiar e pon en marcha unha inextricable máquina xudicial mediática que se enfronta a versións contrarias.
“A película, sempre moi interesante, está estruturada dun xeito formidable (...) unha película magnífica”
(Javier Ocaña, El País)
Sesións maxistrais
«Napoleon»
O golpe de estado do 18 Brumario de 1799, que significou o fin da Revolución Francesa, puxo o poder en mans de Bonaparte, o máis prestixioso dos xenerais franceses, sobre todo despois das súas brillantes campañas en Italia e en Exipto. Desde 1799, Napoleón non só fomentou a difusión das ideas revolucionarias, senón que, ademais, lanzouse á conquista de Europa. En 1804 se autoproclamou emperador de Francia co nome de Napoleón I.
(En 1981 os estudos de Coppola "Zoetrope Studios" restauraron a copia orixinal de 1927, con música de Carmine Coppola interpretada pola "American Symphony Orchestra", que é a versión que proxectaremos.)
"Unha película impoñente en ambición, escala, orzamento, narración e innovacións técnicas"
(Manohla Dargis, The New York Times)
Filmoteca CCPF
«Tolyatti Adrift»
Tolyatti, antigo símbolo do orgullo socialista, é hoxe a Detroit rusa. Neste ambiente desesperado, xorde Boyevaya Klassika, un movemento que rescata da fábrica local antigos e emblemáticos coches Lada para convertelos nun medio de rebelión e expresión que explora os conflitos e os soños da mocidade nunha das cidades máis pobres de Rusia. Seguimos aos mozos Slava, Misha e Lera no ano no que teñen que enfrontarse por primeira vez á idade adulta nun lugar no que parece que non hai futuro.
Premios
2022 : Mellor documental social no Krakow Film Festival
2022 : Mellor documental no Toulouse Cinespaña
"Tolyatti Adrift é unha película moi curiosa. Por esa propia estrañeza paga a pena unha oportunidade. Máis aló de ser un simple documental, a película móstranos a realidade dunha xeración á deriva"
(Guillermo Sánchez Ferrer, Cinemagavia)
VIII Ciclo Colexio de médicos
«Contagion» Contaxio
De súpeto, sen saber cal é a súa orixe, aínda que todo fai sospeitar que comeza coa viaxe dunha norteamericana a un casino de Hong Kong, un virus mortal comeza a propagarse por todo o mundo. En poucos días, a enfermidade empeza a aniquilar á poboación. O contaxio prodúcese por mero contacto entre os seres humanos. Un thriller realista e sen efectos especiais sobre os efectos dunha epidemia.
“Está chea de matices, desdeña o sensacionalismo e as trampas para enganchar a un público masivo. A min inquiétame, transmíteme a anguria e o medo que senten as personaxes, empápame esa atmosfera de desolación”
(Carlos Boyero, El País)
+ [ INFO. do resto do ciclo / Abre outra xanela]
Filmoteca CCPF
«Utama»
No altiplano boliviano, unha parella de anciáns quechuas leva anos vivindo a mesma vida cotiá. Durante unha seca inusualmente longa, Virxinio e a súa esposa Sisa enfróntanse a un dilema: resistir ou ser derrotados pola contorna e o propio tempo.
Premios
2022: Festival de Sundance: Premio do Xurado - Mellor película (World Cinema)
2022: Festival de Málaga: Mellor película Iberoamericana, dirección e BSO
"Parece un cruzamento entre un western minimalista de Sergio Leone e unha serie de fotografías de Sebastião Salgado (...) Unha historia poderosa e admonitoria sobre a supervivencia nun mundo moribundo"
(Jordan Mintzer, The Hollywood Reporter)
Ciclo Discordancias
«The whale» A balea
Un solitario profesor de inglés gravemente obeso (Brendan Fraser) tenta reconectarse coa súa filla adolescente nunha última oportunidade de redención.
Premios
2022 : Premios Oscar: premio Mellor actor e maquillaxe/perruq.
“Unha película conmovedora, arenosa, ás veces incómoda e en definitiva humanista (...) Aronofsky presentou unha das súas mellores películas, e faino mandado pola colosal actuación de Brendan Fraser”
(Javier Zurro, eldiario.es)
Filmoteca CCPF
«All the Beauty and the Bloodshed» A beleza e a dor
Segue a vida da artista Nan Goldin e o seu activismo contra a dinastía farmacéutica dos Sackler, responsables da maior epidemia de opioides da historia de Estados Unidos.
Premios
2022: Premios Óscar: Nomeado a mellor documental
2022: Festival de Venecia: León de Ouro (Mellor película)
"Extraordinario documental (...) Outro monumento á memoria. Outro filme para non esquecer"
(Tommaso Koch, El País)
Ciclo Discordancias
«R.M.N»
Uns días antes de Nadal, Matthias volve ao seu pobo natal, unha localidade multiétnica de Transilvania, tras deixar o seu traballo en Alemaña. Está preocupado polo seu fillo, Rudi, que creceu sen el, e polo seu pai, Otto, que se quedou só, e desexa volver ver a Csilla, a súa exmoza. Trata de implicarse máis na educación do neno, que pasou demasiado tempo a cargo da súa nai, Ana, e quere axudarlle a superar os seus medos irracionais. Cando a fábrica que Csilla dirixe decide contratar a empregados estranxeiros, a paz desta pequena comunidade verase perturbada, e as inquietudes afectarán tamén os adultos. As frustracións, os conflitos e as paixóns volverán aflorar, rompendo a paz aparente da comunidade.
Premios
2022 : Palic Film Festival: Mellor filme
“A sobriedade de ton marca unha película, construída de forma impecable, cun guión de gran solidez e unha mirada nada compracente cara a unha realidade mostrada en toda a súa crueza”
(Àngel Quintana, Caimán)
Filmoteca CCPF
«Unrueh» Disturbios
As novas tecnoloxías están a transformar unha cidade reloxeira do século XIX en Suíza. Josephine, unha moza traballadora dunha fábrica, produce a roda de disturbios, que vira no corazón do reloxo mecánico. Exposta a novas formas de organizar o diñeiro, o tempo e o traballo, involúcrase no movemento local dos reloxeiros anarquistas, onde coñece ao viaxeiro ruso Pyotr Kropotkin.
Premios
2022: Mostra de cinema de Lanzarote: mellor película
"Unha reflexión exquisitamente peculiar e xoguetona sobre a anarquía e a creación de reloxos na Suíza de 1870. Esta delicia intelectualmente estimulante e formalmente atrevida fai que Cyril Schäublin sexa un talento para seguir"
(Jessica Kiang, Variety)
Ciclo Discordancias
«Historias para no contar»
Narra situacións nas que nos podemos recoñecer e que prefeririamos non explicar, ou mesmo esquecer. Encontros inesperados, momentos ridículos ou decisións absurdas, cinco historias cunha mirada aceda e compasiva á incapacidade para gobernar nosas propias emocións.
Premios
2022: Premios Gaudí: Mellor actor secundario (Aléx Brendemühl)
“Entretido quebracabezas de sexo, mentiras e bos actores grazas a Cesc Gay (...) Un conxunto que é un exemplo desa lixeireza que caracteriza ás boas comedias”
(Elsa Fernández-Santos, El País)
As proxeccións de Ciclo, habitual dos mércores, son no Teatro principal de Ourense (rúa da Paz 9)
Pregamos puntualidade.
Dada a situación actual e época do ano, recomendamos o uso de máscara de protección dentro da sala para así previr o contaxio de catarros ou COVID.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Ningún comentario:
Publicar un comentario